Tordoia - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Artigo 1.º.-Concepto.
De conformidade co previsto no art. 57 e 20.4.o) do texto refundido da Lei de facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, este Concello establece a taxa pola utilización das instalacións deportivas.
Artigo 2.º.-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible deste tributo:
a) O uso do pavillón polideportivo municipal.
b) O uso do ximnasio municipal.
c) O uso dos campos de fútbol.
Artigo 3.º.-Obriga de contribuír.
A obrigación de contribuír nacerá desde que se acceda á instalación.
Artigo 4.º.-Suxeito pasivo.
Están obrigadas ao pagamento desta taxa as persoas naturais ou xurídicas que solicitaren a utilización das instalacións obxecto de regulamento.
Artigo 5.º.-Cota tributaria.
As tarifas para aplicar serán as seguintes:
5.1. Pavillón polideportivo.
Por cada hora: 10,00 €
Por media hora: 5,00 €
Cando o Concello organice directamente algunha actividade de carácter especial, sexa ou non deportiva, poderá establecer unha cota de entrada.
5.2. Ximnasio.
5.2.1. Entrada xeral:
Entrada individual: 2,00 €
Abono mensual:
Menores de 18 anos: 10,00€/mes
Maiores de 18 anos: 15,00€/mes
Maiores de 65 anos: 10,00 €/mes
Aerobic: 10,00 €/mes
Abono familiar:
Titular: 15,00 €/mes
Cónxuxe: 6,00 €/mes
Cada fillo menor de 18 anos: 3,00 €/mes
5.2.2. Entrada de mañán:
Abono individual de pola mañán de luns a venres:
Adultos: 12,00 €/mes
Maiores de 65 anos: 6,00 €/mes
Abono familiar de pola mañán de luns a venres:
Titular: 12,00 €/mes
Cónxuxe: 5,00 €/mes
5.3. Campos de fútbol.
Por hora:
Sen luz: 30,00 €
Con luz: 40,00 €
Artigo 6.º. Solicitudes de uso.
6.1. Polideportivo.
6.1.1.-As persoas que desexan utilizar as instalacións deberán solicitalo por escrito, con, cando menos, tres días de antelación, perante o Concello. Na solicitude deberase expresar os días e as horas que desexan efectuar a utilización e demais circunstancias que estimaren oportunas.
6.1.2.-As solicitudes debidamente tramitadas serán resoltas polo alcalde-presidente ou pola persoa en que delegue. No momento de comunicar a concesión do uso da instalación, deberá ingresarse nunha conta bancaria de titularidade municipal o importe da taxa correspondente, sen que, en ningún caso, se abrirán as instalacións sen presentar a correspondente autorización e o xustificante de ingreso perante a persoa responsable.
6.1.3.-No caso de persoas abonadas, terán esta consideración aquelas que o soliciten ao Concello en instancia normalizada dirixida ao alcalde, unha instancia que se poderá recoller, ademais de na Casa Consistorial, nas propias instalacións municipais. Acompañando á instancia debidamente cuberta, xuntarase o xustificante de ter feito o ingreso da primeira cota na entidade bancaria correspondente. En ningún caso se admitirán pagamentos en efectivo nas instalacións municipais.
6.2. Ximnasio.
6.2.1.-No caso de persoas abonadas, terán esta consideración aquelas que o soliciten ao Concello en instancia normalizada dirixida ao alcalde, unha instancia que se poderá recoller, ademais de na Casa Consistorial, nas propias instalacións municipais. Acompañando á instancia debidamente cuberta, xuntarase o xustificante de ter feito o ingreso da primeira cota na entidade bancaria correspondente. En ningún caso se admitirán pagamentos en efectivo nas instalacións municipais.
6.2.2.-Para darse de baixa no aboamento ou no curso deberá ser solicitada polos interesados por escrito na propia instalación, a través dos formularios dispoñibles para o devandito trámite, antes do día 25 do mes anterior ao que se produza a baixa.
6.2.3.-A dita baixa será de oficio para aqueles participantes que non paguen dúas mensualidades consecutivas; así mesmo, a entidade xestora poderá dar de baixa como abonado a aqueles que reiteradamente incorran na tardanza do pagamento das cotas que lles sexan aplicábeis.
6.2.4.-Aos menores de 14 anos prohíbeselle o acceso á sala de musculación. Entre 14 e 16 anos só poderán acceder nos horarios nos que estivese presente o monitor/a de sala. Consultar horarios na propia instalación.
6.3.-Campos de fútbol.
6.3.1.-As persoas que desexan utilizar as instalacións deberán solicitalo por escrito, con, cando menos, tres días de antelación, perante o Concello. Na solicitude deberase expresar os días e as horas que desexan efectuar a utilización e demais circunstancias que estimaren oportunas.
6.3.2.-As solicitudes debidamente tramitadas serán resoltas polo alcalde-presidente ou pola persoa en que delegue. No momento de comunicar a concesión do uso da instalación, deberá ingresarse nunha conta bancaria de titularidade municipal o importe da taxa correspondente, sen que, en ningún caso, se abrirán as instalacións sen presentar a correspondente autorización e o xustificante de ingreso perante a persoa responsable.
6.3.3.-No caso de persoas abonadas, terán esta consideración aquelas que o soliciten ao Concello en instancia normalizada dirixida ao alcalde, unha instancia que se poderá recoller, ademais de na Casa Consistorial, nas propias instalacións municipais. Acompañando á instancia debidamente cuberta, xuntarase o xustificante de ter feito o ingreso da primeira cota na entidade bancaria correspondente. En ningún caso se admitirán pagamentos en efectivo nas instalacións municipais.
Artigo 7.º.-Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
7.1.-De conformidade co disposto no artigo 9 do Real decreto lexislativo 2/2004, non se recoñece ningún beneficio tributario, agás os que foren consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou veñan previstos en normas con rango de lei.
7.2.-Os interesados na obtención de exencións ou bonificacións sobre o importe das tarifas que crean ter dereito de obtelas deberán solicitalo ao concello facendo constar as circunstancias que xustifiquen a súa solicitude.
Disposición final.
A presente ordenanza foi aprobada inicialmente polo Pleno celebrado o día 25 outubro de 2012 e entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e permanecerá vixente ata que se acorde, expresamente, a súa modificación ou derrogación.