Redaccións

Brión - ORDENANZA FISCAL 20-PP REGULADORA DE PREZOS PÚBLICOS POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS CULTURAIS, EDUCATIVOS, DEPORTIVOS E DE OCIO

Publicación provisional: 02/08/2011 BOP Nº: 146
Publicación definitiva: 16/09/2011 BOP Nº: 178
Aplicable dende: 20/12/2011

Artigo 1.º. Fundamento.

De conformidade co previsto no artigo 41, en relación co 127, ámbolos dous do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e demais normativa concordante de aplicación, este Concello establece os prezos públicos pola prestación de servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio polo Concello de Brión.

Artigo 2.º. Concepto.

Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen uns ingresos de dereito público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten os servizos culturais, educativos, deportivos ou de ocio prestados polo Concello de Brión.

Artigo 3.º. Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ao pagamento dos prezos públicos regulados nesta ordenanza os que soliciten ou se beneficien da prestación dos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio prestados polo Concello e especificados no artigo 4.º da presente ordenanza.

Artigo 4.º. Tarifas e bonificacións.

4.1. Os prezos públicos que se deben pagar ao Concello pola prestación dos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio municipais, cinguirase ás seguintes tarifas:

TARIFA 1. Servizo de escolas deportivas.

Tarifa

Concepto

Tarifa (€)

1.1

Escola deportiva de patinaxe

80,00

1.2

Escola deportiva de baloncesto

80,00

1.3

Escola deportiva de iudo

80,00

1.4

Escola deportiva de tenis

80,00

1.5

Escola deportiva de fútbol sala

80,00

1.6

Escola deportiva de fútbol sete

80,00

1.7

Escola deportiva de predeporte

80,00

1.8

Escola deportiva de ximnasia rítmica

80,00

1.9

Outras escolas deportivas

80,00

TARIFA 2. Actividades deportivas para adultos.

Tarifa

Actividade deportiva

Tarifa (€)

2.1

Pilates

120,00

2.2

Ximnasia de mantemento

120,00

2.3

Aerobic

120,00

2.4

Ioga

120,00

2.5

Outras actividades deportivas para adultos

120,00

TARIFA 3. Outras actividades deportivas.

Tarifa

Actividade deportiva

Tarifa (€)

3.1

Piragüismo ata 16 anos

30,00

3.2

Piragüismo a partir de 16 anos

40,00

3.3

Rutas de sendeirismo realizadas fóra do termo municipal

8,00

TARIFA 4. Servizos da Escola Municipal de Música Magariños.

Tarifa

Actividade musical (PEX nivel I)

Tarifa

4.1

1.º e 2.º curso, por curso

44,80 €/trimestre

4.2

3.º e 4.º curso, por curso

44,80 €/trimestre

Tarifa

Actividade musical (PEX nivel II)

Tarifa

4.3

1.º, 2.º, 3.º, 4.º, 5.º curso, por curso

127,80 €/trimestre

Tarifa

Actividade musical (PEX nivel III)

Tarifa

4.4

1.º curso, por curso

127,80 €/trimestre

4.5

2.º, 3.º, 4.º, 5.º, 6.º curso, por curso

127,80 €/trimestre

Tarifa

Actividade musical (PEA nivel II)

Tarifa

4.6

1.º, 2.º, 3.º, 4.º, 5.º curso, por curso

127,80 €/trimestre

Tarifa

Actividade musical (PEA nivel III)

Tarifa

4.7

1.º curso, por curso

127,80 €/trimestre

4.8

2.º, 3.º, 4.º, 5.º, 6.º curso, por curso

127,80 €/trimestre

Tarifa

Outras actividades musicais

Tarifa

4.9

Obradoiro de pre-iniciación musical

35,50 €/trimestre

TARIFA 5. Escola de danza e música tradicional.

Tarifa

Actividades de danza e música tradicional

Tarifa (€)

5.1

Baile moderno

80,00

5.2

Baile galego

80,00

5.3

Pandeireta

80,00

5.4

Outras actividades de danza ou música tradicional

80,00

TARIFA 6. Outras actividades culturais.

