- Prezo público por participante na actividade: 150,00 €
Brión - ORDENANZA FISCAL 20-PP REGULADORA DE PREZOS PÚBLICOS POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS CULTURAIS, EDUCATIVOS, DEPORTIVOS E DE OCIO
Artigo 1.º. Fundamento.
De conformidade co previsto no artigo 41, en relación co 127, ámbolos dous do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e demais normativa concordante de aplicación, este Concello establece os prezos públicos pola prestación de servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio polo Concello de Brión.
Artigo 2.º. Concepto.
Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen uns ingresos de dereito público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten os servizos culturais, educativos, deportivos ou de ocio prestados polo Concello de Brión.
Artigo 3.º. Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ao pagamento dos prezos públicos regulados nesta ordenanza os que soliciten ou se beneficien da prestación dos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio prestados polo Concello e especificados no artigo 4.º da presente ordenanza.
Artigo 4.º. Tarifas e bonificacións.
4.1. Os prezos públicos que se deben pagar ao Concello pola prestación dos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio municipais, cinguirase ás seguintes tarifas:
TARIFA 1. Servizo de escolas deportivas.
Tarifa | Concepto | Tarifa (€) |
1.1 | Escola deportiva de patinaxe | 80,00 |
1.2 | Escola deportiva de baloncesto | 80,00 |
1.3 | Escola deportiva de iudo | 80,00 |
1.4 | Escola deportiva de tenis | 80,00 |
1.5 | Escola deportiva de fútbol sala | 80,00 |
1.6 | Escola deportiva de fútbol sete | 80,00 |
1.7 | Escola deportiva de predeporte | 80,00 |
1.8 | Escola deportiva de ximnasia rítmica | 80,00 |
1.9 | Outras escolas deportivas | 80,00 |
TARIFA 2. Actividades deportivas para adultos.
Tarifa | Actividade deportiva | Tarifa (€) |
2.1 | Pilates | 120,00 |
2.2 | Ximnasia de mantemento | 120,00 |
2.3 | Aerobic | 120,00 |
2.4 | Ioga | 120,00 |
2.5 | Outras actividades deportivas para adultos | 120,00 |
TARIFA 3. Outras actividades deportivas.
Tarifa | Actividade deportiva | Tarifa (€) |
3.1 | Piragüismo ata 16 anos | 30,00 |
3.2 | Piragüismo a partir de 16 anos | 40,00 |
3.3 | Rutas de sendeirismo realizadas fóra do termo municipal | 8,00 |
TARIFA 4. Servizos da Escola Municipal de Música Magariños.
Tarifa | Actividade musical (PEX nivel I) | Tarifa |
4.1 | 1.º e 2.º curso, por curso | 44,80 €/trimestre |
4.2 | 3.º e 4.º curso, por curso | 44,80 €/trimestre |
Tarifa | Actividade musical (PEX nivel II) | Tarifa |
4.3 | 1.º, 2.º, 3.º, 4.º, 5.º curso, por curso | 127,80 €/trimestre |
Tarifa | Actividade musical (PEX nivel III) | Tarifa |
4.4 | 1.º curso, por curso | 127,80 €/trimestre |
4.5 | 2.º, 3.º, 4.º, 5.º, 6.º curso, por curso | 127,80 €/trimestre |
Tarifa | Actividade musical (PEA nivel II) | Tarifa |
4.6 | 1.º, 2.º, 3.º, 4.º, 5.º curso, por curso | 127,80 €/trimestre |
Tarifa | Actividade musical (PEA nivel III) | Tarifa |
4.7 | 1.º curso, por curso | 127,80 €/trimestre |
4.8 | 2.º, 3.º, 4.º, 5.º, 6.º curso, por curso | 127,80 €/trimestre |
Tarifa | Outras actividades musicais | Tarifa |
4.9 | Obradoiro de pre-iniciación musical | 35,50 €/trimestre |
TARIFA 5. Escola de danza e música tradicional.
Tarifa | Actividades de danza e música tradicional | Tarifa (€) |
5.1 | Baile moderno | 80,00 |
5.2 | Baile galego | 80,00 |
5.3 | Pandeireta | 80,00 |
5.4 | Outras actividades de danza ou música tradicional | 80,00 |
TARIFA 6. Outras actividades culturais.
Tarifa | Actividade cultural | Tarifa (€) |
6.1 | Xogando cos contos | 80,00 |
6.1 | Obradoiro de novas tecnoloxías | 80,00 |
6.2 | Obradoiro de pintura | 80,00 |
6.3 | Obradoiro de inglés | 150,00 |
6.4 | Outros obradoiros culturais | 80,00 |
TARIFA 7. Talleres.
Tarifa | Talleres | Tarifa |
7.1 | Taller de manualidades | 40,00 €/trimestre |
TARIFA 8. Actividades de ocio para maiores.
