Ares - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVICIOS NO MOSTEIRO DE SANTA CATALINA DE MONTEFARO E AS SÚAS INSTALACIÓNS.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 26/01/2018 BOP Nº: 19
Aplicable dende: 27/01/2018

Artigo 1.-Fundamento e obxecto.

Esta Entidade Local, en uso das facultades contidas nos artigos 41 a 47 e 127 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais,establece o presente prezo público pola entrada, visita e uso do Mosteiro de Santa Catalina situado en Montefaro.

2.-Feito imponible.

Constitúe o feito imponible desta taxa a prestación dos seguintes servizos:

- A entrada, visita e uso das instalacións do mosteiro de Santa Catalina.

- Instalacións obxecto do feito impoñible de uso: comedor grande, comedor pequeno, claustro, patio interior do claustro, cociñas.

Artigo 3.-Beneficios fiscais.

Aplicaranse os beneficios fiscais previstos nas normas con rango de lei e nos tratados internacionais.

Artigo 4.-Suxeitos pasivos.

A. É suxeito pasivo, en concepto de contribuínte, a persoa física ou xurídica e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que solicite a utilización das instalacións, visitas ou a prestación dos servizos suxeitos e quen as utilicen aínda sen obter a preceptiva autorización.

B. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

C. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e dos síndicos, interventores e liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.-Base imponible.

A cota tributaria determinarase mediante o sistema de cotas fixas, conforme as tarifas fixadas no artigo seguinte.

Artigo 6.-Tarifas.

A) Entrada e visita das instalacións do mosteiro de Santa Catalina de Montefaro (no seu caso).

1.1. Entrada Xeral: 1 euro/ persoa.

1.2. Entrada Reducida: 0,50 euros persoa ( menores de entre 12 e 18 anos, xubilados, pensionistas, posuidores de certificado de discapacidade, familias numerosas).

1.3. Veciñanza de Ares: de balde.

B) Utilización das instalacións do mosteiro de Santa Catalina de Montefaro.

1.1. Utilización das instalacións só para sesións fotográficas de casamentos, bautizos, primeiras comunións, celebracións e actos asimilables (sen uso exclusivo): 80 euros (5 horas).

Non inclúe limpeza da instalación polo que o solicitante deberá deixala limpa tras o seu uso.

1.2. Utilización singular ou excepcional dalgunha das instalacións sen uso exclusivo. A tarifa será 100 euros por 5 horas ou 300 euros polo día natural.

Non inclúe limpeza da instalación polo que o solicitante deberá deixala limpa tras o seu uso.

1.3. Cando a utilización singular ou excepcional das instalacións solicitadas do mosteiro impida o normal uso do resto das instalacións relacionadas no artigo 2 polo público en xeral, ou se solicite o uso de todas elas (uso exclusivo) a tarifa será de 400 euros/día natural, sen posibilidade de fracción e sen que en ningún caso dito uso exclusivo poida exceder de 3 días continuados.

Non inclúe limpeza da instalación polo que o solicitante deberá deixala limpa tras o seu uso.

Os períodos/días/horas solicitados deberán incluír tamén o tempo necesario para a montaxe e desmontaxe das instalacións móbiles que os solicitantes necesiten colocar así como da súa limpeza.

Estarán exentos do pago da correspondente taxa:

-Con relación ao apartado a) 1.1 do artigo 6: menores de 12 anos e alumnado dos centros de ensinanza canda asistan en visita colectiva organizada.

-Con relación ao apartado b) 1.2 e 1.3 do artigo 6°: ¿as entidades, asociacións e agrupacións que soliciten o seu uso con fins colectivos previo acordo favorable da xunta de goberno tendo en conta a súa vinculación co concello de Ares, os/as destinatario/as e/ou a actividade que desenvolver¿.

Artigo 7.-Retribución.

Retribúese a taxa e nace a obriga de contribuir desde que se comunica a resolución de autorizar a prestación dos servizos regulados nesta ordenanza.

Artigo 8.-Normas de xestión.

A) A xestión e recadación da taxa correspondente corresponde baixo o control da Tesourería municipal, ó servizo municipal de Cultura e/ ou Patrimonio.

B) Nos supostos de entradas para as visitas das instalacións, o pago esixirase e acreditarase por medio do boleto ou ticket que se obterá e expedirá no acceso ás instalacións e aboarase antes de ingresar nas instalacións.

C) Cando medie autorización previa, ó recibir a resolución de autorización da prestación aboarase o importe fixado nesta como taxa, así como un depósito/fianza que garantice a devolución das instalacións no estado no que foron entregadas:

- No caso das solicitudes en virtude do artigo 6. B) 1.1 e 1.2 unha cantidade igual a un tercio da taxa resultante.

- No caso das solicitudes en virtude do artigo 6. B) 1.3 unha cantidade igual á metade da taxa resultante.

As persoas solicitantes recuperarán o depósito/fianza previa comprobación de que se cumpriron as obrigas recollidas nesta ordenanza. No caso de non achegar xustificación de pagamento destes dous conceptos antes da data solicitada non se permitirá o uso das instalacións aínda de ter ditada resolución de autorización.

C) As cotas teñen carácter irredutible.

Artigo 9.-Infraccións e sancións tributarias.

Para a cualificación das infraccións tributarias, asemade como das sancións que a estas corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposición final.

A presente ordenanza, que consta de nove artigos, aprobouse polo Concello pleno na sesión celebrada o día 27 de decembro do 2017, e entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación definitiva co texto íntegro e producirá efectos en tanto non se acorde a súa derrogación ou modificación, quedando en todo caso sen efecto cando o mosteiro de Santa Catalina e as súas instalacións atópense en obras que impidan a súa visita, revertan ben polo transcurso do prazo fixado no acordo de cesión de uso ó Concello de Ares do Mosteiro de Catalina de Montefaro ou por calquera dos supostos de reversión anticipada, continuando en vigor se rematado o prazo de cesión a este é prorrogado por ámbalas dúas partes, Concello de Ares e Ministerio de Defensa ou organismo que o substitúa."