Ares - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVICIOS NO MOSTEIRO DE SANTA CATALINA DE MONTEFARO E AS SÚAS INSTALACIÓNS.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 23/12/2011 BOP Nº: 243
Aplicable dende: 01/01/2012

Artigo 1.-Fundamento e obxecto.

En uso das facultades conferidas polos artigo 133.2 e 144 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, o Concello de Ares establece a taxa pola prestación de servicios nos Mosteiro de Santa Catalina e as súas instalacións, a que se refire o artigo 20.4.w) da citada Lei 39/1988, na redacción dada pola Lei 25/1998, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, e de que as normas atenden ó previsto no artigo 58 da citada Lei reguladora das facendas locais.

2.-Feito imponible.

Constitúe o feito imponible desta taxa a prestación dos seguintes servicios:

- A entrada, visita e uso das instalacións do mosteiro de Santa Catalina.

Artigo 3.-Beneficios fiscais.

Aplicaranse os beneficios fiscais previstos nas normas con rango de lei e nos tratados internacionais.

Artigo 4.-Suxeitos pasivos.

A.-É suxeito pasivo, en concepto de contribuínte, a persoa física ou xurídica e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que solicite a utilización das instalacións, visitas ou a prestación dos servicios suxeitos e quen as utilicen aínda sen ter obtido a preceptiva autorización.

B.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

C.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e dos síndicos, interventores e liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.-Base imponible.

A cota tributaria determinarase mediante o sistema de cotas fixas, conforme as tarifas fixadas no artigo seguinte.

Artigo 6.-Tarifas.

A) Entrada e visita das instalacións do mosteiro de Santa Catalina de Montefaro.

1.1. Entrada Xeral: 0,82 euros persoa.

1.2. Entrada Reducida: 0,41 euros persoa.

1.3. A Tarifa reducida a que se refire o apartado anterior será de aplicación nos seguintes casos:

A) Menores de catorce anos, titulares do carné novo e maiores de 65 anos.

B) Grupos escolares de centros que no pertenzan ó municipio de Ares, en visita previamente concertada.

C) Público en xeral os días que, en cada caso concreto, autorice a comisión de goberno.

1.1. Cota cero na entrada e visita:

A) Grupos escolares de centros pertencentes ó municipio de Ares, en visita previa concertada.

B) Visitas patrocinadas polo Concello, previa resolución da Alcaldía ou da Concellería de Cultura que así o declare.

B) Utilización das instalacións do mosteiro de Santa Catalina de Montefaro.

1.1. Utilización das instalacións para sesións fotográficas de vodas, bautizos, primeiras comunións, celebracións e actos asimilables: 81,77 euros

1.2. Utilización singular ou excepcional das instalacións. A tarifa será fixada pola Comisión municipal de goberno para cada caso concreto atendendo ó custo do servicio solicitado, sen que en ningún caso sexa inferior a 40,88 euros, ou superior a 204,51 euros

1.3. Cando a utilización singular ou excepcional das instalacións do mosteiro impida o normal uso das mesmas polo público en xeral, a tarifa será de 286,35 euros/día sen que en ningún caso dito uso exclusivo poida exceder illada ou conxuntamente 15 días por semestre.

Artigo 7.-Retribución.

Retribúese a taxa e nace a obriga de contribuír desde que se solicita a prestación dos servicios regulados nesta ordenanza. Nos supostos xerais de entrada, entenderase solicitada no momento de presentarse no despacho de entradas ou accesos manifestando verbalmente a petición. Nos supostos en que medie solicitude expresa, retribuirase a taxa no momento da súa presentación.

Artigo 8.-Normas de xestión.

A) A xestión e recadación da taxa correspondente corresponde baixo o control da Tesourería municipal, ó servicio municipal de Cultura.

B) Nos supostos de entradas para as visitas das instalacións, o pago esixirase e acreditarase por medio do boleto ou ticket que se obterá e expedirá no acceso ás instalacións e aboarase antes de ingresar nas instalacións.

Cando medie autorización previa, ó solicitar a súa concesión aboarase o importe estimado da taxa en concepto de depósito previo. A resolución que se dicte aprobará a liquidación provisional ordenando a imputación a esta do depósito constituído ou a devolución total ou parcial desta se así procedese.

C) As cotas teñen carácter irreductible.

D) A comisión municipal de goberno poderá autoriza-la celebración de convenios nos que se reduza ata o 50% do importe da entrada a aboar polos visitantes das instalacións no momento de acceder a elas, quedando obrigada a entidade coa que se celebre o convenio. O convenio que se celebre determinará a garantía que debe prestar a entidade para garanti-lo pagamento.

Artigo 9.-Infraccións e sancións tributarias.

Para a cualificación das infraccións tributarias, asemade como das sancións que a estas corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposición final.

A presente ordenanza, que consta de nove artigos, aprobouse polo Concello pleno na sesión celebrada o día 7 de xullo de 2000, entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación definitiva co texto íntegro e producirá efectos en tanto non se acorde a súa derrogación ou modificación, quedando en todo caso sen efecto cando o mosteiro de Santa Catalina e as súas instalacións revertan ben polo transcurso do prazo fixado no acordo de cesión de uso ó Concello de Ares do Mosteiro de Catalina de Montefaro ou por calquera dos supostos de reversión anticipada, continuando en vigor se rematado o prazo de cesión a este é prorrogado por ámbalas dúas partes, Concello de Ares e Ministerio de Defensa ou organismo que o substitúa.