Brión - ORDENANZA FISCAL 20-PP REGULADORA DE PREZOS PÚBLICOS POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS CULTURAIS, EDUCATIVOS, DEPORTIVOS E DE OCIO
Artigo 1.º. Fundamento.
De conformidade co previsto no artigo 41, en relación co 127, ámbolos dous do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e demais normativa concordante de aplicación, este Concello establece os prezos públicos pola prestación de servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio polo Concello de Brión.
Artigo 2.º. Concepto.
Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen uns ingresos de dereito público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten os servizos culturais, educativos, deportivos ou de ocio prestados polo Concello de Brión.
Artigo 3.º. Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ao pagamento dos prezos públicos regulados nesta ordenanza os que soliciten ou se beneficien da prestación dos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio prestados polo Concello e especificados no artigo 4.º da presente ordenanza.
Artigo 4.º. Tarifas e bonificacións.
4.1. Os prezos públicos que se deben pagar ao Concello pola prestación dos servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio municipais, cinguirase ás seguintes tarifas:
TARIFA 1. Servizo de escolas deportivas.
Tarifa | Concepto | Tarifa (€) |
1.1 | Escola deportiva de patinaxe | 80,00 |
1.2 | Escola deportiva de baloncesto | 80,00 |
1.3 | Escola deportiva de iudo | 80,00 |
1.4 | Escola deportiva de tenis | 80,00 |
1.5 | Escola deportiva de fútbol sala | 80,00 |
1.6 | Escola deportiva de fútbol sete | 80,00 |
1.7 | Escola deportiva de predeporte | 80,00 |
1.8 | Escola deportiva de ximnasia rítmica | 80,00 |
1.9 | Outras escolas deportivas | 80,00 |
TARIFA 2. Actividades deportivas para adultos.
Tarifa | Actividade deportiva | Tarifa (€) |
2.1 | Pilates | 120,00 |
2.2 | Ximnasia de mantemento | 120,00 |
2.3 | Aerobic | 120,00 |
2.4 | Ioga | 120,00 |
2.5 | Outras actividades deportivas para adultos | 120,00 |
TARIFA 3. Outras actividades deportivas.
Tarifa | Actividade deportiva | Tarifa (€) |
3.1 | Piragüismo ata 16 anos | 30,00 |
3.2 | Piragüismo a partir de 16 anos | 40,00 |
3.3 | Rutas de sendeirismo realizadas fóra do termo municipal | 8,00 |
TARIFA 4. Servizos da Escola Municipal de Música Magariños.
Tarifa | Actividade musical (PEX nivel I) | Tarifa |
4.1 | 1.º e 2.º curso, por curso | 44,80 €/trimestre |
4.2 | 3.º e 4.º curso, por curso | 44,80 €/trimestre |
Tarifa | Actividade musical (PEX nivel II) | Tarifa |
4.3 | 1.º, 2.º, 3.º, 4.º, 5.º curso, por curso | 127,80 €/trimestre |
Tarifa | Actividade musical (PEX nivel III) | Tarifa |
4.4 | 1.º curso, por curso | 127,80 €/trimestre |
4.5 | 2.º, 3.º, 4.º, 5.º, 6.º curso, por curso | 127,80 €/trimestre |
Tarifa | Actividade musical (PEA nivel II) | Tarifa |
4.6 | 1.º, 2.º, 3.º, 4.º, 5.º curso, por curso | 127,80 €/trimestre |
Tarifa | Actividade musical (PEA nivel III) | Tarifa |
4.7 | 1.º curso, por curso | 127,80 €/trimestre |
4.8 | 2.º, 3.º, 4.º, 5.º, 6.º curso, por curso | 127,80 €/trimestre |
Tarifa | Outras actividades musicais | Tarifa |
4.9 | Obradoiro de pre-iniciación musical | 35,50 €/trimestre |
TARIFA 5. Escola de danza e música tradicional.
Tarifa | Actividades de danza e música tradicional | Tarifa (€) |
5.1 | Baile moderno | 80,00 |
5.2 | Baile galego | 80,00 |
5.3 | Pandeireta | 80,00 |
5.4 | Outras actividades de danza ou música tradicional | 80,00 |
TARIFA 6. Outras actividades culturais.