Tarifa | Actividades de ocio para maiores | Tarifa |
8.1 | Actividades acuáticas | 30,00 €/trimestre |
8.2 | Obradoiro de memoria | 30,00 €/trimestre |
8.3 | Obradoiro de ximnasia | 30,00 €/trimestre |
8.4 | Obradoiro de informática | 30,00 €/trimestre |
4.2. As tarifas anteriores redúcense pola aplicación das seguintes bonificacións:
a) Tarifa 1, 5 e 6. Servizo de escolas deportivas, Escola de Danza e Música Tradicional e outras actividades culturais.-A inscrición nunha actividade das que figuran nestas tarifas, por temporada e por alumno será de 80 euros agás na actividade de Obradoiro de Inglés que será de 150 euros, por temporada e alumno. No caso de inscribirse en máis dunha actividade aplicarase unha bonificación do 50% na tarifa de cada unha das restantes actividades. A estos efectos se considererá que a primeira actividade será a de importe superior.
As familias con dous fillos e as consideradas numerosas, terán unha bonificación do 50% no segundo fillo e do 100% no terceiro e subseguintes. No caso de que o segundo fillo se inscribise nunha segunda actividade, esta bonificación do 50% non será acumulable á bonificación do 50% recollida no parágrafo anterior.
Aos efectos de aplicar as bonificacións previstas partirase sempre da tarifa de importe máis elevado.
A os efectos de aplicar a bonificación prevista para as familias con dous fillos e as numerosas, terá a consideración de primeiro fillo o de maior idade, e así sucesivamente.
b) Tarifa 2. Actividades deportivas para adultos.-A inscrición nunha actividade deportiva para adultos por temporada e por alumno será de 120 euros. No caso de inscribirse en máis dunha actividade aplicarase unha bonificación do 50% na tarifa de cada unha das restantes actividades.
c) Tarifa 4. Escola de música municipal Magariños:
Bonificación por segunda especialidade instrumental.-No caso de que un alumno se inscribise nunha segunda especialidade instrumental, aplicarase unha bonificación do 90% na tarifa da segunda especialidade.
Bonificación membros Asociación Banda de Música Municipal de Brión.-No caso de aqueles alumnos que sexan membros da Asociación da Banda de Música Municipal de Brión e que se inscriban nas actividades da Escola Municipal de Música Magariños aplicaráselles unha bonificación do 50 % na tarifa trimestral que lles corresponda aboar en función do Plan de Estudios no que esten inscritos. Esta bonificación non é compatible coa bonificación de familia numerosa ou de outras familias. No caso de concurran nun mesmo alumno duas bonificacións (a de familia numerosa ou utras familias e a da Banda) se aplicará unicamente a bonificación de familias numerosas ou outras familias.
Bonificación familias con certificado de familia numerosa.-As familias con certificado de familia numerosa aplicaráselles as seguintes bonificacións:
- Ao primeiro membro da familia (o de maior idade): terá unha bonificación na tarifa trimestral do 50%.
- Ao segundo membro da familia (o seguinte en idade): terá unha bonificación do 75% na tarifa trimestral.
- Ao terceiro membro da familia e seguintes (os seguintes en idade): terá unha bonificación do 100% na tarifa trimestral.
Bonificación outras familias.-As familias con máis de un membro inscrito na escola de música aplicaráselles as seguintes bonificacións:
- Ao primeiro membro da familia (o de maior idade): terá unha bonificación na tarifa trimestral do 0%
- Ao segundo membro da familia (o seguinte en idade): terá unha bonificación do 50% na tarifa trimestral.
- Ao terceiro membro da familia (o seguinte en idade): terá unha bonificación do 75% na tarifa trimestral.
- Ao cuarto membro da familia (o seguinte en idade): terá unha bonificación do 100% na tarifa trimestral.
d) Tarifa 8. Actividades de ocio para maiores.-As bonificacións aplicables as actividade de ocio para maiores serán as seguintes:
Bonificación por inscrición en máis de unha actividade.-No caso de que un alumno se inscribise en máis de unha actividade de ocio para maiores aplicaránse as seguintes bonificacións:
A primeira actividade se lle aplicará unha bonificación do 0% na tarifa trimestral.
A segunda actividade se lle aplicará unha bonificación do 50% na tarifa trimestral.
A terceira actividade se lle aplicará unha bonificación do 50% na tarifa trimestral.
A cuarta actividade se lle aplicará unha bonificación do 100% na tarifa trimestral.
Bonificación por inscrición nas actividades dos dous membros da parella.-No caso de que os dous membro da parella esten inscritos nas actividades de ocio para maiores aplicaránse as seguintes bonificacións:
O primeiro membro (o que este inscrito en máis actividades): se lle aplicarán as tarifas trimestrais correspondentes, e en caso que esté inscrito en máis dunha actividade se lle aplicarán as bonificacións por inscrición en máis dunha actividade.
Ao segundo membro (o que esté inscrito en menos actividades): se lle aplicarán as tarifas trimestrais correspondentes, e en caso que esté inscrito en máis dunha actividade se lle aplicarán bonificacións por inscrición en máis dunha actividade. Ao importe total que lle corresponda aboar se lle aplicará unha bonificación do 50%.
4.3. Cursos e obradoiros organizados polo Concello.
O prezo público será fixado pola Xunta de Goberno Local, de xeito que polo número dos solicitantes, se cubra o custo total do curso ou obradoiro, segundo o estudio de custos presentado polo departamento correspondente na súa proposta, correspondendo á Xunta de Goberno Local a aprobación individualizada de cada prezo á vista da proposta presentada. Porén, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.
