Ribeira - Ordenanza fiscal núm. 32, reguladora da taxa polo servizo do conservatorio municipal de música
ARTIGO 1.- Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 ca Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos
ARTIGO 2.- Feito imponible.
Constitúe o feito imponible da taxa:
a) A utilización dos diversos servicios, instalacións e bens establecidos do Conservatorio Municipal de Música.
b) A utilización dos diversos servicios, instalacións e bens da Escola Municipal de Música.
ARTIGO 3.- Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos da taxa regulada nesta ordenanza as persoas físicas e xurídicas, e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que se matriculen no Conservatorio Municipal de Música ou nas distintas alternativas da Escola Municipal de Música, segundo as tarifas sinaladas no artigo 6º desta Ordenanza.
ARTIGO 4.- Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 42 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas ou entidades que se recollen no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria e co alcance que sinala dito artigo.
ARTIGO 5.- Cota tributaria.
A cota tributaria da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no artigo seguinte.
ARTIGO 6.- Tarifas
As tarifas as que se refire o artigo anterior estructúranse nos seguintes epígrafes:
Epígrafe 1: Conservatorio Municipal de Música:
- Por cada materia ou disciplina:
* Matrícula oficial: 125,98 euros.
* Matrícula oínte: 126,10 euros.
* Matrícula libre: 60,17 euros.
- Gastos de admininistración: 18,11 euros.
- Apertura de expediente: 21,57 euros.
- Proba de acceso ó grao medio ou proba de madurez: 43,01 euros.
- Traslado de expediente a outro centro: 8,61 euros.
Epígrafe 2.- Escola Municipal de Música:
- Escolas Municipais de música: 100,99 euros/curso.
ARTIGO 7.- Declaración, liquidación e ingreso
1.-As matrículas para o Conservatorio ou para a Escola Municipal de Música aboaranse na Tesoureria Municipal no momento de proceder á inscrición, polo sistema de autoliquidación nos impresos establecidos ó efecto. Carecerá de validez toda matrícula formalizada sen acredita-lo pagamento desta taxa.
2.-Permítese o pago fraccionado, sen devengo de xuros de demora, en dúas autoliquidacións do 50 por 100 do importe das taxas correspondentes, a presentar nos meses de xullo e xaneiro de cada curso académico.
ARTIGO 8.- Infraccións e sancións.
En todo o relativo a calificación de infraccións tributarias así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza Fiscal, aprobada polo pleno do Concello en sesión de data