Narón - ORDENANZA FISCAL Nº 14 REGULADORA DA TAXA POR SERVICIOS PRESTADOS POLO PADROADO DE CULTURA
ARTÍGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA.
O abeiro do previsto na Lei reguladora das facendas locais este concello establece a taxa pola prestación de servicios do Padroado da cultura, que se a rexer pola presente ordenanza.
ARTÍGO 2. FEITO IMPOÑIBLE.
Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación dos servizos públicos do Padroado de cultura especificados nas tarifas contidas no artio 6 da presente ordenanza.
ARTÍGO 3. SUXEITO PASIVO.
Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servizos do Padroado de cultura que constitúan o feito impoñible da taxa.
ARTÍGO 4. RESPONSABLES.
1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboradores na realización dunha infracción tributaria.
2. Os copartícipes ou cotitulares das entidades xurídicas ou económicas ás que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigacións tributarias de ditas entidades.
3. Os administradores de persoas xurídicas que non realizasen os actos da súa incumbencia para o cumprimento das obrigacións tributarias daquelas, responderán subsidiariamente das débedas seguintes:
a) Cando se cometeu unha infracción tributaria simple, do importe da sanción.
b) Cando se cometeu unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible.
c) En supostos de cese das actividades da sociedade, do importe das obrigacións tributarias pendentes na data de cese.
4. A responsabilidade esixirase en todo caso nos termos e de acordo co procedemento previsto na Lei xeral tributaria.
ARTÍGO 5. BENEFICIOS FISCAIS.
Non se aplicarán exencións, bonificacións nin reducións para a determinación da débeda tributaria que os suxeitos pasivos deban satisfacer por esta taxa.
ARTÍGO 6. COTA TRIBUTARIA.
1.- A contía da taxa determinarase aplicando as tarifas seguintes:
A) Tarifa primeira: | |
A.1 Matrícula por curso nas escolas: teatro, debuxo, danza, gaita e percusión e outras. | 70,00 € |
A.2 Matrícula por curso de bailes de salón | 35,00 € |
A.3 Matrícula por campamentos de verán | 80,00 € |
B) Tarifa segunda: | |
a) Entradas ás diferentes representacións organizadas polo Padroado da Cultura feitas por profesionais, no Pazo da Cultura: | |
- Adultos | 9,50 € |
- Menores de 14 anos | 5,50 € |
- Carné xove ou estudante ata 25 anos (30% de desconto sobre a tarifa de adultos) e desempregados | 6,65 € |
b) Entradas ás diferentes representacións organizadas polo Padroado da Cultura feitas por profesionais, no Auditorio Municipal: | |
- Adultos | 7,50 € |
- Menores de 14 anos | 4,50 € |
- Carné xove ou estudante ata 25 anos (30% de desconto sobre a tarifa de adultos) e desempregados | 5,25 € |
c) Entradas para campañas escolares: | 2,50 € |
d) Entradas a outras representacións ou concertos con carácter excepcional, segundo caché: | |
Tarifa A | 12,00 € |
Tarifa B | 14,00 € |
Tarifa C | 16,00 € |
Tarifa D | 18,00 € |
Tarifa E | 20,00 € |
Tarifa F | 24,00 € |
Tarifa G | 28,00 € |
Tarifa H | 35,00 € |
e) Bono para as diferentes representacións organizadas polo Padroado da Cultura: No momento da súa adquisición farase unha recarga mínima de 30,00€ podendo ampliar esta contía en función da súa utilización. Os posuidores do bono terán un desconto do 30% en todas as actuacións organizadas polo Padroado da Cultura, así como a obriga de utilizar o bono como mínimo unha vez por trimestre. | |
f) As tarifas do A ao H para espectáculos organizados polo Padroado da Cultura terán una bonificación dun 30% de desconto para parados, menores de 14 anos, posuidores de carné xove e estudantes ata 25 anos. |
C) Tarifa terceira: | |
Matrícula para o 2º ciclo da Escola Profesional de Teatro, por cada curso. (2º e 3º curso) | 220,00 € |
D) Tarifa cuarta: | |
Utilización de auditorio Utilización de auditorio para a realización de actos por entidades con fins mercantís ou profesionais: | |
a) Auditorio- incluíndo exclusivamente servizos de limpeza e portaría | 524,30 € |
b) Auditorio- Incluíndo servizos técnicos adicionais (son¿) | 944,00 € |
E) Tarifa quinta: utilización do Pazo da Cultura | |
Utilización do Pazo da Cultura para a realización de actos por entidades con fins mercantís ou profesionais: | |
a) Pazo da Cultura- incluíndo os servizos técnicos cos que conta o concello Horario: De 08:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas | 1.476,00 € acto/ día |
b) Por utilización do vestíbulo para eventos/día Horario: De 08:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas | 209,70 € |
c) Por utilización do vestíbulo para exposicións/día (Mínimo 10 días) Horario: De 08:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas | 30,50 € |
d) Por utilización do Café- Teatro/ día Horario: De 08:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas | 419,50 € |
e) Por utilización da platea co equipamento técnico co que conta o concello/ día, en representacións ou concertos cunha entrada ata un prezo máximo de 10€ Horario: De 08:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas | 1.153,50 € |
f) Por utilización da platea co equipamento técnico co que conta o concello/ día, en representacións ou concertos cunha entrada dun prezo superior a 12€, sendo o pago mínimo 500,00€ (cando o 15% da recadación non chegue a esta cantidade). Horario: De 08:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas. |
ARTÍGO 7. NORMAS DE XESTIÓN.
1. A xunta rectora do Padroado municipal da cultura de Narón fixará os períodos hábiles durante os cales os alumnos poden solicitar a súa matriculación nas disciplinas e cursos dos programas que respectivamente se impartan. Os alumnos pagarán, no momento de solicitar a súa matrícula, a taxa correspondente ao número de disciplinas e cursos polos que desexen recibir ensinanza.
2. A xunta do padroado poderá acordar a subvención ata o 100 % das tarifas previstas para estas taxas cando, en atención o carácter social, cultural, benéfico ós que se refire o apartado anterior, instaranos ó presidente do Padroado de cultura acreditando suficientemente as circunstancias que xustifican a súa realización.
O acordo que se adopte deberá ser motivado e conter os informes pertinentes.
3. As persoas ou entidades interesadas na obtención dos beneficios ós que se refire o apartado anterior, instaranos ó presidente do Padroado de cultura acreditando suficientemente as circunstancias que xustifican a súa pretensión.
4. O pago da matrícula correspondente a tarifa terceira poderá ser fraccionada en dous plazos do 50% cada un deles.
5. O pago da matrícula correspondente á tarifa primeira (apartado A.1) poderá ser fraccionada en dous prazos do 50% cada un deles cando na unidade familiar se realicen 3 ou máis matrículas.
6. Terán unha bonificación dun 70% e dun 85% das tarifas 4ª e 5ª contempladas na Ordenanza reguladora da taxa por servizos prestados polo Padroado da Cultura para o uso do Auditorio e do Pazo da Cultura polas entidades sen ánimo de lucro pertencentes a Narón e que estén inscritas no seu censo, e que así o soliciten, o que será autorizado pola Presidencia deste Padroado. A bonificación dun 70% será para actos nos que se cobre entrada e a dun 85% para actos públicos e gratuítos.
DISPOSICIÓN FINAL.
A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín oficial da provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa