Rianxo - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 8, REGULADORA DA TAXA DE SANEAMENTO DE AUGAS RESIDUAIS

Publicación provisional: 22/12/1998 BOP Nº: 292
Publicación definitiva: 22/12/1998 BOP Nº: 292
Aplicable dende: 01/01/2016

Artigo 1º.- Fundamento e natureza

O sistema de saneamento urban é parte fundamental do conxunto de elementos cos que a Sociedade conta para protexer e mellorar a calidade de vida e defender e restaurar o medio natural. A súa inexistencia, incapacidade e inoperatividade repercuten de forma total no cumprimento dos obxetivos de calidade do medio natural, dada a elevada cota que ten a polución hídrica de orixen urban no balance de polución medioambiental.

A Lei 7/1.985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réximen Local, artigos 133.2 e 142 da Constitución, que establecen a competencia dos Concellos en materia de protección do medio ambiente e facultan para a imposición e ordenación da taxa de saneamento de augas residuais, que se rexera póla presente ordenanza.

A presente Ordenanza ten por obxeto regular o uso da red de alcantarillado e sistemas de depuración, fixando as prescripcions ás cales habrán de someterse en materia de vertidos os usuarios actuais e futuros das instalacions de saneamento.

O obxetivo e protexer a calidade ambiental e sanitaria das aguas superficiales e subterráneas, así como as instalaciones municipales, red de alcantarillado e estacions depuradoras, tanto na súa integridade estructural como no seu funcionamento.

Artigo 2º.- Feito impoñible-Base impoñible-Periodo Impositivo-Devengo

1. Constitúe o feito impoñible da Taxa:

a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede de sumidoiros municipal.

b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, aguas pluviales, negras e residuais, a través da rede de alcantarillado municipal, e o seu tratamento para depuralas.

c) A emisión por parte do Servicio Municipal de Saneamento, dos informes os que se refire o Regulamento municipal de verquidos, con ocasión da solicitude do permiso de verquido por parte de usuários non domésticos, asi como das actuacións de Inspección e comprobación o que se refire o citado regulamento.

d) Os análises e probas para comprobar as características dos verquidos.

2. A Base imponible está constituida polo nº de actuacións de comprobación e inspección os que se refire o Regulamento Municipal de Verquidos.

3. Período impositivo: A presente taxa é de ingreso por contraido directo, non podendose xirar en réximen de autoliquidación.

4. Devengo: A obriga da presente taxa nacerá no momento da prestación pola Administración dos servizos os que se refire o Regulamento Municipal de verquidos.

Artigo 3º.- Suxeito pasivo

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o Artigo 33 da Lei xeral tributaria que sexan:

a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil do terreo.

b) No caso de prestación de servicios do número 1.b) do Artigo anterior, os ocupantes ou usuarios dos terreos do termo municipal beneficiarios de ditos servicios, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso ocupantes en precario.

2. En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo sustituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locales o propietario destos inmobles, en quén poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

3. Son suxetos pasivos as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 de 17 de decembro que soliciten ou reciban informes ou Inspeccións as que se refire o feito imponible.

Artigo 4º.- Responsables

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas xurídicas a que se refiren os Artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o Artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5º.- cota tributaria

A) Uso doméstico: 14,42 euros/ trimestre.

B) Usos comerciáis: 28,99 euros/ trimestre.

C) Usos industriáis: 38,47 euros/ trimestre.

D) Taxas de enganche:

Vivendas -----------------147,48 euros

Industrias ---------------- 243,35 euros

Hoteis e similares ------ 368,71 euros

E) As cantidades a esixir con ocasión da práctica das analises esixidas pólo Regulamento Municipal de Verquidos, deberán de axustarse as seguintes contías:

PH

5,51 €

Conductividade:

5,51 €

Sólidos en suspensión totais

16,73 €

D.B.Q.5:

34,95 €

D.Q.O.

28,11 €

Fósforo

15,48 €

Nitróxeno amoniacal

13,05 €

Sulfuro:

19,32 €

Aceites e graxas:

66,30 €

Recollida e envío mostra o laboratorio:

96,72 €

As tarifas son sen IVE engadido

F) As cantidades a esixir con ocasión das actuacións de comprobación, inspección e emisión de informes ós que se refire o Regulamento Municipal de Verquidos, deberán de axustarse ás seguintes contías:

Por inspección

187,49 €

As tarifas son sen IVE engadido.