Tarifa | Actividade cultural | Tarifa (€) |
6.1 | Xogando cos contos | 80,00 |
6.1 | Obradoiro de novas tecnoloxías | 80,00 |
6.2 | Obradoiro de pintura | 80,00 |
6.3 | Obradoiro de inglés | 150,00 |
6.4 | Outros obradoiros culturais | 80,00 |
TARIFA 7. Talleres.
Tarifa | Talleres | Tarifa |
7.1 | Taller de manualidades | 40,00 €/trimestre |
TARIFA 8. Actividades de ocio para maiores.
Tarifa | Actividades de ocio para maiores | Tarifa |
8.1 | Actividades acuáticas | 30,00 €/trimestre |
8.2 | Obradoiro de memoria | 30,00 €/trimestre |
8.3 | Obradoiro de ximnasia | 30,00 €/trimestre |
8.4 | Obradoiro de informática | 30,00 €/trimestre |
4.2. As tarifas anteriores redúcense pola aplicación das seguintes bonificacións:
a) Tarifa 1, 5 e 6. Servizo de escolas deportivas, Escola de Danza e Música Tradicional e outras actividades culturais.-A inscrición nunha actividade das que figuran nestas tarifas, por temporada e por alumno será de 80 euros agás na actividade de Obradoiro de Inglés que será de 150 euros, por temporada e alumno. No caso de inscribirse en máis dunha actividade aplicarase unha bonificación do 50% na tarifa de cada unha das restantes actividades. A estos efectos se considererá que a primeira actividade será a de importe superior.
As familias con dous fillos e as consideradas numerosas, terán unha bonificación do 50% no segundo fillo e do 100% no terceiro e subseguintes. No caso de que o segundo fillo se inscribise nunha segunda actividade, esta bonificación do 50% non será acumulable á bonificación do 50% recollida no parágrafo anterior.
Aos efectos de aplicar as bonificacións previstas partirase sempre da tarifa de importe máis elevado.
A os efectos de aplicar a bonificación prevista para as familias con dous fillos e as numerosas, terá a consideración de primeiro fillo o de maior idade, e así sucesivamente.
b) Tarifa 2. Actividades deportivas para adultos.-A inscrición nunha actividade deportiva para adultos por temporada e por alumno será de 120 euros. No caso de inscribirse en máis dunha actividade aplicarase unha bonificación do 50% na tarifa de cada unha das restantes actividades.
c) Tarifa 4. Escola de música municipal Magariños:
Bonificación por segunda especialidade instrumental.-No caso de que un alumno se inscribise nunha segunda especialidade instrumental, aplicarase unha bonificación do 90% na tarifa da segunda especialidade.
Bonificación membros Asociación Banda de Música Municipal de Brión.-No caso de aqueles alumnos que sexan membros da Asociación da Banda de Música Municipal de Brión e que se inscriban nas actividades da Escola Municipal de Música Magariños aplicaráselles unha bonificación do 50 % na tarifa trimestral que lles corresponda aboar en función do Plan de Estudios no que esten inscritos. Esta bonificación non é compatible coa bonificación de familia numerosa ou de outras familias. No caso de concurran nun mesmo alumno duas bonificacións (a de familia numerosa ou utras familias e a da Banda) se aplicará unicamente a bonificación de familias numerosas ou outras familias.
Bonificación familias con certificado de familia numerosa.-As familias con certificado de familia numerosa aplicaráselles as seguintes bonificacións:
- Ao primeiro membro da familia (o de maior idade): terá unha bonificación na tarifa trimestral do 50%.
- Ao segundo membro da familia (o seguinte en idade): terá unha bonificación do 75% na tarifa trimestral.
- Ao terceiro membro da familia e seguintes (os seguintes en idade): terá unha bonificación do 100% na tarifa trimestral.