4.4. Viaxes e excursións organizados polo Concello.
O prezo público será fixado pola Xunta de Goberno Local, de xeito que polo número dos solicitantes, se cubra o custo total do viaxe ou excursión, segundo o estudio de custos presentado polo departamento correspondente na súa proposta, correspondendo á Xunta de Goberno Local a aprobación individualizada de cada prezo á vista da proposta presentada. Porén, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.
4.5. Campamentos e actividades de tempo libre.
O prezo público será fixado pola Xunta de Goberno Local, de xeito que polo número dos solicitantes, se cubra o custo total do campamento ou da actividade de tempo libre, segundo o estudio de custos presentado polo departamento correspondente na súa proposta, correspondendo á Xunta de Goberno Local a aprobación individualizada de cada prezo á vista da proposta presentada. Porén, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.
4.6. Inserción de publicidade na revista Altamira.
O prezo público será modificado pola Xunta de Goberno Local, de xeito que polo número dos solicitantes, se cubra o custo total de impresión da Revista, segundo o estudio de custos presentado polo departamento correspondente na súa proposta, correspondendo a citada Xunta de Goberno Local a aprobación individualizada do prezo á vista da proposta presentada. Porén, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.
Inserción dun anuncio en cada número da revista ¿Altamira": 50,00 €.
Artigo 5.º. Normas de xestión e pagamento.
A obriga ao pagamento do prezo público xurde desde que se inicia a prestación dos servizos culturais, educativos, deportivos ou de ocio enumerados no artigo anterior, entendendo nos casos nos que sexa necesario a formalización de matrícula que se inicia a prestación nese momento. Para as seguintes tarifas aprobaranse os correspondentes padróns cos seguintes períodos específicos de pagamento:
a) Tarifas 1, 2, 5 e 6.
1º prazo: de outubro a decembro.
2.º prazo: de febreiro a abril.
b) Tarifa 4. Establécense 3 períodos de pago trimestrais, que serán os seguintes:
1º prazo: de outubro do ao decembro.
2º prazo: xaneiro a marzo.
3º prazo: do de abril ao de xuño.
Aos alumnos que estean en lista de espera e obteñan praza na especialidade instrumental solicitada, permitiráselles ratear a tarifa trimestral en tres períodos mensuais iguais. A estes efectos, a data que se terá en conta para calcular o importe a pagar será a data de alta por parte do Concello, así temos que:
Si a data de alta esta dentro do primeiro mes do período trimestral, aboarase a tarifa trimestral completa
Si a data de alta esta dentro do segundo mes do período trimestral, aboaranse 2/3 da tarifa trimestral.
Si a data de alta esta dentro do terceiro mes do período trimestral, aboarase 1/3 da tarifa trimestral.
c) Tarifa 7 e 8. Se establecen 3 períodos de pago trimestrais, que serán os seguintes:
1.º prazo: de outubro a decembro.
2.º prazo: de xaneiro a marzo.
3.º prazo: de abril a xuño.
2. Os días concretos de inicio dos e fin dos períodos fixados serán publicados no correspondente anuncio de exposición pública do padrón.
3. No caso de actividades, obradoiros cuxa duración no sexa superior ao mes o réxime de pagamento será o de autoliquidación.
4. Só se procederá a devolución do importe do prezo público correspondente, cando concorra algunha das seguintes circunstancias:
Que por causas non imputables ao obrigado ao pagamento do prezo, non se preste o servizo por parte do Concello.
Que se comunique por escrito a baixa na actividade cunha antelación mínima de cinco días ao departamento xestor e con carácter previo o seu inicio, e esta non supoña un prexuízo a outros interesados.
Para proceder a devolución do prezo público a Intervención municipal solicitará informe ao xefe do departamento correspondente a acreditación dos anteriores circunstancias.
5. No caso de existir varias solicitudes coincidentes darase preferencia no caso dos particulares aos empadroados no Concello de Brión e no caso de entidades ás que teñan a súa sede social no Concello.
6. A proposta do Departamento de Servizos Sociais, para aqueles casos valorados técnicamente como persoas en situación de ¿difícil integración" e con informe favorable emitido por un Traballador Social Municipal, a Xunta de Goberno Local, poderá acordar unha bonificación de ata o 100% das tarifas reguladas na presente ordenanza.
7. As débedas por prezos públicos poderán esixirse polo procedemento de prema.
A presente modificación entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2016, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Artigo 6.º. Delegación na Xunta de Goberno Local.
No suposto de que o servizo ou actividade cultural, educativa, deportiva ou de ocio a prestar polo Concello, non se atope tarifada na presente Ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme os artigos 47 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e 23.2 b) da Lei 7/85, do 2 de abril, o establecemento da tarifa ou a actualización da mesma, a proposta do servicio técnico correspondente co previo informe do interventor municipal.
Disposición derrogatoria.
Coa entrada en vigor da presente ordenanza fiscal queda derrogada a anterior ordenanza reguladora do prezo público polos sevizos culturais, educativos, deportivos e de ocio prestados polo Concello de Brión publicada definitivamente no BOP n.º 274, do 27 de novembro de 2008.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza fiscal, reguladora do prezo público pola prestación de servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, unha vez aprobada definitivamente, será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e entrará en vigor unha vez transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e manterase en vigor mentres non se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.
