Laracha A - Ordenanza fiscal nº 6, reguladora da taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusvo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.

Publicación provisional: 16/11/1998 BOP Nº: 263
Publicación definitiva: 16/11/1998 BOP Nº: 263
Aplicable dende: 05/10/2006

Artigo 1. - Fundamento e réxime.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, o Concello de A Laracha establece a "Taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.

Artigo 2. - Feito impoñible.

Está constituído pola realización sobre a vía ou terreos de uso público de calquera dos aproveitamentos seguintes: Entrada de vehículos a través das beirarrúas, reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos e carga e descarga de mercadorías, e a obriga de contribuír nace desde o momento en que o aproveitamento se inicie.

Artigo 3. - Devengo.

O tributo considerarase devengado ó iniciarse algún dos aproveitamentos obxeto desta ordenanza, e anualmente, ó 1 de xaneiro de cada ano. Esixíndose previamente o depósito total do seu importe, salvo nos períodos anuais sucesivos á alta inicial.

Artigo 4. - Suxeitos pasivos.

Están solidariamente obrigados ó pago, en concepto de contribuíntes: a) As persoas naturais ou xurídicas titulares da respectiva licencia municipal. b) Os propietarios dos inmobles onde están establecidas as entradas ou pasos de carruaxes. c) As empresas, entidades ou particulares beneficiarios dos aproveitamentos enumerados no artigo 2 desta ordenanza.

Artigo 5. - Base impoñible e liquidable.

Tomarase como base do presente tributo a lonxitude en metros lineais da entrada ou paso de carruaxes e da reserva de espacio, distancia que se computará no punto de maior amplitude ou anchura do aproveitamento, esto é, a existente entre as placas de reserva a que se fai referencia no artigo 8º número 4 seguinte.

Artigo 6. - Cota tributaria.

As tarifas a aplicar serán as seguintes, expresadas en euros:

1.- Entrada de vehículos a garaxes públicos, locais que encerren máis de catro vehículos, talleres de reparacións ou análogos, ou espacios de calquera clase que estacionen vehículos de turismo, camións ou calquera outro vehículo a motor, reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos e carga e descarga de mercadorías: 6,30 euros por cada metro lineal ó ano.

2.- Reservas de espacios de uso diverso provocados por necesidades ocasionais: 1,40 euros por cada metro lineal e día que alcance a reserva

As cotas esixibles pola tarifa segunda liquidaranse por cada petición de reserva formulada e faranse efectivas na caixa municipal ó retirar as placas a que se refire o número 4 do artigo 8, sen prexuízo liquidación complementaria que proceda se a devolución das tivese lugar con posterioridade ó prazo para o que se solicitara a reserva.

As demais cotas serán de carácter anual e devengaranse o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos casos de inicio e cese no aproveitamento, onde se prorrateará a cota por trimestre anual.

A recadación das liquidacións que se practique, realizarase polo sistema de ingreso directo, tanto na Tesourería Municipal, como en calquera Caixa de Aforros ou entidade bancaria inscrita no Rexistro de Bancos, son establecementos abertos dentro do termo municipal, salvo as cotas anuais que se recaden por recibo.Os prazos recadatorios serán os fixados no Regulamento Xeral de Recadación, que se levará a cabo a partir do momento en que fose percibida a taxa.

Artigo 7. - Responsables.

O réxime de responsabilidades axustarase ó previsto nos artigos 41 a 43 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.

Artigo 8. - Normas de xestión.

1. - As entidades ou particulares interesados na concesión dos aproveitamentos regulados por esta ordenanza, presentarán no Concello solicitude detallada da extensión e carácter do aproveitamento requirido.

2. - Tamén deberán presenta-la oportuna declaración en caso de alteración ou baixa dos aproveitamentos xa concedidos desde que o feito se produza ata o último día do mes natural seguinte ó en que tal feito tivo lugar. Quen incumpra tal obriga seguirá obrigado ó pago do tributo. Tales declaracións surtirán efecto a partir do semestre seguinte a aquel en que se formulen.

3. - Os titulares das licencias, inclusive os que estiveran exentos do pago de dereitos, deberán proverse de placas regulamentarias para a sinalización do aproveitamento. En tales placas constará o número de rexistro da autorización e deberán ser instaladas, de forma permanente delimitando a lonxitude do aproveitamento.

4. - Igualmente, os titulares da reserva a que fai referencia a tarifa 2ª, deberán proverse de placas adecuadas, nas que constará o tempo de emprego; a lonxitude autorizada da reserva, quedará limitada por medio dunha cadea que una as placas.

5. - A falta de instalación das placas, ou o emprego de outras distintas ás regulamentarias, impedirá ós titulares das licencias o exercicio do seu dereito ó aproveitamento.

6. - Os titulares das licencias, haberán de axusta-las placas regulamentarias de que deberán de proverse, ó modelo en canto a dimensións e estructura que o Concello teña establecido. Podendo adquiri-las placas onde estimen pertinente, se ben o Concello as facilitará a quen o solicite, previo pago do seu importe, segundo fixase a corporación.

Artículo 9.-Exenciones, reducciones y demás beneficios legalmente aplicables.

De conformidad con lo dispuesto en el artículo 9 de la Ley 39/88, del 28 de diciembre, no se reconoce beneficio tributario alguno, salvo los que sean consecuencia de lo establecido en los Tratados o Acuerdos Internacionales, o los expresamente previstos en normas con rango de Ley.

El Estado, las Comunidades Autónomas y las Entidades Locales no estarán obligados al pago de las tasas por utilización privativa o aprovechamiento especial del dominio público por los aprovechamientos inherentes a los servicios públicos de comunicaciones que exploten directamente y por todos los que inmediatamente interesen a la seguridad ciudadana o a la defensa nacional.

Artigo 10. - Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto no Título IV da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicables.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente modificación, aprobada por acordo plenario de data 24 de novembro de 2004, entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, mantendo a súa vixencia en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente.