Rianxo - Ordenanza fiscal núm. 8, reguladora da taxa de saneamento de augas residuais

Publicación provisional: 22/12/1998 BOP Nº: 292
Publicación definitiva: 22/12/1998 BOP Nº: 292
Aplicable dende: 01/01/2009

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza

O sistema de sanemento urban é parte fundamental do conxunto de elementos cos que a Sociedade conta para protexer e mellorar a calidade de vida e defender e restaurar o medio natural..A súa inexistencia, incapacidade e inoperatividade repercuten de forma total no cumprimento dos obxetivos de calidade do medio natural, dada a elevada cota que ten a polución hídrica de orixen urban no balance de polución medioambiental.
A Lei 7/1.985 de 2 de abril, Reguladora de las Bases de Réximen Local, artigos 133.2 e 142 da Constitución, que establecen a competencia dos Concellos en materia de protección do medio ambiente e facultan para a imposición e ordenación da taxa de saneamento de augas residuais , que se rexera póla presente ordenanza.
A presente Ordenanza ten por obxeto regular o uso da red de alcantarillado e sistemas de depuración, fixando as prescripciones ás cales habrán de someterse en materia de vertidos os usuarios actuais e futuros das instalacions de saneamento.
O obxetivo e protexer a calidade ambiental e sanitaria das aguas superficiales e subterráneas, así como as instalaciones municipales, red de alcantarillado e estacions depuradoras, tanto na súa integridade estructural como no seu funcionamento.

Artigo 2.º .-Feito Imponible- Base Imponible-Período impositivo- Devengo

1. Constitúe o feito imponible da taxa:

a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede da rede de sumidoiros municipal.

b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas.

c) A emisión por parte do Servicio Municipal de Saneamento, dos informes os que se refire o Regulamento municipal de verquidos, con ocasión da solicitude do permiso de verquido por parte de usuários non domésticos, asi como das actuacións de Inspección e comprobación o que se refire o citado regulamento.
d) Os análises e probas para comprobar as características dos verquidos
2- A Base imponible está constituida polo nº de actuacións de comprobación e inspección os que se refire o Regulamento Municipal de Verquidos.
3-Período impositivo: A presente taxa é de ingreso por contraido directo, non podendose xirar en réximen de autoliquidación.
4- Devengo: A obriga da presente taxa nacerá no momento da prestación pola Administración dos servizos os que se refire o Regulamento Municipal de verquidos.

Artigo 3.º .-Suxeito pasivo

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan:

a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil do terreo.

b) No caso de prestación de servicios do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios dos terreos do término municipal beneficiarios de ditos servicios, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso ocupantes en precario.

2. En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietario destes inmobles, en quen poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

3.- Son suxetos pasivos as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 de 17 de decembro que soliciten ou reciban informes ou Inspeccións as que se refire o Feito imponible.

Artigo 4.º .-Responsables

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.º .-Cota tributaria

A) Uso doméstico: 13,39 euros/ trimestre.
B) Usos comerciais: 26,93 euros/ trimestre.
C) Usos industriais: 35,73 euros/ trimestre.
D) Taxas de enganche:
Vivendas ----------------- 138,04 euros
Industrias ---------------- 227,77 euros
Hoteis e similares ------ 345,11 euros
E) As cantidades a esixir con ocasión da práctica das analises esixidas pólo Regulamento Municipal de Verquidos, deberán de axustarse as seguintes contías:
PH
5,12 €
Conductividade:
5,12 €
Sólidos en suspensión totais
15,54 €
D.B.Q.5:
32,46 €
D.Q.O.
26,10 €
Fósforo
14,37 €
Nitróxeno amoniacal
1,64 €
Sulfuro:
17,94 €
Aceites e graxas:
61,58 €
Recollida e envío mostra o laboratorio:
89,83 €
SUBTOTAL
269,70 €
IVE 16%
43,15 €
TOTAL
312,85 €
F) As cantidades a esixir con ocasión das actuacións de comprobación, inspección e emisión de informes ós que se refire o Regulamento Municipal de Verquidos, deberán de axus-tarse ás seguintes contías:
Por inspección
174,11 €
IVE 16 %
27,86 €
TOTAL
201,97 €

Artigo 6.º .-Exencións e bonificacións

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa, que non vén establecida en tratados ou acordos internacionais ou en normas con rango de lei.

Artigo 7.º .-RÉXIMEN DE INGRESO

1. Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito imponible, entendéndose iniciada a mesma:

a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.

b) Dende que teña lugar a efectiva acometida á rede da rede de sumidoiros municipal. A retribución por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que teña obtido ou non a licencia de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poda instruírse para a súa autorización.

2. Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para tódolos terreos do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas en que exista rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e o terreo non exceda de cen metros, e retribuirase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida á rede.

3.-As cotas esixibles con ocasion da realización das analises e emisión de informes, asi como das actuacións de comprobación e investigación as que se refire o Regulamento municipal de verquidos, seran directamente abonados o Concello, Entidade ou Empresa en quen delegue ou Concesionaria do servizo, podendo esixir o depósito previo dos correspondentes importes. En todo caso, con caracter trimestral, e dentro dos trinta días posteriores ó remate de cada trimestre natural, a empresa Concesionaria ou en quen delegue o Concello deberá remitir a este Concello relación das contas esixidas como consecuencia das referidas actuacións

Artigo 8.º .-Liquidación

1. Cando se presente a solicitude de licencia de acometida liquidarase e esixirase a taxa correspondente en calidade de depósito previo.

2. Se se realiza a acometida sen mediar solicitude procederase a liquidar e notificar, esixíndose o ingreso nos prazos previstos no artigo 20 do Regulamento Xeral de Recadación, sen prexuízo da apertura do correspondente expediente sancionador por infracción tributaria.

3. Unha vez autorizada a acometida, a xestión e recadación desta taxa acomodarase ó procedemento previsto para os valores recibo (padrón, censo, matrícula, etc.).

Artigo 9.º .-Ingreso

1. As cotas desta taxa liquidaranse e esixiranse no momento de presentarse a solicitude, en calidade de depósito previo.

2. Cando se realice a acometida sen mediar solicitude esixirase nos prazos previstos no artigo 20 do Regulamento Xeral de Recadación.

3. Cando a taxa se exaccione por padrón esixirase no período sinalado na tarifa ou, no seu caso, no que acorde o alcalde ou comisión de goberno e o ingreso farase efectivo no prazo previsto no artigo 20 do R.X.R. para os valores recibo

4. Os ingresos efectuaranse na depositaría municipal ou no lugar que determine o alcalde-presidente.

Artigo 10.º .-Infraccións e sancións

Nesta materia estarase ó disposto nos artigos 139 ó 141 da Lei 7/1985 de 2 de abril

Disposición adicional.

Primeira. Declaración de alta.

Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta nos censos ou padróns da taxa e producirá efectos tributarios no mesmo momento de presentarse a declaración, podendo prorratearse, no seu caso, por meses.

Segunda. Declaración de baixa.

Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e producirá efectos no período natural seguinte ó de presentación da mesma, podendo, no seu caso, prorratearse por meses.

Disposición final.

A presente ordenanza escomenzará a súa eficacia no momento en que se publique a súa aprobación definitiva é o texto integro da sua modificación no Boletín Oficial da Provincia (B.O.P.)
1.- A presente modificación da Ordenanza foi aprobada polo Concello en Pleno en sesión extraordinaria celebrada o 23 de outubro de 2008.
2.- O inicio de aplicación desta modificación é o 1 de xaneiro de 2009