Cotas ¿Encontros da terceira idade 2012"
-Prezo público persoas empadroadas no Concello de Brión 10,00 €/ano.
-Prezo público persoas non empadroadas no Concello de Brión 40,00 €/ano.
-Prezo público por día solto empadroados no Concello de Brión 2,00 €/día.
-Prezo público por día solto non empadroados no Concello de Brión 5,00 €/día.
Cotas ¿Obradoiros de Nadal"
- Prezo público: 25,00 €/ano.
Cotas¿Obradoiros de informática 2012"
- Prezo público alumnos: 10,00 €/obradoiro
Cotas ¿Informática de usuario 2012"
- Prezo público alumnos curso de 20 horas: 30,00 €/curso
- Prezo público alumnos curso de 40 horas: 50,00 €/curso
Cotas ¿Cursos de manipulador de alimentos do ano 2012"
-Prezo público alumno curso 25,00 €.
Cotas ¿Cursos de formación na rede do ano 2012"
-Prezo público alumnos cursos de 20 horas 15,00 €.
-Prezo público alumnos cursos de 40 horas 25,00 €.
Cotas ¿Curso de obradoiro de informática de verán 2012"
-Prezo público participantes na actividade 20,00 €.
Cotas ¿Curso de obradoiro de verán 2012"
-Prezo público participantes 100,00 €.
Cota para participar na actividade ¿Excursión á Ribeira Sacra"
Prezo Público para participar na actividade ¿Excursión da terceira idade ás Rías Baixas 2012"
Prezos públicos para participar nas actividades 2012
Prezos públicos para participar nas seguintes actividades:
1. Curso de danzas de animación do ano 2012, que se concreta na seguinte tarifa:
- Prezo público alumno¿¿¿¿¿...............................................................20,00 €.
2. Obradoiros de agricultura sostible ano 2012, que se concreta na seguinte tarifa:
- Prezo público alumno por cada obradoiro.................................................15,00 €.
3. Curso Autocad 2D, que se concreta na seguinte tarifa:
- Prezo público alumno¿¿¿¿¿¿¿¿¿..................................................80,00 €.
4. Curso práctico de contabilidade e contaplús 2012, que se concreta na seguinte tarifa:
- Prezo público alumno¿¿¿¿¿¿¿¿¿..................................................40,00 €.
5. Obradoiros de fotografía ano 2012, que se concreta na seguinte tarifa:
- Prezo público alumno por obradoiro¿.¿..................................................40,00 €.
Prezos públicos para participar nas actividades 2013
1.º) Prezo público pola realización da actividade de ¿Curso práctico de contabilidade e contaplús do ano 2013", de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público por alumno: 40,00 €.
2.º) Prezo público pola realización da actividade de ¿Viaxe da xuventude do ano 2013", de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público por participante: 255,00 €.
3.º) Prezo público pola realización da actividade de ¿Curso de manipulador de alimentos do ano 2013", de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público por alumno: 25,00 €.
4.º) Prezo público pola realización da actividade de ¿Tardes de verán do ano 2013", de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público por participante maior de 10 anos: 12,00 €.
Prezo público por participante menor de 10 anos: gratuíto.
5.º) Prezo público pola realización da actividade de ¿Obradoiros de informática do ano 2013", de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público por participante: 5,00 €.
6.º) Prezo público pola realización da actividade de ¿Camiño de Santiago para mozos do ano 2013", de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público por participante: 75,00 €.
7.º) Prezo público pola realización da actividade de ¿Obradoiro de novas tecnoloxías de verán do ano 2013", de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público por participante: 20,00 €.
Prezo público pola realización da actividade de ¿Excursión da terceira idade a Vigo"
Prezo público pola realización da actividade de ¿Excursión da terceira idade a Vigo", de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público por participante 25,00 €.
Prezo público pola asistencia ao ¿Campamento de verán 2013"
Prezo público por participante.....................................................................100,00 €.
prezo público para a asistencia á ¿Carreira Pedestre do ano 2013
Prezo público para a asistencia á ¿Carreira Pedestre do ano 2013":
Prezo público por participante.......................................................5,00 €
Prezo público pola realización da actividade de ¿Clube Camaleón"
- Prezo público por participante......................................................................20,00 €/ trimestre.
Prezo público para os ¿Obradoiros de agricultura sostible do ano 2013"
- Prezo público por alumno obradoiros de 4 horas...........................................15,00 €.
- Prezo público por alumno obradoiros de 8 horas...........................................30,00 €.
Tarifas actividades e cursos 2014
A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o 18 de febreiro de 2014, a teor do establecido na ordenanza fiscal núm. 20 PP, reguladora de prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, aprobou por unanimidade os prezos públicos, que se concretan nas seguintes tarifas:
1º) Prezo público para a asistencia á ¿Viaxe a Algarve-Portugal, para maiores de 55 anos", de acordo coa seguinte tarifa:
-. Prezo público por participante.......... 420,00 €
2º) Prezo público para a asistencia á actividade ¿Clube Camaleón", de acordo coa seguinte tarifa:
-. Prezo público por participante na actividade..10,00 €/trimestre.
3º) Prezo público para a asistencia aos cursos de ¿Formación na rede", de acordo coa seguinte tarifa:
-. Prezo público alumno cursos de 20 horas........... 20,00 €. -. Prezo público alumno cursos de 40 horas.............. 30,00 €.
4º) prezo público para a asistencia aos ¿Obradoiros de agricultura sostible", de acordo coa seguinte tarifa:
-. Prezo público alumno obradoiro de 8 horas....... 20,00 €.
5º) Prezo público para a asistencia aos cursos de ¿Manipulador de alimentos", de acordo coa seguinte tarifa:
-. Prezo público alumno curso............................. 25,00 €.
6º) Prezo público para a asistencia aos cursos monográficos de ¿Recursos para a animación", de acordo coa seguinte tarifa:
-. Prezo público alumno................................. 10,00 €.
7º) Prezo público para a asistencia aos ¿Obradoiros de informática", de acordo coa seguinte tarifa:
-. Prezo público alumno................................... 5,00 €.
8º) Prezo público para a asistencia aos cursos de ¿Informática de usuario", de acordo coa seguinte tarifa:
-. Prezo público alumno curso de 20 horas.......... 30,00 €. -. Prezo público alumno curso de 40 horas............. 50,00 €.
9º) Prezo público para a asistencia aos cursos de ¿Competencias clave nivel 2º", de acordo coa seguinte tarifa:
-. Prezo público alumno curso.......................... 10,00 €/mes.
Prezo público para a asistencia á ¿Viaxe da mocidade a Xerez da Fronteira (Cádiz) do ano 2014"
A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o 25 de marzo de 2014, a teor do establecido na ordenanza fiscal núm. 20 PP, reguladora de prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, aprobou por unanimidade o prezo público para a asistencia á ¿Viaxe da mocidade a Xerez da Fronteira (Cádiz) do ano 2014", de acordo coa seguinte tarifa:
-. Prezo público por participante na actividade.....160,00 €
O que se expón ao público para xeral coñecemento mediante anuncio no boletín oficial da provincia.
Prezo público para a asistencia á ¿Excusión da 3ª idade á costa da morte"
Tarifa do prezo público para a asistencia á ¿Excusión da 3ª idade á costa da morte":
- Prezo público por usuario de pago na actividade..........28,00 €
Prezo público para a asistencia á actividade ¿Chegaron as vacacións"
Prezo público para a asistencia ¿Campamento de verán do ano 2014":
Prezo público para a asistencia á actividade ¿Chegaron as vacacións"
Tarifa prezo público para a asistencia á actividade ¿Chegaron as vacacións":
- Prezo público por participante na actividade: 25,00 €
Prezo público para a asistencia aos ¿Obradoiros de novas tecnoloxías á carta"
Tarifa prezo público para a asistencia aos ¿Obradoiros de novas tecnoloxías á carta":
- Prezo público por participante na actividade: 10,00 €
Prezo público para a asistencia á actividade ¿Carreira pedestre 2014"
Prezo público pola asistencia ao Campamento de verán 2014
- Prezo público por participante na actividade: 150 euros.
- Prezo público primeiro irmán: 150 euros.
- Prezo público segundo irmán: 75 euros.
- Prezo público terceiro irmán e seguintes: 0 euros.
Prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio 2015
1º) Prezo público polo programa de ¿Mesa polo emprego do ano 2015", de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumno curso....................................................................................................................gratuíto.
2º) Prezo público polo programa de ¿Mesa polo emprendemento do ano 2015", de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumno curso....................................................................................................................gratuíto.
3º) Prezo público pola actividade de ¿Informática de usuario do ano 2015", de acordo coas seguintes tarifas:
- Prezo público alumno curso de 20 horas................................................................................................30,00 €.
- Prezo público alumno curso de 40 horas................................................................................................50,00 €.
4º) Prezo público para os cursos de ¿Obradoiros de informática do ano 2015", de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumno¿¿¿¿¿¿¿¿...................................................................................................5,00 €.
5º) Prezo público para os cursos de ¿Formación na rede do ano 2015", de acordo coas seguintes tarifas:
- Prezo público alumno curso de 20 horas................................................................................................20,00 €.
- Prezo público alumno curso de 40 horas................................................................................................30,00 €.
6º) Prezo público para o curso de ¿Inglés do ano 2015", de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumno............................................................................................................................25,00 €.
7º) Prezo público para os cursos de ¿Manipulador de alimentos do ano 2015", de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumno curso...................................................................................................................25,00 €.
8º) Prezo público para o curso de ¿Competencias clave nivel 2 do ano 2015", de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumno curso....................................................................................................................gratuíto.
9º) Prezo público para a asistencia á ¿Viaxe a Lourdes, para maiores de 50 anos", de acordo coa seguinte tarifa:
-. Prezo público por participante................................................................................................................430,00 €
Prezos públicos por actividades culturais, educativas, deportivas e de ocio 2015
1º) Prezo público pola actividade de ¿Viaxe da mocidade a Marbella 2015", de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público por participante........................................................................195,00 €.
2º) Prezo público pola actividade de ¿Campamento de verán do ano 2015", de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público por participante........................................................................150,00 €.
