Muxía - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por licenzas urbanísticas
Artigo 1. Fundamento e natureza
en uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembor, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a "Taxa por licenzas urbanísticas", que rexirá pola presente Ordenanza Fiscal, cuxas normas atenden ó previsto no artigo 58 da citada lei 39/1988.
Artigo 2. Feito impoñible
1. Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade municipal, técnica e administrativa tendente a verificar se os actos de dificación e uso do solo a que se refire o artigo 178 da Lei sobre Réxime do Solo e Ordenación Urbana, Texto Refundido aprobado polo Real Decreto 1346/1976, do 9 de abril, e que vaian a realizarse no termo municipal, se axustan ás normas urbanísiticas, de edificación e policía previstas na citada lei do Solo, así como nas demais normas de aplicación nesta CCAA.
2. Non estarán suxeitas a esta Taxa as obras de mero ornato, conservación e reparación que se realicen no interior das vivendas.
Artigo 3. Suxeito Pasivo
1. Son suxeitos pasivos contribuintes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan propietarios dos inmobles nos que se realicen as construccións ou instalacións ou se executen obras.
2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuinte os constructores e contratistas das obras.
Artigo 4. Responsables
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das Sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que se sinala no artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5. Base Impoñible
Constitúe a base impoñible da presente taxa, o custo da obra, construcción ou instalación
Artigo 6.-Cota tributaria
Artigo 7. Exencións e bonificacións.
Artigo 8. Devengo
1. Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. Para estos efectos, entenderase iniciada a dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licenza urbanística, si o suxeito pasivo formulase expresamente ésta.
2. Cando as obras se iniciaran ou executaran sin obter a oportuna licenza, a Taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poda instruirse para a autorización desas obras ou a súa demolición se non foran autorizables.
3. A obriga de contribuir, unha vez nacida, non se verá afectada en modo ningún pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación ó proxecto presentado, nin pola renuncia o desestimento do solicitante unha vez concedida a licenza.
4.- No caso de renuncia ou desestimento formulado polo solicitante, con anterioridade á concesión da licencia, as cotas a liquidar, serán do 20 por cento das establecidas.
Artigo 9. Declaración
1. As persoas interesadas na obtención dunha licenza de obras presentarán, previamente, no Rexisto Xeral a oportuna solicitude, acompañado certificado visado polo Colexio Oficial respectivo, con especificación detallada da natureza da obra e lugar de emprazamento, na que se faga constar o importe estimado da obra, medicións e o destino do edificio.
2. Cando se trate de licenza para aqueles actos no que non sexa exisible a formulación do proxecto subscrito por técnico competente á solicitude acompañarase un Orzamento das obras a realizar, así como unha descripción detallada da superficie afectada, número de departamentos, materiais a empregar e, en xeral, das caractarísticas da obra ou acto cuxos datos permitan comprobar o custo daqueles.
3. Se despois de formulada a solicitude de licenza se modificase ou ampliase o proxecto deberá poñerse en coñecemento da Administración Municipal, acompañado o novo orzamento0 ou o reformado e, no seu caso, planos e momorias da modificación ou ampliación.
Artigo 10. Liquidación e Ingreso
1. Cando se trate das obras e actos ó que se refire o artigo 5º 1.a), b) e d):
a) Unha vez concedida a licenza urbanística, practicarase liquidación provisional sobre a base declarada polo solicitante.
b) A administración municipal poderá comprobar o custo real e efectivo da obra e á vista de dita comprobación practicará a liquidación que proceda.
2. No caso de parcelacións urbanas e demolición de construcións, a liquidación que se practique, unha vez concedida a licenza, sobra a base impoñible que lle corresponda, terá carácter definitivo agás que o valor sinalado no Imposto sobre Bens Inmobles non teña este carácter.
3. Todas as liquidacións que se practiquen serán notificadas ó suxeito pasivo substituto do contribuínte para o seu ingreso directo nas Arcas Municipais utilizando os medios de pago e so prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 11. Infraccións e sancións.
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.