Laracha A - Ordenanza fiscal nº 11, reguladora da taxa pola ocupación da vía pública con postos, barracas, casetas de venta, espectáculos, atraccións ou recreo situados en terreos de uso público local, así como industrias da rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica
Artigo 1.- Fundamento e réxime.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, o Concello de A Laracha establece a "Taxa por ocupación da vía pública con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións de recreo situadas en terreos de uso público local, así como industrias da rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico".
Artigo 2. - Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible deste tributo a ocupación de terreos de uso público municipal con instalacións de carácter non fixo, para o exercicio de actividades de venta de calquera clase, e con aquelas destinadas a espectáculos ou recreos e rodaxe cinematográfico, así como o exercicio de industrias da rúa e ambulantes.
Artigo 3. -Devengo.
A obriga de contribuír nace desde o momento en que o aproveitamento autorizado para a instalación de postos, espectáculos, recreos na vía pública, rodaxe cinematográfico e para o exercicio de industria da rúa ambulante se efectúe, ou desde que se realice o aproveitamento se se fixera sen a oportuna autorización.
Artigo 4. - Suxeitos pasivos.
Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, a quen se autorice para efectuar o aproveitamento especial do dominio público local.
Artigo 5. - Base impoñible e liquidable.
Tomarase como base do presente tributo, o metro cadrado de superficie ocupada polo posto, instalación ou actividade que se autorice, valorado segundo a tarifa desta ordenanza, os días naturais de ocupación, e cada mesa ou cadeira instalada na vía pública polos establecementos industriais, e o prazo polo que se autorice a industria da rúa ou ambulante ou o rodaxe cinematográfico.
Artigo 6.- Cota tributaria.
Tarifa primeira: FEIRA DE PAIOSACO (1º E 3º domingo de cada mes )
1º. - Licenzas para ocupación de terreos con postos ou vehículos destinados á venda de produtos alimenticios, por cada metro cadrado ou fracción: 1,90 euros.
2º. - Licenzas para a ocupación de terreos destinados á instalación de postos ou vehículos para a venda de produtos non incluídos no apartado anterior, por cada metro cadrado ou fracción: 1,90 euros.
Inclúese no apartado primeiro entre outros os seguintes produtos: bocadillos, hamburguesas, chocolates, algodón doce, xeados, larpeiradas e frituras.
No apartado 2º inclúense todos os produtos de carácter non alimenticio, entre outros: xoguetes, cerámicas, bixutería e marroquinaría, utensilios de ferraxaría e artigos do fogar ou roupa.
A administración municipal, na ocupación de terreos destinados para venda non específica nos epígrafes anteriores aplicará as que proceda por analoxía.
Tarifa segunda: INDUSTRIAS DA RÚA E AMBULANTES NOUTROS NÚCLEOS DE POBOACIÓN.
1º. - Postos de venda de froitas, hortalizas, froitos secos e demais produtos alimenticios, por día: 1,05 euros.
2º. - Postos destinados á venda de xoguetes, bixutería e marroquinaría, zapataría, roupa, ferraxaría e artigos do fogar ou análogos, por día: 1,05 euros.
A administración municipal clasificará as vendas en ambulancia non especificadas nos epígrafes anteriores, por analoxía coas que figuren nestes.
Artigo 7. - Responsables.
O réxime de responsabilidades axustarase ó previsto nos artigos 41 a 43 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.
Artigo 8. - Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou os previstos en normas con rango de lei.
O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais non estarán obrigados ó pago das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público polos aproveitamentos inherentes ó servicios públicos de comunicacións que exploten directamente e por tódolos que inmediatamente interesen á seguridade cidadá ou á defensa nacional.
Artigo 9. - Normas de xestión.
1. - As persoas naturais ou xurídicas interesadas en obter autorización para a colocación de postos ou outras instalacións na vía pública presentarán no Concello solicitude detallada da extensión, duración e carácter do aproveitamento, á que acompañarán o croquis correspondente do lugar exacto do emprazamento da instalación.
2. - Os titulares dos aproveitamentos, ó caduca-la licencia concedida para os mesmos, deberán proceder a retirar da vía pública as instalacións e se non o fixeran o Concello farase cargo das mesmas, se foran utilizables, ou adoitará as medidas necesarias para a súa utilización.
Artigo 10. - Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ó disposto no Título IV da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente modificación, aprobada por acordo plenario de data 24 de novembro de 2004, entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, mantendo a súa vixencia en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente.