Cabana de Bergantiños - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras

Publicación provisional: 16/04/2012 BOP Nº: 71
Publicación definitiva: 04/06/2012 BOP Nº: 104
Aplicable dende: 05/06/2012

Artigo 1.- Fundamento e réxime

1.- No uso das facultades que lle confire a Constitución, o artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, de bases do réxime local, e de acordo co previsto no artigo 59.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello de Cabana de Bergantiños establece o Imposto sobre as construccións, as instalacións e as obras.

2.- Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, polas disposicións que a desenvolvan e polo que dispón esta ordenanza.

Artigo 2.- Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a correspondente licenza de obras ou urbanística (obtéñase ou non), sempre que a súa expedición corresponda a este Concello de Cabana de Bergantiños.

Artigo 3.- Suxeitos pasivos

1.- Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan donos da construción, da instalación ou da obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realiza a obra.

Para os efectos previstos no parágrafo anterior, terá a consideración de dono da construción, da instalación ou da obra quen soporte o gasto ou o custo que comporte a súa realización.

2.- Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licenzas ou os que realicen as construcións, as instalacións e as obras, se non fosen os propios contribuíntes.

O substituto poderá esixirlle ao contribuínte o importe da cota tributaria que satisfixo.

Artigo 4.- Exencións

Está exenta do pagamento deste imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, a comunidade autónoma ou as entidades locais, que, aínda que estea suxeita ao imposto, vaia ser directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e de augas residuais, aínda que a súa xestión a leven a cabo organismos autónomos e tanto que se trate de obras de investimento novo como de conservación.

Artigo 5.- Base impoñible

1.- A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, da instalación ou da obra. Para tales efectos, enténdese por custo real e efectivo o custo de execución material da construción, da instalación ou da obra.

Non formarán parte da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e os demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, os prezos públicos e as demais prestacións patrimoniais de carácter público local que estean relacionadas, de ser o caso, coa construcción, coa instalación ou coa obra. Tampouco formarán parte da base impoñible os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.

2- A base impoñible determinarase polos servicios técnicos municipais conforme ós prezos medios recollidos no anexo desta Ordenanza. En caso de que o orzamento presentado polos interesados resultase superior, aceptarase éste.

Artigo 6.- Cota tributaria

A cota tributaria íntegra virá determinada pola aplicación do tipo de gravamen sobre a base impoñible. O tipo de gravamen queda fixado no 2,8%.

Artigo 7.- Obriga de contribuír

A obriga de contribuír nace no momento de comezar a construcción, a instalación ou a obra, aínda que non se obtivera a correspondente licenza.

Artigo 8.- Normas de xestión

1.- O Concello esixirá o imposto en réxime de liquidación. Calculada a base impoñible según se establece no artigo 5º desta ordenanza, e concedida a licenza, practicarase unha liquidación provisional, que deberá ser aboada polos suxeitos pasivos en calquera entidade colaboradora autorizada e nos prazos establecidos pola LXT.

2.- Á vista das construcción, instalación e obras efectivamente realizadas e do custo real e efectivo das mesmas, o concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitivia e esixindo ó suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

No caso que teñan que practicarse liquidacións definitivas que non estén provisionalmente valoradas, dacordo co artigo 8 da presente ordenanza, éstas realizaranse de acordo cos presos medios recollidos no anexo.

3 Cando se modifique o proxecto da construción, da instalación ou da obra e resultara un incremento do orzamento, e logo de que o suxeito pasivo solicite nova licenza, practicarase unha liquidación complementaria pola diferencia entre o orzamento inicial e o modificado, con suxeición aos prazos, aos requisitos e para os efectos indicados nos apartados anteriores.

4 Cando os suxeitos pasivos non aboaran a correspondente liquidación do imposto nos prazos anteriormente sinalados, ou cando non a presentaran ou a aboaran por unha cantidade inferior á cota que resulte do orzamento que achegan, a administración municipal practicará e notificará unha liquidación provisional pola cantidade que proceda e incoará o correspondente procedemento sancionador.

