Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 4, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.
Artigo 1º. Normativa aplicable.
Artigo 2º. Feito Impoñible.
Artigo 3º. Exencións.
Artigo 4º. Base impoñible, cota e devengo.
Artigo 5º.- Bonificacións
1. Na contestación que o Concello faga por escrito ao solicitante dunha licenza, sempre que a actuación teña posibilidade de acceder a unha bonificación, deberá existir un recordatorio da citada bonificación e das condicións da mesma.
Declarar de interese social as obras de construción, ampliación, reforma e conservación, de explotacións gandeiras e agropecuarias no termo municipal de Ordes que cumpran coa normativa urbanística e dispoñan de licenza de apertura, previa tramitación do expediente ambiental que corresponda. A dita bonificación será do 75% da cota e outorgarase, de ser o caso, previa solicitude por escrito do interesado, a cal deberá presentarse previamente ao pago do ICIO por parte do interesado, e elevarase ao Pleno Corporativo, o cal decidirá por maioría simple, sobre a súa concesión ou non.
A citada bonificación levarase a cabo sobe as naves, rochos, ... etc. vinculados directamente á explotación, sen que en caso algún poida efectuarse a mesma sobre edificacións destinadas a vivenda ou outros usos non gandeiros ou agropecuarios.
En caso ningún se procederá á aprobación da citada bonificación se a obra foi iniciada sen a oportuna licenza municipal, salvo no caso de legalización de explotacións preexistentes nos termos sinalados pola normativa vixente
2. Establécese unha bonificación do 50% sobre as obras, construcións ou instalacións destinadas á incorporación de sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar.
A presente bonificación aplicarase só sobre a parte do presuposto de execución que corresponda á obra e/ou instalación dos sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo. A aplicación desta bonificación condiciónase a que se acredite que os colectores ou captadores dispoñan da correspondente homologación da Administración competente, non concedéndose en caso de que a implantación dos sistemas sexa obrigatoria a tenor da normativa específica na materia.
A estes efectos, xunto coa solicitude deberá achegar o orzamento de execución das ditas instalacións (en separata), un certificado asinado por técnico competente e visado polo respectivo colexio profesional onde se recolla que a instalación non é obrigatoria pola normativa específica na materia e a homologación da Administración competente.
3. Establécese unha bonificación do 50% sobre a cota no caso de construcións, instalacións e obras que impliquen unha reforma no interior da vivenda para adecuala á discapacidade de calquera persoa que resida habitualmente na mesma, alcanzando exclusivamente á parte da cota correspondente ás instalacións e obras destinadas estritamente a tal fin.
A estes efectos, xunto coa solicitude, deberá achegar o orzamento de execución das ditas instalacións (en separata) subscrito polo técnico director das mesmas, certificado de discapacidade emitido pola Administración competente e certificado de empadroamento da persoa para a que se adapta a vivenda.
A presente bonificación só se aplicará no caso de reformas de vivendas xa existentes.
As bonificacións sinaladas nos parágrafos precedentes son compatibles entre si, aplicándose na orde na que figuran sinaladas e practicarase deducindo o importe ao que ascendan da cota resultante de deducir as que lle preceden.