Tordoia - ORDENANZA FISCAL Nº 12, REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

Publicación provisional: 24/06/1999 BOP Nº: 00
Publicación definitiva: 24/06/1999 BOP Nº: 00
Aplicable dende: 01/01/2012

Artigo 1. Concepto

De conformidade co previsto no art. 57 e 20.4.o) do Texto refundido da Lei de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, este Concello establece a Taxa pola utilización de piscinas e das instalacións deportivas.

Artigo 2. Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible deste tributo o uso e utilización do polideportivo municipal sito en Pontepedra.

Artigo 3. Obrigadas ao pagamento

Están obrigadas ao pagamento desta taxa as persoas naturais ou xurídicas que solicitaren a utilización das instalacións deportivas e as entidades, os organismos, as asociacións, as federacións, os clubs, etc., en cuxo nome se solicita a autorización para utilizar as instalacións.

Artigo 4. Contía

Por cada hora ou fracción: 10 euros

Cando o Concello organice directamente algunha actividade de carácter especial, sexa ou non deportiva, poderá establecer unha cota de entrada.

Artigo 5. Solicitudes de uso

1 As persoas, clubs, entidades, federacións, etc., que desexan utilizar as instalacións deberán solicitalo por escrito, con, cando menos, tres días de antelación, perante o Concello. Na solicitude deberase expresar os días e as horas que desexan efectuar a utilización e demais circunstancias que estimaren oportunas.

2 As solicitudes debidamente tramitadas serán resoltas polo alcalde -presidente ou pola persoa en que delegue. No momento de comunicar a concesión do uso da instalación, deberá ingresarse nunha conta bancaria de titularidade municipal o importe da taxa correspondente, sen que, en ningún caso, se abrirán as instalacións sen presentar a correspondente autorización e o xustificante de ingreso perante a persoa responsable.

3 No caso das persoas abonadas, terán esta consideración aquelas que o soliciten ao Concello en instancia normalizada dirixida ao alcalde, unha instancia que se poderá recoller, ademais de na Casa Consistorial, nas propias instalacións municipais. Acompañando á instancia debidamente cuberta, xuntarase o xustificante de ter feito o ingreso da primeira cota na entidade bancaria correspondente. En ningún caso se admitirán pagamentos en efectivo nas instalacións municipais.

Artigo 6. Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables

De conformidade co disposto no artigo 9 do Real decreto lexislativo 2/2004, non se recoñece ningún beneficio tributario, agás os que foren consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou veñan previstos en normas con rango de lei.

2 Os interesados na obtención de exencións ou bonificacións sobre o importe das tarifas que crean ter dereito de obtelas deberán solicitalo ao concello facendo constar as circunstancias que xustifiquen a súa solicitude.

Disposición final.-

A presente modificación da ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno do Concello de Tordoia en sesión celebrada o día 26 de Outubro de 2011 , comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2012, mantendo a súa vixencia ata a súa modificación ou derrogación expresa.