3º) Prezo público pola actividade de ¿Clube Camaleón de verán 2015", de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público por participante por cada semana .............................................10,00 €.
4º) Prezo público pola actividade de ¿Obradoiros de novas tecnoloxías á carta verán 2015", de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público por participante¿¿¿¿¿¿¿¿¿...........................................10,00 €.
5º) Prezo público pola actividade de ¿Summer Days ano 2015", de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público por participante maior de 15 anos¿...........................................10,00 €.
- Prezo público por participante menor de 15 anos¿............................................8,00 €.
6º) Prezo público pola actividade de ¿Excursión da terceira idade a Mondoñedo e Asturias", de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público por participante ¿........................................................................20,00 €.
Prezo público para a asistencia ao campamento de verán do ano 2015
-. Prezo público por participante na actividade:150 euros.
-. Prezo público primeiro irmán: 150 euros.
-. Prezo público segundo irmán: 75 euros.
-. Prezo público terceiro irmán e seguintes: 0 euros.
Prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, 2015
1.º) Prezo público para a realización dos cursos ¿Inglés", ¿Francés" e ¿Alemán" de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público alumnos: 90,00 €/trimestre.
Número de usuarios: mínimo 8 e máximo 10 persoas por grupo
2.º) Prezo público pola realización dos ¿Obradoiros de agricultura sostible e saúde" de acordo coas seguintes tarifas:
Prezo público alumnos obradoiros de 3 horas: 15,00 €
Prezo público alumnos obradoiros de 8 horas: 30,00 €
Prezo público curso micoloxía e aproveitamento forestal: gratuíto
3.º) Prezo público pola realización do curso ¿Contabilidade básica práctica" de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público alumnos curso: 40,00 €
Prezo público para a asistencia á Carreira Pedestre do ano 2015
Prezo público para a asistencia á Carreira Pedestre do ano 2015, de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público participante na actividade¿¿¿..5,00 €
Prezo público pola asistencia aos cursos Competencias clave nivel 2
Prezo público alumno curso: 10,00 €/mes.
Prezo público pola asistencia aos cursos Manipulador de produtos fitosanitarios
Prezo público alumno curso: 60,00 €.
Prezo público pola asistencia á actividade de Rutas de sendeirismo 2016
Prezo público por usuario: 10,00 €.
Prezo público pola asistencia á ¿Viaxe da terceira idade a Mallorca 2016"
- Prezo público por participante en habitación dobre: 545,00 €.
- Prezo público por participante en habitación individual: 655,00 €.
Prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, 2016
1º) Prezo público pola asistencia ao campamento de verán 2016, de acordo coas seguintes tarifas:
- Prezo público primeiro irmán: 150,00 €.
- Prezo público segundo irmán: 75,00 €.
- Prezo público terceiro irmán e seguintes: 0,00 €.
- Os participantes deberán pagar 60 euros en concepto de reserva que non será obxecto de devolución no caso de que despois o interesado desista.
2º) Prezo público pola asistencia aos cursos de manipulador de alimentos, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público por alumno e curso: 25,00 €.
3º) Prezo público pola asistencia aos cursos de lingua de signos do ano 2016, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público: 30,00 €/mes.
4º) Prezo público para a asistencia á viaxe da mocidade a Punta Umbría (Huelva) do ano 2016, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público por participante: 220,00 €.
5º) Prezo público para a asistencia aos obradoiros de agricultura sostible e saúde do ano 2016, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público por participante: 15,00 €.
6º) Prezo público para a asistencia á actividade Brión de cabo a rabo do ano 2016, de acordo coas seguintes tarifas:
- Prezo público persoa adulta: 25,00 €.
- Prezo público primeiro irmán: 25,00 €.
- Prezo público segundo irmán: 13,00 €.
- Prezo público terceiro irmán e seguintes: 0,00 €.
7º) Prezo público para a asistencia aos obradoiros de verán do ano 2016, de acordo coas seguintes tarifas:
- Prezo público primeiro irmán: 25,00 €/semana.
- Prezo público segundo irmán: 13,00 €/semana.
- Prezo público terceiro irmán e seguintes: 0,00 €/semana.
8º) Prezo público para a asistencia á actividade de acampada e piragüismo do ano 2016, de acordo coas seguintes tarifas:
- Prezo público persoa adulta: 10,00 €.
- Prezo público primeiro irmán: 10,00 €.
- Prezo público segundo irmán: 5,00 €
- Prezo público terceiro irmán e seguintes: 0,00 €.
Prezo público para a asistencia á ¿Excursión da terceira idade a Braga e Valença do Minho"
- Prezo público por participante .................... 25,00 €
Prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, 2016
1º) Prezo público para a asistencia ao curso de manexo de drons do ano 2016, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumno curso......80,00 €.
2º) Prezo público pola asistencia aos obradoiros de Nadal do ano 2016, de acordo coas seguintes tarifas:
- Prezo público primeiro irmán......30,00 €.
- Prezo público segundo irmán......15,00 €.
- Prezo público terceiro irmán e seguintes......0,00 €.
3º) Prezo público pola asistencia ao curso de contabilidade básica práctica do ano 2016, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumno curso......20,00 €.
