Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 4, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.

Publicación provisional: 21/12/2007 BOP Nº: 293
Publicación definitiva: 21/12/2007 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 01/01/2013

Artigo 1º. Normativa aplicable.

O imposto construcións, instalacións e obras rexerase neste municipio:
a) Polas normas reguladoras do mesmo, contidas no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais; e polas demais disposicións legais e regulamentarias que complementen e desenrolen dita Lei.
b) Pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2º. Feito Impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible do imposto, a realización, dentro do termo municipal de calquera construción, instalación ou obra para a que se lle esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, obtivérase ou non dita licencia sempre que a súa expedición corresponda a este municipio.
2. Son construcións, instalacións e obras suxeitas ao imposto todas aquelas tal que a súa execución implique a realización do feito impoñible definido no apartado anterior e en particular as seguintes:
a) Obras de nova planta e de ampliación de edificios, ou necesarias para a implantación, ampliación, modificación ou reforma de instalacións de calquera tipo.
b) Obras de modificación ou de reforma que afecten a estrutura en aspecto exterior ou a disposición interior dos edificios, ou que incidan en calquera clase de instalacións existentes.
c) As obras provisionais
d) A construción de vaos para a entrada e saída de vehículos das fincas na vía pública.
e) As construcións, instalacións e obras realizadas na vía pública por particulares ou por empresas subministradoras de servizos públicos, que corresponderán tanto ás obras necesarias para a apertura de calas e pozos, colocación de postes de soporte, canalizacións, conexións e, en xeral, calquera remoción do pavimento ou beirarrúas, como as necesarias para a reposición, reconstrución ou arranxo do que puidera estragarse coas calas mencionadas.
f) Os movementos de terra tales como desmontes, explanacións, escavacións, terraplanados, salvo que estes actos estean detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización ou edificación aprobado ou autorizado.
g) As obras de peche dos solares ou dos terreos e das vallas, estadas e estadaxes de precaución.
h) A nova implantación, ampliación, modificación, substitución ou cambio de emprazamento de todo tipo de instalacións técnicas dos servizos públicos, calquera que sexa o seu emprazamento.
i) Os usos ou instalacións de carácter provisional.
j) Instalación, reforma ou calquera outra modificación dos soportes ou vallas que teñan publicidade ou propaganda.
k) As instalacións subterráneas dedicadas aos aparcamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, aos servizos públicos ou a calquera outro uso ó que se destine o subsolo.
l) A realización de calquera outra actuación establecida polos plans de ordenación ou polas ordenanzas que lle sexan aplicables como suxeitas a licencia municipal, sempre que se trate de construcións, instalacións ou obras.

Artigo 3º. Exencións.

Están exentas de este imposto as construcións, instalacións e obras das que sexa dono o Estado, as Comunidades Autónomas ou as Entidades Locais que, estando suxeitas ó mesmo, vaian ser directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se se trata de obras de inversión nova como de conservación.

Artigo 4º. Base impoñible, cota e devengo.

A base impoñible de este imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, entendéndose por tal, a estes efectos, o custo de execución material de aquela tal e como se describe no anexo 1.
Non formarán parte da base o imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas con ditas construcións, instalacións ou obras nin os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre o custo de execución material.
A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame: 2,78.
O imposto devengarase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se houbera obtido a correspondente licencia

