Ribeira - B.1.11 ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DO CONSERVATORIO MUNICIPAL DE MÚSICA
ARTIGO 1.- Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 ca Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa polo servizo do Conservatorio Municipal de Música, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, que nas súas normas atende ó previsto no artigo 57 do citado R.D.L. 2/2004.
ARTIGO 2.- Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación dos servicios consistentes na impartición de ensinanzas:
a) No Conservatorio Municipal de Música do Concello de Ribeira
b) Na Escola Municipal de Música do Concello de Ribeira.
ARTIGO 3.- Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos da taxa regulada nesta ordenanza as persoas físicas e xurídicas, e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que se matriculen no Conservatorio Municipal de Música ou nas distintas alternativas da Escola Municipal de Música, segundo as opcións das tarifas sinaladas no artigo 6 desta Ordenanza.
ARTIGO 4.- Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas ou entidades que se recollen no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria e co alcance que sinala dito artigo.
ARTIGO 5.- Cota tributaria.
A cota tributaria da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no artigo seguinte.
ARTIGO 6.- Tarifas.
As tarifas as que se refire o artigo anterior estrutúranse nos seguintes epígrafes:
Epígrafe 1: Conservatorio Municipal de Música (Grao Elemental ou Grao Profesional):
- Por cada materia ou disciplina e curso académico:
· Matrícula oficial: 132,22 €.
· Matrícula oínte: 132,22 €.
- Gastos xerais: 19,01 €.
- Proba de acceso: 45,15 €.
- Traslado de expediente a outro centro: 9,03 €.
A taxa correspondente ós dereitos de apertura de expediente será fixada pola Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia no Decreto correspondente. Estes dereitos serán satisfeitos polos alumnos no impreso de liquidación correspondente.
Epígrafe 2.- Escola Municipal de Música:
- Escolas Municipais de música: 105,99 €/curso.
ARTIGO 7.- Beneficios fiscais.-
1.- Establécense as seguintes bonificacións aplicables ás taxas do curso completo:
-Redución do 25 % para o segundo membro da mesma unidade familiar matriculado no centro, a aplicar sobre a menor das taxas.
-Redución do 50 % para o terceiro e seguintes membros da mesma unidade familiar matriculados no centro, a aplicar sobre a menor das taxas.
2. Exención para os estudantes que acrediten a imposibilidade económica da súa unidade familiar de facer fronte ó pago da Taxa, previo o informe dos Servicios Sociais municipais, tendo en conta os criterios que se utilizan para a adxudicación de vivendas sociais, o chamado módulo ponderado.
ARTIGO 8.- Devengo, declaración, liquidación e ingreso.
1. Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a prestación dos servicios ou a realización das actividades, aínda que se poderá esixi-lo depósito previo.
2. As matrículas para o Conservatorio ou para a Escola Municipal de Música aboaranse na Tesourería Municipal, a través das entidades financeiras colaboradoras, no momento de proceder á inscrición, polo sistema de autoliquidación nos impresos establecidos ó efecto. Carecerá de validez toda matrícula formalizada sen acreditar o pagamento desta taxa.
3. Permítese o pago fraccionado, necesariamente mediante domiciliación bancaria a formalizar no mesmo impreso da matrícula, sen devengo de xuros de demora, en dez mensualidades do 10 % do importe das taxas correspondentes, a aboar nos cinco primeiros días dos meses de setembro a xuño de cada curso académico. Anularase a matrícula, sen dereito académico ningún, de todo alumno que non aboe por completo o pago fraccionado. O incumprimento de pago dun prazo do fraccionamento provocará a esixenca inmediata da totalidade da matrícula pendente.
4. Nos supostos de baixa dun alumno por traslado do expediente a outro centro, se a solicitude se producise antes do día 1 de outubro, o usuario terá dereito á devolución do 100 % das taxas aboadas, anulándose os importes pendentes de cobramento.
ARTIGO 9.- Infraccións e sancións.
En todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza Fiscal, aprobada polo pleno do Concello en sesión de data 26 de outubro de 2020, entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.