Tarifa

Actividade cultural

Tarifa (€)

6.1

Xogando cos contos

80,00

6.1

Obradoiro de novas tecnoloxías

80,00

6.2

Obradoiro de pintura

80,00

6.3

Obradoiro de inglés

150,00

6.4

Outros obradoiros culturais

80,00

TARIFA 7. Talleres.

Tarifa

Talleres

Tarifa

7.1

Taller de manualidades

40,00 €/trimestre

TARIFA 8. Actividades de ocio para maiores.

Tarifa

Actividades de ocio para maiores

Tarifa

8.1

Actividades acuáticas

30,00 €/trimestre

8.2

Obradoiro de memoria

30,00 €/trimestre

8.3

Obradoiro de ximnasia

30,00 €/trimestre

8.4

Obradoiro de informática

30,00 €/trimestre

4.2. As tarifas anteriores redúcense pola aplicación das seguintes bonificacións:

a) Tarifa 1, 5 e 6. Servizo de escolas deportivas, Escola de Danza e Música Tradicional e outras actividades culturais.-A inscrición nunha actividade das que figuran nestas tarifas, por temporada e por alumno será de 80 euros agás na actividade de Obradoiro de Inglés que será de 150 euros, por temporada e alumno. No caso de inscribirse en máis dunha actividade aplicarase unha bonificación do 50% na tarifa de cada unha das restantes actividades. A estos efectos se considererá que a primeira actividade será a de importe superior.

As familias con dous fillos e as consideradas numerosas, terán unha bonificación do 50% no segundo fillo e do 100% no terceiro e subseguintes. No caso de que o segundo fillo se inscribise nunha segunda actividade, esta bonificación do 50% non será acumulable á bonificación do 50% recollida no parágrafo anterior.

Aos efectos de aplicar as bonificacións previstas partirase sempre da tarifa de importe máis elevado.

A os efectos de aplicar a bonificación prevista para as familias con dous fillos e as numerosas, terá a consideración de primeiro fillo o de maior idade, e así sucesivamente.

b) Tarifa 2. Actividades deportivas para adultos.-A inscrición nunha actividade deportiva para adultos por temporada e por alumno será de 120 euros. No caso de inscribirse en máis dunha actividade aplicarase unha bonificación do 50% na tarifa de cada unha das restantes actividades.

c) Tarifa 4. Escola de música municipal Magariños:

Bonificación por segunda especialidade instrumental.-No caso de que un alumno se inscribise nunha segunda especialidade instrumental, aplicarase unha bonificación do 90% na tarifa da segunda especialidade.

Bonificación membros Asociación Banda de Música Municipal de Brión.-No caso de aqueles alumnos que sexan membros da Asociación da Banda de Música Municipal de Brión e que se inscriban nas actividades da Escola Municipal de Música Magariños aplicaráselles unha bonificación do 50 % na tarifa trimestral que lles corresponda aboar en función do Plan de Estudios no que esten inscritos. Esta bonificación non é compatible coa bonificación de familia numerosa ou de outras familias. No caso de concurran nun mesmo alumno duas bonificacións (a de familia numerosa ou utras familias e a da Banda) se aplicará unicamente a bonificación de familias numerosas ou outras familias.

Bonificación familias con certificado de familia numerosa.-As familias con certificado de familia numerosa aplicaráselles as seguintes bonificacións:

- Ao primeiro membro da familia (o de maior idade): terá unha bonificación na tarifa trimestral do 50%.

- Ao segundo membro da familia (o seguinte en idade): terá unha bonificación do 75% na tarifa trimestral.

- Ao terceiro membro da familia e seguintes (os seguintes en idade): terá unha bonificación do 100% na tarifa trimestral.

Bonificación outras familias.-As familias con máis de un membro inscrito na escola de música aplicaráselles as seguintes bonificacións:

- Ao primeiro membro da familia (o de maior idade): terá unha bonificación na tarifa trimestral do 0%

- Ao segundo membro da familia (o seguinte en idade): terá unha bonificación do 50% na tarifa trimestral.

- Ao terceiro membro da familia (o seguinte en idade): terá unha bonificación do 75% na tarifa trimestral.