4º) Prezo público pola asistencia ao obradoiro de cestería do ano 2016, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumno obradoiro......25,00 €.
5º) Prezo público pola asistencia ao curso de monitor de tempo libre do ano 2016, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumno curso......120,00 €.
6º) Prezo público pola asistencia ao curso de manexo de carretilla elevadora do ano 2016, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumno curso......10,00 €.
7º) Prezo público pola asistencia ao curso de primeiros auxilios do ano 2016, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumno curso.......25,00 €.
8º) Prezo público pola asistencia ao obradoiro de cociña do ano 2016, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumno curso......30,00 €.
Prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, 2017
1º) Prezo público pola asistencia aos cursos de ofimática do ano 2017, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumnos cursos de 20 horas........................................30,00 €.
- Prezo público alumnos cursos de 40 horas........................................50,00 €.
2º) Prezo público pola asistencia ao programa falando de emprego 2017, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumnos cursos¿¿..........................................................gratuíto.
3º) Prezo público pola asistencia aos cursos de competencias clave de nivel 2, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumnos curso¿¿.....................................................10,00 €/mes.
4º) Prezo público pola asistencia aos cursos de manipulador de produtos fitosanitarios, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumnos curso¿¿.....................................................60,00 €.
5º) Prezo público pola asistencia ao curso de manipulador de alimentos, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumnos curso¿¿.....................................................25,00 €.
6º) Prezo público para a actividade de Vacacións para a terceira idade do Concello de Brión 2017, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público por participante en habitación doble:....................................435,00 €.
- Prezo público por participante en habitación individual ...............................595,00 €.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
BOP nº 45 de 7 de marzo de 2017:
Corrección de erros da publicación dos prezos públicos aprobados en Xunta de Goberno Local do 22 de febreiro de 2017, publicados no BOP número 41, do mércores 1 de marzo de 2017.
Prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, 2017
1.º) Prezo público pola asistencia ás acampadas de verán do 2017.
- Cota persoa adulta: 10 €/acampada.
- Cota primeiro irmán: 10 €/acampada.
- Cota segundo irmán: 5 €/acampada.
- Cota terceiro irmán e seguintes: 0 €.
2.º) Prezo público pola asistencia aos obradoiros de verán do 2017.
- Cota primeiro irmán: 25 €/semana.
- Cota segundo irmán: 13 €/semana.
- Cota terceiro irmán e seguintes: 0 €.
3.º) Prezo público pola asistencia ao campamento xuvenil do 2017.
- Cota primeiro irmán: 50 €.
- Cota segundo irmán: 25 €.
- Cota terceiro irmán e seguintes: 0 €.
4.º) Prezo público pola asistencia ao campamento de verán do 2017.
- Cota primeiro irmán: 150 €.
- Cota segundo irmán: 75 €.
- Cota terceiro irmán e seguintes: 0 €.
5.º) Prezo público pola asistencia ao curso de carretilla elevadora do 2017.
- Cota única por curso: 25 €.
6.º) Prezo público pola asistencia ao curso de primeiros auxilios do 2017.
- Cota única por curso: 25 €.
7.º) Prezo público pola asistencia ao curso de comedor e transporte escolar do 2017.
- Cota única por curso: 25 €.
8.º) Prezo público pola asistencia ao curso de contabilidade básica práctica do 2017.
- Cota única por curso: 25 €.
9.º) Prezo público pola asistencia aos obradoiros de cociña do 2017.
- Cota única por obradoiro: 15 €.
10.º) Prezo público pola asistencia aos obradoiros de oficios tradicionais do 2017.
- Cota única por obradoiro: 25 €.
Prezo público para a asistencia á actividade ¿obradoiros de introdución ao método Montessori"
Prezo público pola asistencia á actividade: obradoiros de introdución ao método Montessori, que se concreta na seguinte tarifa:
- Prezo público alumno/obradoiro: 10,00 €.
Prezo público pola asistencia aos obradoiros de Nadal do ano 2017.
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria celebrada o 16/11/2017, a teor do establecido na Ordenanza fiscal núm. 20 PP, reguladora de prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, aprobou o seguinte prezo público, que se concreta na seguinte tarifa:
1.º) Prezo público pola asistencia aos obradoiros de Nadal do ano 2017.
- Prezo público primeiro irmán ............................................ 20,00 €/semana
- Prezo público segundo irmán ............................................ 10,00 €/semana
- Prezo público terceiro irmán e seguintes ............................ 0,00 €
Prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, 2018
A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria celebrada o 01/03/2018 a teor do establecido na ordenanza fiscal núm. 20 PP, reguladora de prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, aprobou os seguintes prezos públicos, que se concretan nas seguintes tarifas:
1º) Prezo público pola asistencia ao curso de monitor de comedor e transporte escolar do ano 2018:
Prezo público alumno curso ..................................................................................................................... 30,00 €.
2º) Prezo público pola asistencia ao curso de informática básica para persoas desempregadas do ano 2018:
Prezo público alumno curso ....................................................................................................................... 0,00 €.
3º) Prezo público pola asistencia ao curso de manexo de carretilla elevadora do ano 2018:
Prezo público alumno curso ..................................................................................................................... 30,00 €.
