Muxía - Ordenanza fiscal reguladora de taxa por licenzas urbanísticas e actos comunicados (declaración responsable ou comunicación previa) urbanísticos

Publicación provisional: 02/11/1989 BOP Nº: 00
Publicación definitiva: 02/11/1989 BOP Nº: 00
Aplicable dende: 14/02/2020

Artigo 1. Fundamento e natureza

en uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembor, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a "Taxa por licenzas urbanísticas", que rexirá pola presente Ordenanza Fiscal, cuxas normas atenden ó previsto no artigo 58 da citada lei 39/1988.

Artigo 2. Feito impoñible

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa derivada da presentación de actos comunicados (DR ou CP), así como tendente a verificar se os actos de edificacón e uso do solo ós que se ferire o artigo 194 e 198 da Lei 9/2002 de OU e PMR de GAlicia e normas aplicables, e que vaian realizarse no temino municipal se axusten ás normas urbanísticas vixentes.

Artigo 3. Suxeito Pasivo

1. Son suxeitos pasivos contribuintes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan propietarios dos inmobles nos que se realicen as construccións ou instalacións ou se executen obras.

2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuinte os  constructores e contratistas das obras.

Artigo 4. Responsables

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das Sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que se sinala no artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5. Base Impoñible

Constitúe a base impoñible da presente taxa, o custo da obra, construcción ou instalación

Artigo 6.-Cota tributaria

1.- Para a taxa por licenza urbanística e actos comunicados:Será a resultante de aplicar á base impoñible os seguintes tipos de gravamen ou tarifas:
- Ata 18.000,00€ : 10,00€
- De 18.000,00 a 60.000,00€: 0,5%
- De 60.000,01 a 600.000,00€: 1%
- Máis de 600.000,00€: 1,5%

Para o caso de que se presenten proxectos reformados respecto a unha licenza xa solicitada, a taxa que corresponderá liquidar neste caso, será a maior das seguintes cantidades:

a) O 10% da suma das cotas liquidadas anteriormente.

b) O importe resultante da aplicación da porcentaxe dos tipos de gravame ou tarifas anteriores sobre o orzamento de execución.

b.1) O tipo de gravame será o que corresponda ao orzamento final presentado ata ese momento.

b.2) A cota calcularase en base á suma dos orzamentos de execución dos proxectos presentados minorado, se é o caso, polos importes correspondentes a aqueles capítulos (total ou parcialmente) que foran xa anteriormente obxecto de liquidación.

2.- Para a taxa por primeira ocupación:
- Vivendas unifamiliares:
De menos de 200 m2: 100,00€
De 200 m2 ou máis: 150,00€
- Edificios de vivendas, hosteleros ou análogos:
Edificios de ata 4 vivendas: 250,00€
A partir de 5, por cada vivenda ou análogo, incremento de 30,00€
Por cada 100 m2 ou fracción de local comercial ou análgo 20,00€
Enténdese por análogo a vivenda ou número de habitacións.
Enténdese por análogo o local comercial, os locais-estancias superiores a 7 m2.
- Naves e outras edificacións:
10,00€ por cada 100 m2 ou fracción, cun mínimo de 200,00€
- Transmisión de licenzas, CP ou DR...50€

Artigo 7. Exencións e bonificacións.

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exación da Taxa.

Artigo 8. Devengo

1. Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. Para estos efectos, entenderase iniciada a dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licenza urbanística, si a realización do acto comunicado formulase expresamente ésta.

2. Cando as obras se iniciaran ou executaran sin obter a oportuna licenza ou presentar a correspondente declaración responsable ou comunicación, a Taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poda instruirse para a autorización desas obras ou a súa demolición se non foran autorizables.

3. A obriga de contribuir, unha vez nacida, non se verá afectada en modo ningún pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación ó proxecto presentado, nin pola renuncia o desestimento do solicitante unha vez concedida a licenza tampouco se vería afectada dita obriga se non se resolve positivamente o expediente de declaración responsable ou comunicación previa..

4.- No caso de renuncia ou desistimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión de licenza, ou dentro dos 3 meses seguintes á presentación de DR ou CP, as cuotas a liquidar seán do 20% das establecidas.

Artigo 9. Declaración

1. As persoas interesadas na obtención dunha licenza ou na presentación de CP ou DR presentarán, previamente, no Rexisto Xeral a oportuna solicitude, acompañado certificado visado polo Colexio Oficial respectivo, con especificación detallada da natureza da obra e lugar de emprazamento, na que se faga constar o importe estimado da obra, medicións e o destino do edificio.

2. Cando se trate de licenza, declaración responsable ou comunicación previa, para aqueles actos no que non sexa exisible a formulación do proxecto subscrito por técnico competente á solicitude acompañarase un Orzamento das obras a realizar, así como unha descripción detallada da superficie afectada, número de departamentos, materiais a empregar e, en xeral, das caractarísticas da obra ou acto cuxos datos permitan comprobar o custo daqueles.

3. Se despois de formulada a solicitude de licenza ou presentada CP ou DR se modificase ou ampliase o proxecto deberá poñerse en coñecemento da Administración Municipal, acompañado o novo orzamento0 ou o reformado e, no seu caso, planos e momorias da modificación ou ampliación.

Artigo 10. Liquidación e Ingreso

1.- As taxas reguladas na presente ordenanza se esixirán en réxime de autoliquidación. Non se iniciará a tramitación do expediente administrativo sen que se acredite previamente o pago da mesma. As autoliquidacións presentadas polo contribuínte, aos efectos desta Ordenanza, están sometidos a comprobación administrativa. Finalizada a actuación se procederá a xirar a liquidación definitiva polos servizos do concello, previa comprobación e investigación dos elementos da obriga tributaria.

2. No caso de parcelacións urbanas e demolición de construcións, a liquidación que se practique, unha vez concedida a licenza, sobra a base impoñible que lle corresponda, terá carácter definitivo agás que o valor sinalado no Imposto sobre Bens Inmobles non teña este carácter.

3. Todas as liquidacións que se practiquen serán notificadas ó suxeito pasivo substituto do contribuínte para o seu ingreso directo nas Arcas Municipais utilizando os medios de pago e so prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.

Artigo 11. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.