G. A cota quedará reducida a cero para os contribuíntes beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA).

Esta redución ten carácter rogado, xurdindo efecto a súa concesión no período impositivo seguinte ao da solicitude.

1. A documentación que deberán presentar os interesados nesta redución será:

a) modelo de solicitude normalizado aprobado debidamente cuberto.

b) fotocopia do NIF dos solicitantes, ou do representante, no seu caso, e acreditación desta condición

c) fotocopia compulsada do acordo da concesión da RISGA

d) fotocopia do último recibo da taxa

e) indicación da referencia catastral do inmoble

f) no caso de que o inmoble non sexa propiedade do solicitante, deberá aportar ademais:

- NIF do propietario do inmoble

- fotocopia do contrato de alugueiro do respectivo inmoble

2. Si a solicitude adoleciese de algún defecto, conferirase ao interesado un prazo de 10 días para que proceda á súa subsanación, con indicación de que, si así non o fixese, considerarase que desiste da súa petición.

3. O beneficiario desta redución de cuota estará obrigado a comunicar á administración calquera modificación relativa á mesma nun prazo de 15 días naturais dende que a correspondente circunstancia se produxese.

4. No caso de que estando concedida a redución regulada neste artigo se produxera un cambio de domicilio do beneficiario, a redución quedará sen efecto a partir do seguinte período de deivindicación da taxa.

Artigo 6º.- Exencións e bonificacións

Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da presente Taxa, que non ven establecida en Tratados ou Acordos Internacionais ou en normas con rango de Lei.

Artigo 7º. Período impositivo

Nos servizos de tracto sucesivo, o período impositivo coincide con trimestre natural, agás nos supostos de alta en que o período impositivo comezará coa efectiva prestación do servizo e rematará co trimestre natural correspondente.

Artigo 8º.- Liquidación

1. Cando se presente a solicitude de licencia de acometida liquidaráse e esixiráse a Taxa correspondente en calidade de depósito previo.

2. Se se realiza a acometida sen mediar solicitude procederáse a liquidar e notificar esxíndose o ingreso nos prazos previstos no Artigo 20 do Regulamento Xeral de Recadación, sen prexuizo da apretura do correspondente expediente sancionador por infracción tributaria.

3. Unha vez autorizada a acometida, a xestión e recadación desta Taxa acomodarase ó procedento previsto para os valores recibo (padrón, censo, matrícula etc.).

Artigo 9º.- Ingreso

1. As Cotas desta taxa liquidaranse e exisiranse no momento de presentarse a solicitude, en calidade de depósito previo.

2. Cando se realice a acometida sen mediar solicitude exisirase nos prazos previstos no Art. 20 de Regulamento Xeral de Recadación.

3. Cando a Taxa se exaccione por padrón esixiráse no período sinalado na tarifa ou, no seu caso, no que acorde o Alcalde ou Comision de Goberno e o ingreso faráse efectivo no prazo previsto no Artigo 20 do R.X.R. para os valores recibo.

4. Os ingresos efectuaránse en Depositaría Municipal ou no lugar que determine o Alcalde-Presidente.

Artigo 10º.- Infraccións e sancións

Nesta materia estarase ó disposto nos artigos 139 ó 141 da Lei 7/1985 de 2 de abril.

DISPOSICIÓN ADICIONAL.

1).- Declaración de alta.

Os suxeitos pasivos sustitutos do contribuinte formularán as declaracións de alta nos censos ou padróns da Taxa e surtirá efectos tributarios no mesmo momento de presentarse a declaración, podendo prorratearse, no seu caso, por meses.

2).-. Declaración de baixa.

Os suxeitos pasivos sustitutos do contribuínte formarán parte as declaracións de baixa no censo ou padrón da Taxa e surtirá efectos no período noatural seguinte ó de presentación da mesma podendo, no seu caso, prorratearse por meses.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza aprobouse polo Pleno na súa sesión do día 22 de decembro de 1998, e foi modificada polo Pleno na sesión do día 16 de novembro de 2015, entrando en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e surtindo efectos dende o 1 de xaneiro de 2016, ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.