Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 7. -REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS E TABOADOS CON FINALIDADE LUCRATIVA.
ARTIGO 1.º.-FUNDAMENTO E NATUREZA.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladoras das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 57 do citado Real decreto.
ARTIGO 2.º.-FEITO IMPOÑIBLE.
Constitúe o feito impoñible desta taxa o aproveitamento especial do dominio público local consistente na ocupación temporal de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, coa finalidade lucrativa.
Non terá tal consideración e, polo tanto, non estará gravada coa presente taxa a colocación dunha mesa, tonel ou artefacto coa finalidade de colocar unha papeleira e cinceiro, sempre e cando non exceda a ocupación dun metro cadrado.
ARTIGO 3.º.-SUXEITOS PASIVOS.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades as que se refire ó artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que se beneficien do aproveitamento que constitúe o feito impoñible.
ARTIGO 4.º. RESPONSABLES.
1.-Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 41 e 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
ARTIGO 5.º.-BASE IMPOÑIBLE.
A base impoñible estará constituída polo número de metros cadrados de superficie de dominio público ocupado pola mesas, cadeiras, tribunas e taboados.
ARTIGO 6.º.-COTA TRIBUTARIA.
A cota tributaria será a que resulte da aplicación da seguinte tarifa:
a) Aproveitamentos mensuais:
Mes | €/m² mes | ||
1.ª categoría | 2.ª categoría | Resto | |
Xaneiro | 1,25 | 1,00 | 0,85 |
Febreiro | 1,25 | 1,00 | 0,85 |
Marzo | 1,25 | 1,00 | 0,85 |
Abril | 1,25 | 1,00 | 0,85 |
Maio | 1,25 | 1,00 | 0,85 |
Xuño | 3,50 | 2,65 | 2,00 |
Xullo | 3,50 | 2,65 | 2,00 |
Agosto | 4,50 | 3,40 | 2,50 |
Setembro | 3,50 | 2,65 | 2,00 |
Outubro | 1,25 | 1,00 | 0,85 |
Novembro | 1,25 | 1,00 | 0,85 |
Decembro | 1,25 | 1,00 | 0,85 |
As ditas tarifas serán por meses completos, non sendo en caso ningún rateables por períodos inferiores ao mes.
b) Mesas e cadeiras a maiores durante celebracións especiais (festas patronais, Expo Ordes, etc.):
€/m² día | ||
1.ª categoría | 2.ª categoría | Resto |
0,50 | 0,40 | 0,25 |
Cunha tarifa mínima resultante de aplicar o valor/m² por un mínimo de
En caso de que a ocupación ou aproveitamento se iniciase sen a preceptiva licenza municipal aplicarase, en todo caso, a tarifa anual a toda a superficie ocupada, fora cal fora o período efectivo de ocupación, sen prexuízo das sancións que houbese lugar.
ANEXO A ESTA ORDENANZA INDÍCANSE AS CATEGORÍAS A APLICAR, EN FUNCIÓN DA SITUACIÓN
ARTIGO 7.º.-DEVENGO.
Devéngase a taxa, e nace a obriga de contribuír:
a) Coa presentación da solicitude de ocupación o aproveitamento, que non se tramitará sen que se efectuase o pago correspondente.
b) Dende o momento no que a ocupación ou aproveitamento se iniciase, se este tivese lugar sen a preceptiva licenza municipal.
c) Tratándose de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, devengarase periodicamente o día 1 de xaneiro de cada ano.
ARTIGO 8.º.-PERÍODO IMPOSITIVO.
O período impositivo coincidirá co período para o cal se solicite a autorización, o cal terá lugar, en todo caso, por meses completos, salvo no caso de utilizacións diarias durante a celebración de celebracións especiais.
ARTIGO 9.º.-RÉXIME DE DECLARACIÓN E INGRESO.
Este Concello poderá establecer convenios de colaboración con entidades, institucións e organizacións representativas dos suxeitos pasivos da taxa, co fin de simplificar o cumprimento das obrigas formais e materiais, derivadas de aquela ou os procedementos de liquidación ou recadación.
Cando por causas non imputables ó suxeito pasivo, o aproveitamento especial non se produza, procederá a devolución do importe correspondente.
Establécense dúas modalidades:
- Autoliquidación:
Coa solicitude de autorización de aproveitamento especial do dominio público, terá que acompañarse a folla de autoliquidación, ingresada na Tesourería Municipal ou entidade colaboradora do Concello.
- Declaración:
Coa solicitude de aproveitamento especial do dominio público, presentarase declaración polos interesados, na que se reflectirá a superficie a ocupar, para a súa liquidación e pago da cota, na Tesourería Municipal ou entidade colaboradora.
ARTIGO 10.º.-PAGO DA TAXA.
Efectuarase, o pago da taxa, tratándose de concesións de novos aproveitamentos, por ingreso directo na Tesourería Municipal ou Entidade colaboradora designada polo Concello, sen xustificante do cal non poderá retirarse a licenza. No caso de que a solicitude foxe denegada, total ou parcialmente, o Concello procederá á devolución da taxa ingresada en función do aproveitamento non autorizado.
ARTIGO 12.º.-REINTEGRO DO CUSTO OU REPARACIÓN DE DANOS.
Cando o aproveitamento especial leve aparellado a destrución ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen prexuízo do pago da taxa a que houbera lugar, estará obrigado o reintegro do custo total dos respectivos gastos de reconstrución ou reparación e ó depósito previo do seu importe, segundo informe dos servizos técnicos municipais, sen o cal non será outorgada a licenza.
Se os danos foran irreparables, a entidade será indemnizada en contía igual o valor dos bens destruídos ou ó importe de deterioro dos danados.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA.
A presente ordenanza fiscal, aprobada definitivamente polo Pleno do Concello de Ordes en sesión celebrada o 31 de xaneiro de 2013, comezará a aplicarse a partir da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
ANEXO
Para os efectos da presente ordenanza as rúas municipais cualifícanse nas categorías seguintes:
1. Primeira categoría:
- Rúa Alfonso Senra (desde a intersección coa rúa de Galicia até a intersección coa rúa de Carnota).
- Rúa do Recreo até intersección coa rúa de Campeiras.
- Rúa Parque municipal.
- Rúa do Muíño e rúa da Feira (Campo da Feira).
- Rúa dos Lagartos até intersección coa rúa Nova.
2. Segunda categoría:
- Resto do solo urbano da Vila de Ordes e solo urbano do Mesón do Vento.
3. Terceira categoría.
- O resto do termo municipal