- Ao cuarto membro da familia (o seguinte en idade): terá unha bonificación do 100% na tarifa trimestral.

d) Tarifa 8. Actividades de ocio para maiores.-As bonificacións aplicables as actividade de ocio para maiores serán as seguintes:

Bonificación por inscrición en máis de unha actividade.-No caso de que un alumno se inscribise en máis de unha actividade de ocio para maiores aplicaránse as seguintes bonificacións:

A primeira actividade se lle aplicará unha bonificación do 0% na tarifa trimestral.

A segunda actividade se lle aplicará unha bonificación do 50% na tarifa trimestral.

A terceira actividade se lle aplicará unha bonificación do 50% na tarifa trimestral.

A cuarta actividade se lle aplicará unha bonificación do 100% na tarifa trimestral.

Bonificación por inscrición nas actividades dos dous membros da parella.-No caso de que os dous membro da parella esten inscritos nas actividades de ocio para maiores aplicaránse as seguintes bonificacións:

O primeiro membro (o que este inscrito en máis actividades): se lle aplicarán as tarifas trimestrais correspondentes, e en caso que esté inscrito en máis dunha actividade se lle aplicarán as bonificacións por inscrición en máis dunha actividade.

Ao segundo membro (o que esté inscrito en menos actividades): se lle aplicarán as tarifas trimestrais correspondentes, e en caso que esté inscrito en máis dunha actividade se lle aplicarán bonificacións por inscrición en máis dunha actividade. Ao importe total que lle corresponda aboar se lle aplicará unha bonificación do 50%.

4.3. Cursos e obradoiros organizados polo Concello.

O prezo público será fixado pola Xunta de Goberno Local, de xeito que polo número dos solicitantes, se cubra o custo total do curso ou obradoiro, segundo o estudio de custos presentado polo departamento correspondente na súa proposta, correspondendo á Xunta de Goberno Local a aprobación individualizada de cada prezo á vista da proposta presentada. Porén, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.

4.4. Viaxes e excursións organizados polo Concello.

O prezo público será fixado pola Xunta de Goberno Local, de xeito que polo número dos solicitantes, se cubra o custo total do viaxe ou excursión, segundo o estudio de custos presentado polo departamento correspondente na súa proposta, correspondendo á Xunta de Goberno Local a aprobación individualizada de cada prezo á vista da proposta presentada. Porén, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.

4.5. Campamentos e actividades de tempo libre.

O prezo público será fixado pola Xunta de Goberno Local, de xeito que polo número dos solicitantes, se cubra o custo total do campamento ou da actividade de tempo libre, segundo o estudio de custos presentado polo departamento correspondente na súa proposta, correspondendo á Xunta de Goberno Local a aprobación individualizada de cada prezo á vista da proposta presentada. Porén, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.

4.6. Inserción de publicidade na revista Altamira.

O prezo público será modificado pola Xunta de Goberno Local, de xeito que polo número dos solicitantes, se cubra o custo total de impresión da Revista, segundo o estudio de custos presentado polo departamento correspondente na súa proposta, correspondendo a citada Xunta de Goberno Local a aprobación individualizada do prezo á vista da proposta presentada. Porén, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.

Inserción dun anuncio en cada número da revista ¿Altamira": 50,00 €.

Artigo 5.º. Normas de xestión e pagamento.

1.A obriga ao pagamento do prezo público xurde desde que se inicia a prestación dos servizos culturais, educativos, deportivos ou de ocio enumerados no artigo anterior. Sen embargo, o Concello, de conformidade coa habilitación prevista no artigo 46 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, esixirá o depósito no momento da inscrición na actividade, autoliquidando o importe e utilizando o modelo establecido polos Servizos Económicos.

Ás seguintes tarifas permitiraselles os seguinte prazos específicos de pagamento:

a) Tarifas 1, 2, 5 e 6. O importe total que lle corresponda aboar a cada alumno poderá ser aboado en dous importes iguais nos seguintes prazos:

1.º prazo: no mes de setembro.

2.º prazo: na primeira quincena de febreiro.

b) Tarifa 4. Se establecen 3 períodos de pago trimestrais, que serán os seguintes:

1.º prazo: dende o 1 ao 15 de setembro.

