Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 7. -REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS E TABOADOS CON FINALIDADE LUCRATIVA.

Publicación provisional: 11/02/1999 BOP Nº: 34
Publicación definitiva: 11/02/1999 BOP Nº: 34
Aplicable dende: 01/01/2009

Artigo 1º. Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladoras das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas e taboados con finalidade lucrativa, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 57 do citado Real decreto

Artigo 2.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa o aproveitamento especial do dominio público local consistente na ocupación temporal de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, coa finalidade lucrativa.

Artigo 3.-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos desta Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades as que se refire ó artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro Xeral Tributaria que se beneficien do aproveitamento que constitúe o feito impoñible.

Artigo 4º. Responsables.

1- Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2- Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 5.-Base impoñible.

A base impoñible estará constituída polo número de metros cadrados de superficie de dominio público ocupado pola mesas, cadeiras, tribunas e taboados.

Artigo 6.-Cota tributaria.

A cota tributaria será a que resulte da aplicación da seguinte tarifa:
a. Instalación de mesas e cadeiras no casco urbano:
- Por tempada (do 15 de xuño ao 15 de setembro) : 25,64 €/mesa.
- Anual: 51,28 €/mesa.
- Mesas e cadeiras a maiores durante celebracións especiais (Festas patronais, Expofegasa, etc): 1,12 €/mesa ao día.
a. Instalación de mesas e cadeiras fora do casco urbano:
- Por tempada: 18,81 €/mesa.
- Anual: 37,62 €/mesa.
a. Instalación de tribunas e taboados:
- Por tempada: 25,64 €/m².
- Anual: 51,28 €/m².
As tarifas dos apartados ¿a" e ¿b" aplicaranse sobre as mesas que non superen unha superficie de 1 m², dando dereito á ocupación de 4 cadeiras por mesa.
As tarifas do apartado ¿c" aplicaranse só no caso de que non se aproveite o terreo de uso público conforme aos apartados ¿a" e/ou ¿b", ou o tamaño da mesa sexa superior ao indicado no parágrafo precedente.

Artigo 7º.-Devengo.

Devengase a taxa, e nace a obriga de contribuír:
a) Coa presentación da solicitude de ocupación o aproveitamento, que non se tramitará sen que se efectuase o pago correspondente.
b) Dende o momento no que a ocupación ou aproveitamento se iniciase, se este tivese lugar sen a preceptiva licenza municipal
c) Tratándose de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, devengarase periodicamente o día 1 de xaneiro de cada ano.

Artigo 8º.-Período impositivo.

El Período Impositivo coincidirá co ano natural, salvo nos supostos de inicio o cese en el aproveitamento especial, caso no que aquel se axustará a esta circunstancia, co conseguinte prorrateo da cota, que terá lugar, en todo caso, por meses completos.

Artigo 9º.-Réxime de declaración e ingreso.

Este Concello poderá establecer convenios de colaboración con entidades, institucións e organizacións representativas dos suxeitos pasivos da taxa, co fin de simplificar o cumprimento das obrigas formais e materiais, derivadas de aquela ou os procedementos de liquidación ou recadación.
Cando por causas non imputables ó suxeito pasivo, o aproveitamento especial non se produza, procederá a devolución do importe correspondente.
Establécense dúas modalidades:
Autoliquidación:
Coa solicitude de autorización de aproveitamento especial do dominio público, terá que acompañarse a folla de autoliquidación, ingresada na Tesourería Municipal ou Entidade colaboradora do Concello.
Declaración:
Coa solicitude de aproveitamento especial do dominio público, presentarase declaración polos interesados, na que se reflectirá a superficie a ocupar, para a súa liquidación e pago da cota, na Tesourería Municipal ou Entidade colaboradora.

Artigo 10º.-Pago da taxa.

Efectuarase, o pago da taxa, tratándose de concesións de novos aproveitamentos, por ingreso directo na Tesourería Municipal ou Entidade colaboradora designada polo Concello, sen xustificante do cal non poderá retirarse a licencia.
No suposto de concesións de aproveitamento xa autorizados e prorrogados unha vez incluídas no correspondente Padrón Municipal, por anos naturais, nas Oficinas da Recadación Municipal ou Entidade Colaboradora

Artigo 11º.-Normas de xestión.

Terá que ir acompañada, a solicitude de aproveitamento especial do dominio público local dunha declaración na que conste a superficie que se pretende ocupar, reflectida nun plano detallado do seu emprazamento concreto dentro do termo municipal.
O Concello procederá a practicar a oportuna liquidación complementaria, que terá que ser satisfeita, antes de retirar a licencia, de producirse contradición, entre a superficie declarada e a que se pretende ocupar realmente.
Entenderase prorrogada, unha vez autorizada a ocupación ou aproveitamento mentres non se acorde a súa caducidade pola Alcaldía ou se presente baixa xustificada polo interesado ou polos seus lexítimos representantes, no caso de falecemento, salvo as autorizacións outorgadas por un prazo concreto.
As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas a terceiros. Orixinando, o incumprimento desta prohibición a anulación da licencia.

Artigo 12º.-Reintegro do custo ou reparación de danos.

Cando o aproveitamento especial leve aparellado a destrución ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen prexuízo do pago da taxa a que houbera lugar, estará obrigado o reintegro do custo total dos respectivos gastos de reconstrución ou reparación e ó depósito previo do seu importe, segundo informe dos Servizos Técnicos Municipais, sen o cal non será outorgada a licencia.
Se os danos foran irreparables, a entidade será indemnizada en contía igual o valor dos bens destruídos ou ó importe de deterioro dos danados.

Disposición derradeira.

A presente ordenanza fiscal, aprobada definitivamente polo Pleno do Concello de Ordes en sesión celebrada o 29 de outubro de 2007 comezará a aplicarse a partir do primeiro de xaneiro do ano dous mil oito, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.