Ares - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVICIOS NO MOSTEIRO DE SANTA CATALINA DE MONTEFARO E AS SÚAS INSTALACIÓNS.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 01/02/2019 BOP Nº: 23
Aplicable dende: 02/02/2019

Artigo 1.-Fundamento e obxecto.

Esta Entidade Local, en uso das facultades contidas nos artigos 41 a 47 e 127 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais,establece o presente prezo público pola entrada, visita e uso do Mosteiro de Santa Catalina situado en Montefaro.

Artigo 2.-Feito imponible.

Constitúe o feito imponible desta taxa a prestación dos seguintes servizos:

- A entrada, visita e uso das instalacións do mosteiro de Santa Catalina.

Instalacións obxecto do feito impoñible de uso: comedor grande, comedor pequeno, patio interior do claustro, cociñas.

O resto dos espazos non serán obxecto de aluguer e polo tanto de uso polos solicitantes ( especial referencia neste sentido ao patio de entrada ao mosteiro e a capela ) permitindo o acceso a posibles visitantes por tratarse dun ben de interese cultural (BIC )

Artigo 3.-Beneficios fiscais.

Aplicaranse os beneficios fiscais previstos nas normas con rango de lei e nos tratados internacionais.

Artigo 4.-Suxeitos pasivos.

A.-É suxeito pasivo, en concepto de contribuínte, a persoa física ou xurídica e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que solicite a utilización das instalacións, visitas ou a prestación dos servizos suxeitos e quen as utilicen aínda sen obter a preceptiva autorización.

B.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

C.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e dos síndicos, interventores e liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.-Base imponible.

A cota tributaria determinarase mediante o sistema de cotas fixas, conforme as tarifas fixadas no artigo seguinte.

Artigo 6.-Tarifas.

A) Entrada e visita das instalacións do mosteiro de Santa Catalina de Montefaro (no seu caso).

1.1. Entrada Xeral: 1 euro/ persoa.

1.2. Entrada Reducida: 0,50 euros persoa ( menores de entre 12 e 18 anos, xubilados, pensionistas, posuidores de certificado de discapacidade, familias numerosas).

1.3 Veciñanza de Ares: de balde.

B) Utilización das instalacións do mosteiro de Santa Catalina de Montefaro.

1.1. Utilización das instalacións só para sesións fotográficas de casamentos, bautizos, primeiras comunións, celebracións e actos asimilables ( sen uso exclusivo): 80 euros ( 5 horas ).

Non inclúe limpeza da instalación polo que o solicitante deberá deixala limpa tras o seu uso.

1.2. Utilización singular ou excepcional dalgunha das instalacións sen uso exclusivo. A tarifa será 100 euros por 5 horas ou 300 euros polo día.

Non inclúe limpeza da instalación polo que o solicitante deberá deixala limpa tras o seu uso.

1.3. Cando a utilización singular ou excepcional das instalacións solicitadas do mosteiro impida o normal uso do resto das instalacións relacionadas no artigo 2 polo público en xeral, ou se solicite o uso de todas elas ( uso exclusivo ) a tarifa será de 400 euros/día , sen posibilidade de fracción e sen que en ningún caso dito uso exclusivo poida exceder de 2 días continuados.

A denominación uso exclusivo non exclúe a posibilidade da entrada libre aos espazos non alugables ao tratarse dun BIC

Non inclúe limpeza da instalación polo que o solicitante deberá deixala limpa tras o seu uso.

Os períodos/días/horas solicitados deberán incluír tamén o tempo necesario para a montaxe e desmontaxe das instalacións móbiles que os solicitantes necesiten colocar así como da súa limpeza ( os refugallos non poderán depositarse nos colectores ubicados dentro do mosteiro ).

No caso de que se aluguen os espazos os domingos, os solicitantes deberán deixar recollidos e limpos todos os espazos utilizados antes das 12:00 am, para o correcto desenvolvemento das visitas guiadas polo mosteiro.

1.4 Horarios posibles de aluguer : De luns a venres de 8:00 a 01:00.

Sábados: de 08:00 a 04:00

Domingos: de 08:00 a 12:00 e de 15:00 a 01:00

Estarán exentos do pago da correspondente taxa:

-Con relación ao apartado a) 1.1 do artigo 6: menores de 12 anos e alumnado dos centros de ensinanza canda asistan en visita colectiva organizada.

-Con relación ao apartado b) 1.2 e 1.3 do artigo 6º: ¿as entidades, asociacións e agrupacións que soliciten o seu uso con fins colectivos previo acordo favorable da xunta de goberno tendo en conta a súa vinculación co concello de Ares, os/as destinatario/as e/ou a actividade que desenvolvan".

Artigo 7.-Retribución.

Retribúese a taxa e nace a obriga de contribuír desde que se comunica a resolución de autorizar a prestación dos servizos regulados nesta ordenanza.

Artigo 8.-Normas de xestión.

A) A xestión e recadación da taxa correspondente corresponde baixo o control da Tesourería municipal, ó servizo municipal de Cultura e/ ou Patrimonio.

B) Nos supostos de entradas para as visitas das instalacións, o pago esixirase e acreditarase por medio do boleto ou ticket que se obterá e expedirá no acceso ás instalacións e aboarase antes de ingresar nas instalacións.

C) Cando medie autorización previa, ó recibir a resolución de autorización da prestación aboarase o importe fixado nesta como taxa, así como un depósito/fianza que garantice a devolución das instalacións no estado no que foron entregadas:

- No caso das solicitudes en virtude do artigo 6. B) 1.1 e 1.2 unha cantidade igual a un tercio da taxa resultante.

- No caso das solicitudes en virtude do artigo 6. B) 1.3 unha cantidade igual á metade da taxa resultante.

As persoas solicitantes deberán solicitar a devolución do depósito/fianza tras o remato do acto/celebración, que se executará previa comprobación de que se cumpriron as obrigas recollidas nesta ordenanza. No caso de non achegar xustificación de pagamento destes dous conceptos antes da data solicitada non se permitirá o uso das instalacións aínda de ter ditada resolución de autorización.

C) As cotas teñen carácter irredutible.

Artigo 9.-Infraccións e sancións tributarias.

Para a cualificación das infraccións tributarias, asemade como das sancións que a estas corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposición final.

A presente ordenanza, que consta de nove artigos, aprobouse polo Concello pleno na sesión celebrada o 28/11/2018, entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación definitiva co texto íntegro e producirá efectos en tanto non se acorde a súa derogación ou modificación, quedando en todo caso sen efecto cando o mosteiro de Santa Catalina e as súas instalacións atópense en obras que impidan a súa visita, revertan ben polo transcurso do prazo fixado no acordo de cesión de uso ó Concello de Ares do Mosteiro de Catalina de Montefaro ou por calquera dos supostos de reversión anticipada, continuando en vigor se rematado o prazo de cesión a este é prorrogado por ámbalas dúas partes, Concello de Ares e Ministerio de Defensa ou organismo que o substitúa.