Bonificación outras familias.-As familias con máis de un membro inscrito na escola de música aplicaráselles as seguintes bonificacións:
- Ao primeiro membro da familia (o de maior idade): terá unha bonificación na tarifa trimestral do 0%
- Ao segundo membro da familia (o seguinte en idade): terá unha bonificación do 50% na tarifa trimestral.
- Ao terceiro membro da familia (o seguinte en idade): terá unha bonificación do 75% na tarifa trimestral.
- Ao cuarto membro da familia (o seguinte en idade): terá unha bonificación do 100% na tarifa trimestral.
d) Tarifa 8. Actividades de ocio para maiores.-As bonificacións aplicables as actividade de ocio para maiores serán as seguintes:
Bonificación por inscrición en máis de unha actividade.-No caso de que un alumno se inscribise en máis de unha actividade de ocio para maiores aplicaránse as seguintes bonificacións:
A primeira actividade se lle aplicará unha bonificación do 0% na tarifa trimestral.
A segunda actividade se lle aplicará unha bonificación do 50% na tarifa trimestral.
A terceira actividade se lle aplicará unha bonificación do 50% na tarifa trimestral.
A cuarta actividade se lle aplicará unha bonificación do 100% na tarifa trimestral.
Bonificación por inscrición nas actividades dos dous membros da parella.-No caso de que os dous membro da parella esten inscritos nas actividades de ocio para maiores aplicaránse as seguintes bonificacións:
O primeiro membro (o que este inscrito en máis actividades): se lle aplicarán as tarifas trimestrais correspondentes, e en caso que esté inscrito en máis dunha actividade se lle aplicarán as bonificacións por inscrición en máis dunha actividade.
Ao segundo membro (o que esté inscrito en menos actividades): se lle aplicarán as tarifas trimestrais correspondentes, e en caso que esté inscrito en máis dunha actividade se lle aplicarán bonificacións por inscrición en máis dunha actividade. Ao importe total que lle corresponda aboar se lle aplicará unha bonificación do 50%.
4.3. Cursos e obradoiros organizados polo Concello.
O prezo público será fixado pola Xunta de Goberno Local, de xeito que polo número dos solicitantes, se cubra o custo total do curso ou obradoiro, segundo o estudio de custos presentado polo departamento correspondente na súa proposta, correspondendo á Xunta de Goberno Local a aprobación individualizada de cada prezo á vista da proposta presentada. Porén, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.
4.4. Viaxes e excursións organizados polo Concello.
O prezo público será fixado pola Xunta de Goberno Local, de xeito que polo número dos solicitantes, se cubra o custo total do viaxe ou excursión, segundo o estudio de custos presentado polo departamento correspondente na súa proposta, correspondendo á Xunta de Goberno Local a aprobación individualizada de cada prezo á vista da proposta presentada. Porén, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.
4.5. Campamentos e actividades de tempo libre.
O prezo público será fixado pola Xunta de Goberno Local, de xeito que polo número dos solicitantes, se cubra o custo total do campamento ou da actividade de tempo libre, segundo o estudio de custos presentado polo departamento correspondente na súa proposta, correspondendo á Xunta de Goberno Local a aprobación individualizada de cada prezo á vista da proposta presentada. Porén, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.
4.6. Inserción de publicidade na revista Altamira.
O prezo público será modificado pola Xunta de Goberno Local, de xeito que polo número dos solicitantes, se cubra o custo total de impresión da Revista, segundo o estudio de custos presentado polo departamento correspondente na súa proposta, correspondendo a citada Xunta de Goberno Local a aprobación individualizada do prezo á vista da proposta presentada. Porén, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.
Inserción dun anuncio en cada número da revista ¿Altamira": 50,00 €.
Artigo 5.º. Normas de xestión e pagamento.
1.A obriga ao pagamento do prezo público xurde desde que se inicia a prestación dos servizos culturais, educativos, deportivos ou de ocio enumerados no artigo anterior. Sen embargo, o Concello, de conformidade coa habilitación prevista no artigo 46 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, esixirá o depósito no momento da inscrición na actividade, autoliquidando o importe e utilizando o modelo establecido polos Servizos Económicos.