Artigo 5º.- Bonificacións

1. Establécese unha bonificación do 50% sobre as obras, construcións ou instalacións destinadas á incorporación de sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar.
A presente bonificación aplicarase só sobre a parte do presuposto de execución que corresponda á obra e/ou instalación dos sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo. A aplicación desta bonificación condiciónase a que se acredite que os colectores ou captadores dispoñan da correspondente homologación da Administración competente, non concedéndose en caso de que a implantación dos sistemas sexa obrigatoria a tenor da normativa específica na materia.
A estes efectos, xunto coa solicitude deberá achegar o orzamento de execución das ditas instalacións (en separata), un certificado asinado por técnico competente e visado polo respectivo colexio profesional onde se recolla que a instalación non é obrigatoria pola normativa específica na materia e a homologación da Administración competente.
2. Establécese unha bonificación do 50% sobre a cota no caso de construcións, instalacións e obras que impliquen unha reforma no interior da vivenda para adecuala á discapacidade de calquera persoa que resida habitualmente na mesma, alcanzando exclusivamente á parte da cota correspondente ás instalacións e obras destinadas estritamente a tal fin.
A estes efectos, xunto coa solicitude, deberá achegar o orzamento de execución das ditas instalacións (en separata) subscrito polo técnico director das mesmas, certificado de discapacidade emitido pola Administración competente e certificado de empadroamento da persoa para a que se adapta a vivenda.
A presente bonificación só se aplicará no caso de reformas de vivendas xa existentes.
As bonificacións sinaladas nos parágrafos precedentes son compatibles entre si, aplicándose na orde na que figuran sinaladas e practicarase deducindo o importe ao que ascendan da cota resultante de deducir as que lle preceden

Artigo 6º.Xestión.

1. Cando se conceda a licencia preceptiva ou cando non se solicitara, concedera ou denegara a preceptiva licencia e se inicie ou realice a construción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta, determinándose o custo de execución material en función do informe técnico municipal resultante da aplicación dos módulos contemplados no anexo a esta ordenanza. O pago da liquidación provisional non implica ningún acto declarativo de dereito a favor do suxeito pasivo.
2. Cando se modifique o proxecto orixinario da construción, instalación ou obras que supoña un incremento do número de unidades dos índices e módulos, unha vez aceptada a modificación pola administración municipal, practicarase unha liquidación complementaria.
3. Finalizada a construción, instalación ou obras, tendo en conta o custo real e efectivo destas, o concello previa a oportuna comprobación administrativa, modificará no seu caso, a base impoñible sinalada no parágrafo primeiro practicando a correspondente liquidación definitiva, esixindo ó suxeito pasivo ou reintegrándolle no seu caso, a cantidade que corresponda.
4. A determinación da data de remate da construción, instalación ou obras determinarase por calquera medio de proba admisible en dereito, e en particular:
a) Obras de nova planta: certificado de fin de obra expedido polo técnico director.
b) Nos restantes casos a partir da data de expedición do certificado de fin de obra, faltando este, a data de finalización que o titular da licencia comunique ó Concello.
En defecto dos documentos anteriores, tomarase como data de remate a que conste no informe técnico municipal previa comprobación dos feitos acreditativos desta.
5. No caso de que non se execute a construción, instalación ou obras o suxeito pasivo terá dereito á devolución do ingresado previa renuncia expresa á licencia concedida

Artigo 7º.Recadación e inspección

A recadación e inspección do tributo realizarase de acordo co previsto na LXT , Regulamento Xeral de Recadación, demais leis do Estado reguladoras da materia e disposicións ditadas para o seu desenrolo.

Artigo 8º. Infraccións e sancións tributarias.

Para todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da L.X.T.

Artigo 9º. Comprobación e investigación.

A Administración Municipal poderá, por calquera dos medios previstos nos artigos 57 e 115 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, comprobar o valor dos elementos do feito impoñible.

Disposición derradeira

A presente ordenanza fiscal, aprobada polo Pleno do Concello de Ordes en sesión celebrada o 29 de outubro de 2007 comezará a aplicarse a partir do primeiro de xaneiro do ano dous mil oito, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

