Baña A - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACION DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Artigo1º. Fundamento e natureza
1.1 En uso das facultades concedidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei7/1985,do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade eco disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo , polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e artigo81da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.
1.2 O Concello de A Baña establece a taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar atendendo ao establecido nos artigos 20.4 e 57 do citado Real decreto lexislativo polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais.
1.3 O servizo público de Axuda no fogar configurase como unha prestación do Sistema público de Benestar Social establecida na Lei 39/2006 do 14 de Decembro de Promoción da Autonomía persoal e de Atención as persoas en situación de dependencia e demais normativa estatal de desenvolvemento,Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia e demais na normativa de carácter autonómico que desenvolve a Autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma, e en especial a Orde de 22 de xaneiro do 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar (DOG nº22 do 2/02/2009).
1.4 As atencións que se prestan son as reflectidas no Regulamento Municipal do Servizo de axuda no fogar no Concello de A Baña
Artigo 2º. Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación por este concello do servizo público de axuda no fogar.
Artigo3 º. Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refiren o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria e 23 da Lei 39/88, de 28 de decembro, que sexan receptoras e se beneficien das prestacións do servizo de axuda no fogar.
Artigo 4º. Responsables.
Artigo 5º. Base Impoñible.
A base impoñible deste tributo calcularase en función do Indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM).
Artigo 6º. Cota Tributaria.
6.1 . O prezo/hora queda establecido en 12 €/hora de prestación do servizo. Sen embargo, as tarifas graduaranse segundo o seguinte cadro:
Ingresos relacionados Co IPREM | Copagamento |
Ata o 100%do IPREM | 0% |
Entre o 100% e o 200% | 10% |
Entre o 200%e o 250% | 15% |
Entre o 250% e o 300% | 20% |
Entre o 300%e o 350% | 25% |
Entre o 350%e o 400% | 30% |
Entre o 400% e o 450% | 35% |
Entre o 450% e o 500% | 50% |
Do 500% en adiante | 65% |
6.2 Sen prexuízo do disposto no numero anterior, poderán preverse excepcións aos criterios xerais nos casos en que a problemática principal atendida sexa a desestructuración familiar e se procure a protección e integración social de menores de idade en risco de exclusión , mediante resolución motivada do órgano competente para acordar a concesión do servizo, da que en todo caso deberá deixarse constancia no correspondente expediente.
6.3 Aos efectos deste artigo considerase persoa usuaria aquela para a que se solicite o servizo. No caso de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria un dos membros adultos da unidade de convivencia responsables dos menores que formen parte dela.
6.4 A capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar calcularase en atención a súa renda e, se e o caso, ao seu patrimonio
6.5 A renda valorarase atendendo aos ingresos netos que se perciban, e comprenderan:
Os rendementos de traballo, incluídas pensións e prestacións de previsión social, calquera que sexa o seu réxime.
Os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario.
Os rendementos das actividades económicas.
As ganancias e perdas patrimoniais.
6.6 No caso de que a persoa usuaria tivera cónxuxe parella de feito, as rendas de ambos os dous terán a consideración de rendas computables, entendéndose neste caso por renda persoal a metade da suma dos ingresos de ambos os dous membros da parella.
6.7.1 A capacidade económica por razón da renda determinarase dividindo a renda ou rendas computables, de acordo co número anterior, entre a suma das seguintes persoas que conviven: o perceptor ou perceptores de rendas computadas e, se e o caso, o cónxuxe e os ascendentes ou fillos /as menores de 25 anos, ou maiores desta idade en situación de discapacidade, que dependesen economicamente dos citados perceptores.
6.7.2 Para o cómputo da renda ou do patrimonio teranse en conta os datos correspondentes a última declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida.
Artigo 7º. Devengo e período impositivo.
A taxa devengarase co comezo da prestación do servizo de axuda no fogar.
O período impositivo coincidirá co mes natural, liquidándose o primeiro día do mes natural seguinte, e ratéase por días nos supostos en que a dita prestación non se realice polo mes completo.
Artigo 8º. Liquidación .
As liquidacións practicaranse por meses naturais, aboándose cada mensualidade nos cinco primeiros días naturais do mes.
A tal efecto e para a prestación do servizo de axuda a domicilio, elaborarase un padrón ou lista cobratoria mensual, na que se reflictan as incidencias ou alteracións respecto do mes anterior. Nos supostos en que a cota tributaria a satisfacer polos suxeitos pasivos sexa igual ou inferior a 10.00€, a Administración poderá acumular a un mesmo suxeito pasivo, as liquidacións tributarias mensuais practicadas ata un máximo de tres cotas tributarias.
O pagamento efectuarase mediante cargo na conta corrente ou libreta de aforros que a persoa solicitante ou usuaria do servizo de axuda no fogar deberá indicar no modelo oficial que lle será facilitado polo concello.
Artigo 9º. Normas de xestión.
9.1 a presentación das solicitudes, documentación esixible así como o cálculo dos ingresos da unidade de convivencia, regularanse segundo o disposto na presente ordenanza fiscal e na Ordenanza reguladora do servizo municipal de axuda no fogar.
9.2 A forma de prestación do servizo , a súa autorización ou cese, así como a prórroga , regularase de acordo co disposto na Ordenanza reguladora do servizo municipal de axuda no fogar.
9.3 A baixa da prestación do servizo terá efectos ao día seguinte en que se pida ou se declare de oficio por esta Administración.
9.4. O Concello de A Baña revisará anualmente os prezos base do servizo, e adaptará porcentaxes correspondentes ás aportacións das persoas usuarias segundo as modificacións que poderán emanar dos órganos autonómicos correspondentes. En ambos casos, de darse modificacións, comunicarase por escrito as persoas usuarias.