Ribeira - B.1.11 ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DO CONSERVATORIO MUNICIPAL DE MÚSICA

Publicación provisional: 06/11/2013 BOP Nº: 211
Publicación definitiva: 30/12/2013 BOP Nº: 247
Aplicable dende: 01/01/2014

ARTIGO 1.- Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 ca Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa polo servicio do Conservatorio Municipal de Música, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, que nas súas normas ó previsto no artigo 57 do citado R.D.L. 2/2004.

ARTIGO 2.- Feito imponible.

Constitúe o feito imponible da taxa:

a) A utilización dos diversos servicios, instalacións e bens establecidos do Conservatorio Municipal de Música.

b) A utilización dos diversos servicios, instalacións e bens da Escola Municipal de Música.

ARTIGO 3.- Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos da taxa regulada nesta ordenanza as persoas físicas e xurídicas, e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que se matriculen no Conservatorio Municipal de Música ou nas distintas alternativas da Escola Municipal de Música, segundo as tarifas sinaladas no artigo 6º desta Ordenanza.

ARTIGO 4.- Responsables.

1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 42 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas ou entidades que se recollen no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria e co alcance que sinala dito artigo.

ARTIGO 5.- Cota tributaria.

A cota tributaria da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no artigo seguinte.

ARTIGO 6.- Tarifas

As tarifas as que se refire o artigo anterior estrutúranse nos seguintes epígrafes:

Epígrafe 1: Conservatorio Municipal de Música:

- Por cada materia ou disciplina:

· Matrícula oficial: 132,22 €.

· Matrícula oínte: 132,22 €.

- Gastos xerais: 19,01 €.

- Proba de acceso: 45,15 €.

- Traslado de expediente a outro centro: 9,03 €.

- A taxa correspondente ós dereitos de apertura de expediente será fixada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia no Decreto correspondente. Estes dereitos serán satisfeitos polos alumnos no impreso de liquidación correspondente.

Epígrafe 2.- Escola Municipal de Música:

- Escolas Municipais de música: 105,99 €/curso.

ARTIGO 7.- Declaración, liquidación e ingreso

1.-As matrículas para o Conservatorio ou para a Escola Municipal de Música aboaranse na Tesoureria Municipal no momento de proceder á inscrición, polo sistema de autoliquidación nos impresos establecidos ó efecto. Carecerá de validez toda matrícula formalizada sen acredita-lo pagamento desta taxa.

2.-Permítese o pago fraccionado, sen devengo de xuros de demora, en dúas autoliquidacións do 50 por 100 do importe das taxas correspondentes, a presentar nos meses de xullo e xaneiro de cada curso académico.

ARTIGO 8.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo a calificación de infraccións tributarias así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal, aprobada polo pleno do Concello en sesión de data 29-10-2007, entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 01-01-2008, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.