Narón - ORDENANZA FISCAL Nº 14 REGULADORA DA TAXA POR SERVICIOS PRESTADOS POLO PADROADO DE CULTURA

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 24/12/2012 BOP Nº: 244
Aplicable dende: 01/01/2013

Artigo 1. Fundamento e natureza

Ó amparo co previsto nos artígos 58 e 20.3.p da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, e de conformidade co disposto nos artígos 15 a 19 di dito texto legal, este Concello establece a taxa pola prestación de servicios do Padroado da Cultura, que se ha rexer pola presente ordenanza.

Artigo 2. Feito impoñible.

Constitue o feito impoñible da taxa a prestación de servicios públicos do Padroado de Cultura os especificados nas tarifas contidas no artígo 6 da presente Ordenanza.

Artigo 3. Suxeto pasivo.

Son suxetos pasivos da taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refiere o artígo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten o resulten beneficiadas ou afectadas, polos servicios do Padroado de Cultura que constituyan o feito impoñible da taxa.

Artigo 4. Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obligacións tributarias do suxeto pasivo toda-las persoas que sean causante ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

2.-Os copartícipes ou cotitulares das Entidades xurídicas ou económicas a que refirese o artígo 33 da Lei Xeral Tributaria responderán solidariamente en proporción a súas respectivas participacións das obligacións tributarias de ditas Entidades.

3.-Os administradores de persoas xurídicas que non realizaren os actos da súa incumbemcia para o cumplimento das obligacións triburarias de aquelas responderán subsidiariamente das débedas siguintes:

a) Cando se cometeu unha infracción Tributaria simple, do importe da sanción.

b) Cando se cometeu unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible.

c) En supostos de cese das actividades da sociedade, do importe das obligacións tributarias pendentes na data de cese.

4.-A responsabilidade esixiráse en todo caso nos términos e con arreglo o procedimento previstos na Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5. Beneficios fiscais.

Non se aplicarán exencións, bonificacións nin reduccións para a determinación da débeda tributaria que os suxetos pasivos deban satisfacer por esta taxa.

Artigo 6. Cota tributaria.

 

1.- A contía da taxa determinarase aplicando as tarifas seguintes:

A) Tarifa primeira:

A.1 Matrícula por curso nas escolas: teatro, debuxo, danza, gaita e percusión e outras.

62,00 €

A.2 Matrícula por curso de bailes de salón e ximnasia rítmica

31,00 €

A.3 Matrícula por curso de verán de bailes de salón

11,00 €

B) Tarifa segunda:

a) Entradas ás diferentes representacións organizadas polo Padroado da Cultura feitas por profesionais, no Pazo da Cultura:

 

ADULTOS

9,00 €

NENOS (menores de 14 anos e posuidores do carné xove ou de estudante ata 25 anos)

5,00 €

b) Entradas ás diferentes representacións organizadas polo Padroado da Cultura feitas por profesionais, no Auditorio Municipal:

 

ADULTOS

7,00 €

NENOS (menores de 14 anos e posuidores do carné xove ou de estudante ata 25 anos)

5,00 €

c) Entradas para campañas escolares:

2,00 €

d) Entradas a outras representacións ou concertos con carácter excepcional, segundo caché:

 

Tarifa A

17,00 €

Tarifa B

22,00 €

Tarifa C

28,00 €

Tarifa D

35,00 €

e) Bono para as diferentes representacións organizadas polo Padroado da Cultura:

 

No momento da súa adquisición farase unha recarga de 30,00€ podendo ampliar esta contía en función da súa utilización. Os posuidores do bono terán un desconto do 30% en todas as actuacións organizadas polo Padroado da Cultura, así como a obriga de utilizar o bono como mínimo unha vez por trimestre.

C) Tarifa terceira

a) Matrícula para o 2º ciclo da Escola Profesional de Teatro, por cada curso.

205,00 €

b) Matricula para o 2º ciclo Escola de Danza Contemporánea, por cada curso.

205,00 €

D) Tarifa cuarta: utilización de auditorio e salón de exposición

Utilización de auditorio e salón de exposición para a realización de actos por entidades con fins mercantís ou profesionais:

 

a) Auditorio- incluíndo exclusivamente servizos de limpeza e portaría

515,00 €

b) Auditorio- Incluíndo servizos técnicos adicionais (son¿)

927,00 €

c) Salón de exposición

180,00 €

E) Tarifa quinta: utilización do Pazo da Cultura

Utilización do Pazo da Cultura para a realización de actos por entidades con fins mercantís ou profesionais:

 

a) Pazo da Cultura- incluíndo os servizos técnicos cos que conta o concello

 

acto/ día

1.450,00 €

Horario: De 08:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas

 

b) Por utilización do vestíbulo para eventos/día

206,00 €

Horario: De08:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas

 

c) Por utilización do vestíbulo para exposicións/día (Mínimo 10 días)

30,00 €

Horario: De08:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas

 

d) Por utilización do Café- Teatro/ día

412,00 €

Horario: De 08:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas

 

e) Por utilización da platea co equipamento técnico co que conta o concello/ día, en representacións ou concertos cunha entrada ata un prezo máximo de 10€

1.030,00 €

Horario: De 08:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas

 

f) Por utilización da platea co equipamento técnico co que conta o concello/ día, en representacións ou concertos cunha entrada dun prezo superior a 10€

15% da recadación total

Horario: De 08:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas

 

 

Artigo 7. Normas de xestión.

1.-A Xunta Rectora do Padroado Municipal da Cultura de Narón ha fixar os períodos hábiles durante os cales os alumnos poden solicitar a súa matriculación nas disciplinas e cursos dos Programas que respectivamente se impartan.

Os alumnos pagarán no momento de solicitar a súa matrícula a taxa correspondente ó número de disciplinas e cursos polos que desexen recibir ensinanza.

2.-A Xunta do Padroado podrá acorda-la subvención ata 95 % das tarifas previstas para estas taxas, cando en atención o carácter social, cultural, benéfico ou formativo dos actos, se estime procedente fomenta-la súa realización.

O acordo que se adopte deberá ser motivado e contelos os informes pertinentes.

3.-As persoas o entidades interesadas na obtención dos beneficios o que se refire o apartado anterior, instaranos o Presidente do Padroado de Cultura acreditando suficientemente as circunstancias que xustifican a súa pretensión.

4.-A excepcionalidade das representacións que figuran no apartado c) do artígo 6-b será fixada pola Xunta do Padroado.

5.- ?¿

6.- A utilización do auditorio, salón de exposición e Pazo da Cultura, por petición de entidade sen ánimo de lucro, será obxecto de convenio no que se determinarán condicións distintas ao pago da tarifa cuarta e quinta.

Disposición final.

A modificación da presente Ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse de 1 de xaneiro de 2013, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.