ANEXO I

Estimación do orzamento de execución material de obras, instalacións e construcións, para aplicación do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO).
Co fin de determinar o orzamento de execución para aplicación do imposto sobre construcións, instalacións e obras, estímase oportuno adoptalo procedemento de avaliación establecido no ¿manual para a estimación simplificada dos presupostos de execución material da edificación" do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), introducindo pequenas variacións para axustalo seu contido á casuística do concello de Ordes.
1.- DEFINICIÓNS.
Mb Módulo básico.
Mc Módulo de construción ou de referencia.
Ct Coeficiente de tipoloxía.
Cu Coeficiente de uso.
Mci Módulo de construción de acordo co destino predominante nela.
Si Superficie construída por uso de acordo co destino predominante nela.
Pmb Presuposto de execución material segundo módulos básicos.
2.- MÓDULO BÁSICO.
Se establece un módulo básico (Mb) ou prezo en euros por cada metro cadrado de edificación.
O seu valor será fixado e actualizado periodicamente polo Concello en función dos datos coñecidos, tanto de carácter oficial como do mercado da construción e inmobiliario. No momento actual estímase en 520 euros/m²
3.- MÓDULO DE CONSTRUCIÓN OU REFERENCIA (Mc).
O módulo de construción ou de referencia obtense aplicando a seguinte fórmula:
Mc= Mb x Ct x Cu
4.- COEFICIENTE DE TIPOLOXÍA (Ct).
4.1.- En edificacións de nova planta e adicións.
1,20 Edificación illada (catro fachadas). Vivenda unifamiliar. Sotos a partir do terceiro.
1,10 Agrupación en fila. Sotos primeiro e segundo.
1,00 Edificio en quinteiro pechado. Edificación aberta de vivenda colectiva.
4.2.- En obras de reforma e rehabilitación.
1,20 Rehabilitación total, incluíndo a desmontaxe das fachadas.
1,00 Adecuación interior de plantas baixas e entreplantas. Rehabilitación integral conservando exclusivamente as fachadas.
0,65 Reforma interior de instalacións e acabados conservando a estrutura existente.
0,50 Reforma de elementos estruturais.
0,35 Rehabilitación de fachadas. Substitución de carpinterías e cerramentos (aplicada á superficie da fachada).
0,30 Reforma de acabados interiores (sen afectar a elementos estruturais nin a instalacións)
0,08 Substitución do material de cobertura.
0,02 Pintado de fachadas. Demolicións e derrubos.
4.3.- En obras no edificatorias.
1,00 Parcelas campings. Acondicionamento de terreos.
0,15 Cerramentos de parcelas de manpostería, formigón, cantería ou similar.
0,10 Peches de zócalo, postes e arame.
0,04 Peches de postes e arame.
0,02 Tallos.
5.. COEFICIENTE DE USO (Cu)
1,60 Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis de cinco estrelas. Edificios bancarios.
1,50 Hospitais. Laboratorios. Igrexas.
1,40 Bibliotecas. Facultades e escolas universitarias. Hoteis de catro estrelas. Edificios penitenciarios. Terminais marítimas e aéreas.
1,30 Clubs sociais. Cines. Centros de saúde. Balnearios. Hoteis de tres estrelas. Salas de Festas. Discotecas. Colexios con residencia.
1,20 Casas da cultura. Casas consistoriais. Locais bancarios. Consultorios. Residencias da terceira idade. Apart-hoteis. Tanatorios. Centros de culto. Cuarteis. Matadoiros.
1,10 Vivendas. Hoteis de dúas estrelas. Residencias universitarias. Moteis.
1,00 Residencial VPO. Oficinas. Garderías. Centros docentes. Hoteis de unha estrela. Ambulatorios. Hostais-residencia. Restaurantes. Estacións de autobuses. Salas de exposición. Piscinas cubertas.
0,90 Bares. Mercados.
0,80 Centros comerciais. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows. Servizos cámpings.
0,65 Edificios de aparcamentos. Locais comerciais.
0,50 Piscinas descubertas. Cemiterios.
0,40 Locais en planta baixa ou soto sen uso específico. Garaxes e aparcamentos. Estacións de servizo.
0,35 Rochos. Pórticos, soportais e terrazas abertas.
0,30 Almacéns e naves industriais. Instalacións deportivas descubertas. Naves. Granxas. Alpendres, pendellos ou cubertos. Depósitos.
0,15 Acondicionamento de naves con obras mínimas.
0,10 Proxectos de urbanización (adscritos á edificación). Parcelas de cámpings.
0,05 Xardíns. Pistas de terra e formigón. Tratamento de espazos exteriores. Acondicionamento de terreos.
6.- PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIAL SEGUNDO MÓDULOS BÁSICOS (Pmb).
O presuposto de execución material segundo módulos básicos (Pmb), de todo tipo de construción, instalacións e obras, poderá obterse en función do módulo de construción e da superficie para cada uso, segundo a seguinte fórmula:
PMb= ∑(Mci x Si)