Ás seguintes tarifas permitiraselles os seguinte prazos específicos de pagamento:
a) Tarifas 1, 2, 5 e 6. O importe total que lle corresponda aboar a cada alumno poderá ser aboado en dous importes iguais nos seguintes prazos:
1.º prazo: no mes de setembro.
2.º prazo: na primeira quincena de febreiro.
b) Tarifa 4. Se establecen 3 períodos de pago trimestrais, que serán os seguintes:
1.º prazo: dende o 1 ao 15 de setembro.
2.º prazo: dende o 9 ao 20 de xaneiro.
3.º prazo: dende o 10 ao 20 de abril.
Aos alumnos que estén en lista de espera e obteñan plaza na especialidade instrumental solicitada, permiteráselles prorratear a tarifa trimestral en tres períodos mensuais iguais. A estos efectos, a data que se terá en conta para calcular o importe a pagar será a data de alta por parte do Concello, así temos que:
Si a data de alta esta dentro do primeiro mes do período trimestral, aboarase a tarifa trimestral completa
Si a data de alta esta dentro do segundo mes do período trimestral, aboaránse 2/3 da tarifa trimestral.
Si a data de alta esta dentro do terceiro mes do período trimestral, aboarase 1/3 da tarifa trimestral.
c) Tarifa 7 e 8. Se establecen 3 períodos de pago trimestrais, que serán os seguintes:
1.º prazo: dende o 1 ao 10 de outubro.
2.º prazo: dende o 1 ao 10 de xaneiro.
3.º prazo: dende o 1 ao 10 de abril.
2. O ingreso do prezo público se fará en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta . Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado o correspondente prezo público.
3. Só se procederá a devolución do importe do precio público correspondente, cando concurra algunha das seguintes circunstancias:
Que por causas non imputables ao obrigado ao pagamento do prezo, non se preste o servicio por parte do Concello.
Que se comunique por escrito a baixa na actividade cunha antelación mínima de cinco días ao departamento xestor e con carácter previo o seu inicio, e esta non supoña un perxuicio a outros interesados.
Para procecer a devolución do prezo público a Intervención municipal solicitará informe ao xefe do departamento correspondente a acreditación dos anteriores circunstancias.
4. No caso de existir varias solicitudes coincidentes darase preferencia no caso dos particulares aos empadroados no Concello de Brión e no caso de entidades ás que teñan a súa sede social no Concello.
5. A proposta do Departamento de Servizos Sociais, para aqueles casos valorados técnicamente como persoas en situación de ¿difícil integración" e con informe favorable emitido por un Traballador Social Municipal, a Xunta de Goberno Local, poderá acordar unha bonificación de ata o 100% das tarifas reguladas na presente ordenanza.
6. As débedas por prezos públicos poderán esixirse polo procedemento de apremio.
Artigo 6.º. Delegación na Xunta de Goberno Local.
No suposto de que o servizo ou actividade cultural, educativa, deportiva ou de ocio a prestar polo Concello, non se atope tarifada na presente Ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme os artigos 47 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e 23.2 b) da Lei 7/85, do 2 de abril, o establecemento da tarifa ou a actualización da mesma, a proposta do servicio técnico correspondente co previo informe do interventor municipal.
Disposición derrogatoria.
Coa entrada en vigor da presente ordenanza fiscal queda derrogada a anterior ordenanza reguladora do prezo público polos sevizos culturais, educativos, deportivos e de ocio prestados polo Concello de Brión publicada definitivamente no BOP n.º 274, do 27 de novembro de 2008.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza fiscal, reguladora do prezo público pola prestación de servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, unha vez aprobada definitivamente, será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e entrará en vigor unha vez transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e manterase en vigor mentres non se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.
Cotas ¿Encontros da terceira idade 2012"
-Prezo público persoas empadroadas no Concello de Brión 10,00 €/ano.
-Prezo público persoas non empadroadas no Concello de Brión 40,00 €/ano.
-Prezo público por día solto empadroados no Concello de Brión 2,00 €/día.
-Prezo público por día solto non empadroados no Concello de Brión 5,00 €/día.
Cotas ¿Obradoiros de Nadal"
- Prezo público: 25,00 €/ano.