Artigo 9. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións, será aplicable, segundo o dispón o artigo 11 do Real decreto lexislativo 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a regulación contida na Lei 58/2003, xeral tributaria, e demais disposicións que a complementen e a desenvolvan.

Disposición derogatoria

Coa entrada en vigor desta ordenanza, queda derogada a anterior Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras, que aprobou o Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 31 de marzo de 2005 (publicación definitiva no BOP nº 124 do 2 de xuño de 2005) e as súas posteriores modificacións.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno, en sesión celebrada o día 29 de marzo de 2012; entrará en vigor ao día seguinte de que se publique no Boletín Oficial da Provincia e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou se derogación expresa.

ANEXO

Relación de prezos medios de execución material definida polos servizos técnicos municipais achegada á presente ordenanza:

OBRAS MENORES

1.- Demolicions:

1.1. Demolición de muros: 18,00 Eur./m2

1.2. Demolición de tabiques: 6,00 Eur./m2

1.3. Levantado de solainas: 5,00 Eur./m2

1.4. Demolición de pavimento de baldosa: 8,00 Eur./m2

1.5. Picado de azulexados e revestimentos: 7,00 Eur./m2

1.6. Demolición de forxados: 12,00 Eur./m2

1.7. Demolición completa: 16,00 Eur./m2

1.8. Demolición de cuberta de fibrocemento: 4,00 Eur./m2

1.9. Demolición de cuberta de tella: 6,00 Eur./m2

1.10. Demolición de cuberta de tella, fibrocemento e viguetas: 10,00 Eur./m2

1.11. Levantado de carpinteria con retirada de escombros: 8,00 Eur./m2

2.- Movementos de terra:

2.1. Excavación de gabias: 6,00 Eur./m3

2.2. Excavación a ceo aberto: 5,00 Eur./m3

2.3. Recheo de gabias: 10,00 Eur./m3

2.4. Recheo a ceo aberto: 10,00 Eur./m3

2.5. Carga e transporte de terras a vertedeiro: 4,50 Eur./m3

3.- Peches:

3.1. Peche de estacas e arame: 6,00 Eur./m.

3.2. Peche de tea metalica: 16,00 Eur./m.

3.3. Peche de fabrica e tea metalica: 30,00 Eur./m.

3.4. Peche de bloques de formigon: 25,00 Eur./m2.

3.5. Peche muro tradicional de pedra: 90,00 Eur./m2.

3.6. Cimentación de hormigón: 80,00 Eur./m2.

3.7. Peche de forxa de ferro: 100,00 Eur./m2.

3.8. Peche de balaustre de aceiro: 150,00 Eur./m2.

3.9. Peche de balaustre de aluminio: 90,00 Eur./m2.

3.10. Rehabilitación muro de pedra: 45,00 Eur./m2.

3.11. Muro de manposteria de granito: 150 Eur./m2

4.- Cubertas:

4.1. Cuberta de fibrocemento: 16,00 Eur./m2.

4.2. Cuberta de tella: 25,00 Eur./m2.

4.3. Cuberta de lousa: 45,00 Eur./m2.

4.4. Cuberta de viguetas, fibrocemento e tella: 80,00 Eur./m2.

4.5. Canalons: 20 Eur./m.

4.6. Baixantes: 20 Eur./m.

4.7. Instalacións e retirada de andamios: 6,00 Eur./m2.

5.- Albaneleria:

5.1. Estructura completa de formigón armado: 60,00 Eur./m2.

5.2. Estructura completa de aceiro: 65,00 Eur./m2.

5.3. Estructura de nave de formigon armado: 45,00 Eur./m2.

5.4. Estructura de nave metalica: 50,00 Eur./m2.

5.5. Soleira de formigón: 18,00 Eur./m2.

5.6. Forxado de formigón: 50,00 Eur./m2.

5.7. Muro de contención de formigón: 80,00 Eur./m2.

5.8. Muro de cachoteria: 90,00 Eur./m2

5.9. Muro de bloque: 25,00 Eur./m2.

5.10. Tabique de ladrillo: 16,00 Eur./m2.

5.11. Cerramento de doble folla de ladrillo: 45,00 Eur./m2.

5.12. Celosia, balaustrada: 30,00 Eur./m2

5.13. Azulexado: 22,00 Eur./m2.

5.14. Enfoscado: 12,00 Eur./m2.

5.15. Pavimento de gres: 36,00 Eur./m2.

5. 16. Pavimento tarima flotante: 40,00 Eur./m2.

6.- Galpons:

6.1. Galpón de bloque ou ladrillo : 90,00 Eur./m2.

6.2. Galpón de madeira : 70,00 Eur./m2.

7.- Pinturas:

7.1. Pintura interior: 5,00 Eur./m2.

7.2. Pintura exterior: 7,00 Eur./m2.

8.- Carpinteria:

8.1. Porta de entrada : 500,00 Eur./Ud.

8.2. Porta interior: 180,00 Eur./Ud.

8.3. Fiestra: 230,00 Eur./m2.

8.4. Fiestra en plano de cuberta: 220,00 Eur./m2.

8.5. Peche de balcóns e terrazas con galeria: 250,00 Eur./m2.

8.6. Reixa de seguridade en portas e fiestras: 60,00 Eur./m2.

8.7. Fronte de portal: 150,00 Eur./m2.

9.- Instalación de fontaneria e saneamento:

9.1. Instalacións en aseo (sen aparatos sanit.): 160,00 Eur./Ud.

9.2. Instalacións en baño (sen aparatos sanit.): 210,00 Eur./Ud.

9.3. Instalación de cociña: 200,00 Eur./Ud.

9.4. Lavabo incluso billame: 190,00 Eur./Ud.

9.5. Inodoro: 200,00 Eur./Ud.

9.6. Bidé incluso billame: 180,00 Eur./Ud.

9.7. Bañera incluso billame: 255,00 Eur./Ud.

10.- Instalación de electricidade:

10.1. Instalación de electricidade en vivienda de 100m2: 2.500,00 Eur./Ud.

11.- Instalación de calefacción:

11.1. Instalación de calefacción en vivienda de 100m2: 5.000,00 Eur./Ud.

12.- Pozos:

12.1. Pozo de barrena: 1.350,00 Eur./Ud.

12.2. Pozo artesano: 1.700,00 Eur./Ud.

13.- Depuracion:

13.1. Fosa septica e pozo filtrante: 1.300,00 Eur./Ud.

14.- Piscinas:

14.1. Piscina descuberta: 290 Eur./m2 construido.

15.- Pistas:

15.1. Pista deportiva: 75,00 Eur./m2.

15.2. Beirarrua: 25,00 Eur./m2.

16.- Guindastre:

16.1. Guindastre: 300,00 Eur./Ud.

OBRAS MAIORES

1.- Vivendas:

1.1. Vivendas plurifamiliarese en edificios: 450,00 Eur./m2

1.2. Vivenda unifamiliar: 580,00 Eur./m2.

1.3. Outros usos en vivenda (sotos, garaxes, ect.): 250,00 Eur./m2.

1.4. Reformas de vivendas: 300,00 Eur./m2

2.- Edificios uso industrial:

2.1. Edificaciones de uso industrial: 280,00 Eur./m2

3.- Edificios uso terciario:

3.1. Edificios con uso exclusivo terciario: 400,00 Eur./m2.

3.2. Reforma de locais comerciaes: 320,00 eur./m2.

4.- Edificios uso agrícola ou gandeiro

4.1. Edificaciones de uso agrícola ou gandeiro: 170,00 Eur./m2