2.º prazo: dende o 9 ao 20 de xaneiro.

3.º prazo: dende o 10 ao 20 de abril.

Aos alumnos que estén en lista de espera e obteñan plaza na especialidade instrumental solicitada, permiteráselles prorratear a tarifa trimestral en tres períodos mensuais iguais. A estos efectos, a data que se terá en conta para calcular o importe a pagar será a data de alta por parte do Concello, así temos que:

Si a data de alta esta dentro do primeiro mes do período trimestral, aboarase a tarifa trimestral completa

Si a data de alta esta dentro do segundo mes do período trimestral, aboaránse 2/3 da tarifa trimestral.

Si a data de alta esta dentro do terceiro mes do período trimestral, aboarase 1/3 da tarifa trimestral.

c) Tarifa 7 e 8. Se establecen 3 períodos de pago trimestrais, que serán os seguintes:

1.º prazo: dende o 1 ao 10 de outubro.

2.º prazo: dende o 1 ao 10 de xaneiro.

3.º prazo: dende o 1 ao 10 de abril.

2. O ingreso do prezo público se fará en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta . Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado o correspondente prezo público.

3. Só se procederá a devolución do importe do precio público correspondente, cando concurra algunha das seguintes circunstancias:

Que por causas non imputables ao obrigado ao pagamento do prezo, non se preste o servicio por parte do Concello.

Que se comunique por escrito a baixa na actividade cunha antelación mínima de cinco días ao departamento xestor e con carácter previo o seu inicio, e esta non supoña un perxuicio a outros interesados.

Para procecer a devolución do prezo público a Intervención municipal solicitará informe ao xefe do departamento correspondente a acreditación dos anteriores circunstancias.

4. No caso de existir varias solicitudes coincidentes darase preferencia no caso dos particulares aos empadroados no Concello de Brión e no caso de entidades ás que teñan a súa sede social no Concello.

5. A proposta do Departamento de Servizos Sociais, para aqueles casos valorados técnicamente como persoas en situación de ¿difícil integración" e con informe favorable emitido por un Traballador Social Municipal, a Xunta de Goberno Local, poderá acordar unha bonificación de ata o 100% das tarifas reguladas na presente ordenanza.

6. As débedas por prezos públicos poderán esixirse polo procedemento de apremio.

Artigo 6.º. Delegación na Xunta de Goberno Local.

No suposto de que o servizo ou actividade cultural, educativa, deportiva ou de ocio a prestar polo Concello, non se atope tarifada na presente Ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme os artigos 47 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e 23.2 b) da Lei 7/85, do 2 de abril, o establecemento da tarifa ou a actualización da mesma, a proposta do servicio técnico correspondente co previo informe do interventor municipal.

Disposición derrogatoria.

Coa entrada en vigor da presente ordenanza fiscal queda derrogada a anterior ordenanza reguladora do prezo público polos sevizos culturais, educativos, deportivos e de ocio prestados polo Concello de Brión publicada definitivamente no BOP n.º 274, do 27 de novembro de 2008.

Disposición derradeira.

A presente ordenanza fiscal, reguladora do prezo público pola prestación de servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, unha vez aprobada definitivamente, será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e entrará en vigor unha vez transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e manterase en vigor mentres non se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.

Cotas ¿Encontros da terceira idade 2012"

-Prezo público persoas empadroadas no Concello de Brión 10,00 €/ano.

-Prezo público persoas non empadroadas no Concello de Brión 40,00 €/ano.

-Prezo público por día solto empadroados no Concello de Brión 2,00 €/día.

-Prezo público por día solto non empadroados no Concello de Brión 5,00 €/día.

Cotas ¿Obradoiros de Nadal"

- Prezo público: 25,00 €/ano.

Cotas¿Obradoiros de informática 2012"

- Prezo público alumnos: 10,00 €/ano.

Cotas ¿Informática de usuario 2012"

- Prezo público alumnos cursos de 20 horas: 30,00 €/ano.

- Prezo público alumnos cursos de 40 horas: 50,00 €/ano.