Cotas¿Obradoiros de informática 2012"
- Prezo público alumnos: 10,00 €/obradoiro
Cotas ¿Informática de usuario 2012"
- Prezo público alumnos curso de 20 horas: 30,00 €/curso
- Prezo público alumnos curso de 40 horas: 50,00 €/curso
Cotas ¿Cursos de manipulador de alimentos do ano 2012"
-Prezo público alumno curso 25,00 €.
Cotas ¿Cursos de formación na rede do ano 2012"
-Prezo público alumnos cursos de 20 horas 15,00 €.
-Prezo público alumnos cursos de 40 horas 25,00 €.
Cotas ¿Curso de obradoiro de informática de verán 2012"
-Prezo público participantes na actividade 20,00 €.
Cotas ¿Curso de obradoiro de verán 2012"
-Prezo público participantes 100,00 €.
Cota para participar na actividade ¿Excursión á Ribeira Sacra"
Prezo Público para participar na actividade ¿Excursión da terceira idade ás Rías Baixas 2012"
Prezos públicos para participar nas actividades 2012
Prezos públicos para participar nas seguintes actividades:
1. Curso de danzas de animación do ano 2012, que se concreta na seguinte tarifa:
- Prezo público alumno¿¿¿¿¿...............................................................20,00 €.
2. Obradoiros de agricultura sostible ano 2012, que se concreta na seguinte tarifa:
- Prezo público alumno por cada obradoiro.................................................15,00 €.
3. Curso Autocad 2D, que se concreta na seguinte tarifa:
- Prezo público alumno¿¿¿¿¿¿¿¿¿..................................................80,00 €.
4. Curso práctico de contabilidade e contaplús 2012, que se concreta na seguinte tarifa:
- Prezo público alumno¿¿¿¿¿¿¿¿¿..................................................40,00 €.
5. Obradoiros de fotografía ano 2012, que se concreta na seguinte tarifa:
- Prezo público alumno por obradoiro¿.¿..................................................40,00 €.
Prezos públicos para participar nas actividades 2013
1.º) Prezo público pola realización da actividade de ¿Curso práctico de contabilidade e contaplús do ano 2013", de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público por alumno: 40,00 €.
2.º) Prezo público pola realización da actividade de ¿Viaxe da xuventude do ano 2013", de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público por participante: 255,00 €.
3.º) Prezo público pola realización da actividade de ¿Curso de manipulador de alimentos do ano 2013", de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público por alumno: 25,00 €.
4.º) Prezo público pola realización da actividade de ¿Tardes de verán do ano 2013", de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público por participante maior de 10 anos: 12,00 €.
Prezo público por participante menor de 10 anos: gratuíto.
5.º) Prezo público pola realización da actividade de ¿Obradoiros de informática do ano 2013", de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público por participante: 5,00 €.
6.º) Prezo público pola realización da actividade de ¿Camiño de Santiago para mozos do ano 2013", de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público por participante: 75,00 €.
7.º) Prezo público pola realización da actividade de ¿Obradoiro de novas tecnoloxías de verán do ano 2013", de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público por participante: 20,00 €.
Prezo público pola realización da actividade de ¿Excursión da terceira idade a Vigo"
Prezo público pola realización da actividade de ¿Excursión da terceira idade a Vigo", de acordo coa seguinte tarifa:
Prezo público por participante 25,00 €.
Prezo público pola asistencia ao ¿Campamento de verán 2013"
Prezo público por participante.....................................................................100,00 €.
prezo público para a asistencia á ¿Carreira Pedestre do ano 2013
Prezo público para a asistencia á ¿Carreira Pedestre do ano 2013":
Prezo público por participante.......................................................5,00 €
Prezo público pola realización da actividade de ¿Clube Camaleón"
- Prezo público por participante......................................................................20,00 €/ trimestre.
Prezo público para os ¿Obradoiros de agricultura sostible do ano 2013"
- Prezo público por alumno obradoiros de 4 horas...........................................15,00 €.
- Prezo público por alumno obradoiros de 8 horas...........................................30,00 €.