Tordoia - Ordenanza fiscal núm. 12, reguladora do prezo público pola utilización do pavillón polideportivo municipal

Publicación provisional: 24/06/1999 BOP Nº: 00
Publicación definitiva: 24/06/1999 BOP Nº: 00
Aplicable dende: 24/06/1999

Artigo 1º.- Concepto.

De conformidade co previsto nos artigos 117 e 41 da lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece os prezos públicos pola participación en talleres culturais, escolas deportivas, actividades recreativas e deportivas, e pola utilización de instalacións municipais, que se rexerán pola presente ordenanza.

Artigo 2º.- Obrigados ao pago.

Están obrigado ao pago do prezo público regulado nesta ordenanza as persoas físicas ou xurídicas, así como calquera outra entidade sen personalidade xurídica, que se beneficie dos servicios ou actividades prestados ou realizados por este Concello, ou da utilizacións das instalacións a que se refire o artigo anterior.

- Os importes dos prezos públicos regulados nesta ordenanza serán os seguintes:

SERVICIO

PERSOAS OU ENTIDADES

ENTIDADES CON CONVENIO

Adestramento, por hora

9,00 €

Partidos oficiais, por hora

Espectáculos deportivos que superen as

10 horas ata 24

150,27 €

 

 

-------------

 

 

Espectáculos artísticos, recreativos ou similares que superen as 10 horas ata 24 .

150,27 €

recargo 50% s/tarifa

 

--------------

 

 

- Para a publicidade fixa establecese o pago de 6,00 €m2 ou fracción e por ano, previo acordo da Alcaldía sobre o seu emprazamento e condicións da mesma.

- Para a publicidade móbil, que se fará en carteis de madeira, fibra ou similar e terá unha dimensión máxima de 1 m. por 2 m., establécese a tarifa de 6,00 € acto e día.

Artigo 3º.- Concertos fiscais

Non estarán suxeitos á taxa de utilización as iniciativas do Concello patrocinadas por e os centro públicos de ensinanza do Concello.

Igualmente estarán exentos de taxas cando se realicen actos benéficos, sendo preciso a autorización expresa do sr. Alcalde ou Concelleiro Delegado de Deportes.

Artigo 4º.- Persoal discontinuo.

O persoal discontínuo necesario para a realización de cada acto (porteiro, despacho de billetes, vixiantes, etc...) será aportado polos seus organizadores. A necesidade de persoal deste tipo será fixada pola Alcaldía, atendendo á categoría da actividade a realizar, estando suxeito os seus organizadores á indicacións e directirces que se lles fixe.

Artigo 5º.- Solicitudes de utilización.

1) As persoas, clubs, entidades, federacións, etc., que desexen utilizar as instalacións, deberán solicitalo por escrito cada semana o último venres da semana anterior ou o primeiro luns da semana seguinte, no Concello, expresando os días e horas que desexen efectuar a utilización e demais circunstancias que estimen expoñer.

2) Para as actividades de carácter periódico deberá de solicitarse a utilización do pavillón polideportivo municipal antes do comezo das competicións oficiais, achegando o calendario das mesmas e debendo advertir ao Concello de calquera alteración que se produza naquel.

3) As solicitudes debidamente tramitadas serán resoltas polo sr. Alcalde-Presidente ou Concelleiro Delegado de Deportes.

Artigo 6º.- Liquidación e recadación.

1) A liquidación do prezo público efectuarase pola administración municipal e  ingreso será efectuado a través das contas bancarias abertas a nome do Concello.

2) O prezo público aboarase no momento da concesión de utilización das instalacións e o encargado das mesmas non permitirá o acceso a estas se non se presenta a autorización de utilización e o xustificante de ter ingresado o prezo público.

3) No suposto de usos periódicos, as liquidacións resultantes efectuaranse por meses anticipados e antes do primeiro día do mes a que corresponda.

4) A non celebración do espectáculo previsto só dará dereito a devolución do prezo público aboado, cando sexa o propio Concello o responsable da súa non celebración, non tendo o solicitante dereito a reclamar danos e perdas.

Artigo 7º.- Comunicacións.

Unha vez resolta a solicitude pola Alcaldía, efectuarase a comunicacións aos interesados.

Artigo 8.- Dereito supletorio

No non previsto na presente ordenanza será de aplicación a vixente lexislación de réxime local e demais disposicións complementarias.

Disposición final.

A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno celebrado o día 24 de Xuño de 1999 e entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da  Provincia, e permanecerá vixente ata que non se acorde, expresamente, a súa modificación ou derogación.