4º) Prezo público pola asistencia ao curso de manipulador de produtos fitosanitarios do ano 2018:
Prezo público alumno curso ..................................................................................................................... 60,00 €.
5º) Prezo público pola asistencia aos cursos de manipulador de alimentos do ano 2018:
Prezo público alumno curso ..................................................................................................................... 25,00 €.
6º) Prezo público pola asistencia aos cursos de competencias nivel 2 do ano 2018:
Prezo público alumnos curso ........................................................................................................... 10,00 €/mes.
7º) Prezo público pola asistencia aos cursos de lingua galega do ano 2018:
Prezo público alumno curso ............................................................................................................. 10,00 €/mes.
Prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, 2018
A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria celebrada o 09/05/2018 a teor do establecido na ordenanza fiscal núm. 20 PP, reguladora de prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, aprobou os seguintes prezos públicos, que se concretan nas seguintes tarifas:
1º) Prezo público pola asistencia aos obradoiros de iniciación á robótica para rapaces:
- Prezo público alumno curso....................................................................................0,00 €.
2º) Prezo público pola asistencia ao curso de monitor de actividades de tempo libre do ano 2018:
- Prezo público alumno curso................................................................................150,00 €.
3º) Fixar o prezo público pola asistencia á actividade de campamento infantil:
- Prezo público primeira/o irmá/n.........................................................................150,00 €.
- Prezo público segunda/o irmá/n..........................................................................75,00 €.
- Prezo público terceira/o irmá/n e seguintes...........................................................0,00 €.
4º) Fixar o prezo público pola asistencia á actividade de campamento xuvenil:
- Prezo público primeira/o irmá/n......................................................................... 75,00 €.
- Prezo público segunda/o irmá/n........................................................................ 38,00 €.
- Prezo público terceira/o irmá/n e seguintes.......................................................... 0,00 €.
5º) Fixar o prezo público pola asistencia á actividade tardes na carballeira:
- Prezo público primeira/o irmá/n..........................................................................20,00 €/semana
- Prezo público segunda/o irmá/n......................................................................... 10,00 €./semana
- Prezo público terceira/o irmá/n e seguintes...........................................................0,00 €.
6º) Fixar o prezo público pola asistencia aos obradoiros de verán:
- Prezo público primeira/o irmá/n.........................................................................25,00 €./semana
- Prezo público segunda/o irmá/n........................................................................13,00 €./semana
- Prezo público terceira/o irmá/n e seguintes..........................................................0,00 €.
Prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio 2018
A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria celebrada o 06/06/2018 a teor do establecido na ordenanza fiscal núm. 20 PP, reguladora de prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, aprobou os seguintes prezos públicso, que se concretan nas seguintes tarifas:
1º) Prezo público pola realización da actividade: Excursión para a terceira idade do Concello de Brión a Guimaraes 2018:
- Prezo público participante...................................................................30,00 €.
2º) Prezo público pola realización da actividade: Vacacións para a terceira idade do Concello de Brión 2018, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público participantes na actividade:
En habitación dobre.....................................................................725,00 €.
En habitación individual................................................................855,00 €.
Prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio 2018
A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o 11/12/2018 a teor do establecido na ordenanza fiscal núm. 20 PP, reguladora de prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, aprobou os seguintes prezos públicos, que se concretan nas seguintes tarifas:
1º) Prezo público pola asistencia ao curso de preparación para o acceso a ciclos de FP, de acordo coa seguinte tarifa:
.- Prezo público alumno curso................................................................10,00 €/mes.
2º) prezo público pola asistencia aos obradoiros de iniciación á rotótica, de acordo coa seguinte tarifa:
.- Prezo público 1º irmán/á....................................................................30,00 €/obradoiro.
.- Prezo público 2º irmán/á¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.......¿.15,00 €/obradoiro.
.- Prezo público 3º irmán/á e seguintes¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..¿.¿.gratuíto.
3º) Prezo público pola asistencia ás actividades de Nadal, de acordo coa seguinte tarifa:
.- Prezo público 1º irmán/á.....................................................................30,00 €
.- Prezo público 2º irmán/á¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.....¿¿¿¿¿¿.15,00 €
.- Prezo público 3º irmán/á e seguintes¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿....¿¿.gratuíto.
O que se expón ao público para xeral coñecemento mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Prezo público pola asistencia aos cursos de inglés
1º) Prezo público pola asistencia aos cursos de inglés, de acordo coa seguinte tarifa:
- Prezo público alumno por curso........................................................30,00 €/mes.
Prezo público pola asistencia aos cursos de ofimática 2019
A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada o 26/02/2019 a teor do establecido na Ordenanza fiscal núm. 20 PP, reguladora de prezos públicos polos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, aprobou o seguinte prezo público, que se concreta na seguinte tarifa:
1.º) Prezo público pola asistencia aos cursos de ofimática 2019, de acordo coasseguintes tarifas:
- Prezo público alumno curso de 4 horas ..................................................... 5,00 €
- Prezo público alumno curso de 10 horas ................................................. 15,00 €
- Prezo público alumno curso de 20 horas ................................................. 30,00 €
- Prezo público alumno curso de 40 horas ................................................. 50,00 €
- Persoas desempregadas ......................................................... 50% de desconto.