Índice
Sada - Ordenanza fiscal nº 10, reguladora da taxa pola prestación de servizos do cemiterio municipal
Publicación provisional:
21/03/1998
BOP Nº:
65
Publicación definitiva:
21/03/1998
BOP Nº:
65
Aplicable dende:
11/06/2009
Artigo 1.- Fundamento legal.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e, de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación de servizos do Cemiterio municipal.
Artigo 2.- Feito impoñible e obrigación de contribuír.
1.º.-O feito impoñible realízase pola utilización dos seguintes servizos, que se prestan no cemiterio municipal: a) Licenzas para inhumacións e exhumacións. b) Concesión de nichos e columbarios. c) Autorizacións para transmisións de titularidade. d) Conservación e vixilancia de cemiterio. e) Colocación de lápidas ou outras actuacións.
2º.- A obrigación de contribuír nacerá cando se inicie a prestación dos servizos sometidos a gravame, entendéndose a estes efectos que se inicia a prestación cando se solicita a mesma o se ocasione a prestación.
No caso do servizo de conservación e vixilancia, a cota devengaráse o primeiro día natural de cada exercicio económico e terá carácter irredutible coincidindo o período impositivo co ano natural.
Artigo 3.- Obrigado tributario.
1. Son obrigados tributarios contribuíntes os solicitantes da concesión, da autorización ou da prestación do servizo e, no seu caso, os titulares dos dereitos regulados na Ordenanza.
2. Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
3. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que se sinala no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 4.- Condicións da concesión
1.- A asignación de nichos entenderase a perpetuidade. O dereito que se adquire polo pagamento da tarifa correspondente a nichos, cinceiros e columbarios non é o da propiedade física do terreo, senón o da conservación a perpetuidade dos restos nos devanditos espazos polo tempo que preste servizo o cemiterio, sempre e cando os titulares desta clase de sepulturas satisfagan os dereitos e cumpran as normas que a este efecto se establecen nesta Ordenanza ou nas que no seu caso se aprobe.
Para a adxudicación de ocos incluídos na reserva municipal, tendo en conta a excepcionalidade e o carácter restrinxido que esta ten, seguirase un criterio baseado na adxudicación correlativa das existencias máis antigas.
Artigo 5.- Cota tributaria.
A cota tributaria determinarase por aplicación da seguinte tarifa:
Servizo | Concepto | Cota |
Inhumacións ou exhumacións | Licenza | 60 |
Concesións de nichos | 1º nicho contado a partir do cinceiro base (95%) | 1.090,50 |
2º nicho a partir do cinceiro base (tarifa de referencia) | 1.150 | |
3º nicho contado a partir do cinceiro base (90%) | 1.035 | |
4º nicho contado a partir do cinceiro base (85%) | 977,5 | |
Concesións de columbarios | 250 | |
Transmisión de titularidade | Mortis causa (2% da tarifa de referencia da concesión) | 23 |
Intervivos (5% da tarifa de referencia da concesión) | 57,5 | |
Conservación e vixilancia | Por cada nicho | 12 |
Por cada columbario | 6 | |
Por cada mausoleo ou panteón | 20 | |
Por cada sepultura na terra | 12 | |
Instalacións e reparacións | En nichos | 20 |
En columbarios | 10 | |
En mausoleo ou panteón | 30 | |
En sepulturas na terra | 10 |
As permutas terán a consideración, ós efectos de esta Ordenanza, de dúas transmisións inter vivos.
Artigo 6.- Normas de xestión.
1.-Todas as licenzas e autorizacións para a utilización dos servizos aos que se refire esta Ordenanza, serán concedidos por Resolución da Alcaldía.
2.- O Encargado do Cemiterio non prestará ningún servizo mentres o usuario non tivese a correspondente autorización municipal, incorrendo en caso contrario en responsabilidade administrativa. Para o cumprimento de tal obriga remitirase ao encargado copia de todas as licenzas concedidas.
3.- Para utilizar calquera dos servizos a que se refire esta Ordenanza, solicitarase por escrito a correspondente licenza ou autorización, liquidándose as taxas polo sistema de depósito previo antes de anotar a petición no Libro de Rexistro de Entrada de documentos. A devandita liquidación provisoria converterase en definitiva no momento da concesión da licenza ou autorización.
4.- Cando a natureza material da taxa esixa o reporte periódico da mesma, o mesmo terá lugar o 01 de xaneiro de cada ano, e o período impositivo comprenderá o ano natural.
5.- Cando por causas non imputábeis ao suxeito pasivo, o servizo público non se preste ou desenvolva, procederase á devolución do importe correspondente.
6.- Será condición indispensable para proceder a realizar o cambio de titularidade ¿mortis causa" ou ¿inter vivos", estar ao corrente no pago das taxas.
7.- Poderá declararse a caducidade, e reverterá ó Concello a enteira dispoñibilidade dunha sepultura, entre outras causas, por abandono da mesma, considerándose como tal o transcurso de cinco anos desde a última inhumación verificada nela, sen que o seu titular, familiares ou parentes, aboaran os dereitos correspondentes á conservación.
Artigo 7.- Exencións
Estarán exentos os servizos que se presten con ocasión dos enterramentos de cadáveres de persoas sen recursos e previo informe dos servizos sociais municipais, sempre e cando os gastos do enterro non sexan legal ou contractualmente a cargo doutra persoa ou Entidade con capacidade económica de abondo para satisfacelas.
Artigo 8.- Infraccións e sancións.
Constitúe infracción, o feito de utilizar calquera dos servizos aos que se refire esta Ordenanza, sen a obtención da correspondente autorización municipal.-
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que das mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos art. 178 e seguintes da nova Lei Xeral Tributaria 58/2003, de 17 de decembro.
Disposición Final.
Esta Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 26 de marzo de 2009, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín da Provincia e será de aplicación a partir desta data, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.-