Cabana de Bergantiños - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras

Publicación provisional: 16/04/2012 BOP Nº: 71
Publicación definitiva: 04/06/2012 BOP Nº: 104
Aplicable dende: 22/08/2022

Artigo 1.- Fundamento e réxime

1.- No uso das facultades que lle confire a Constitución, o artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, de bases do réxime local, e de acordo co previsto no artigo 59.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello de Cabana de Bergantiños establece o Imposto sobre as construcións, as instalacións e as obras.

2.- Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, polas disposicións que a desenvolvan e polo que dispón esta ordenanza.

Artigo 2.- Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a correspondente licenza de obras ou urbanística (obtéñase ou non), ou para a que se esixa a presentación de comunicación previa ou declaración responsable, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello de Cabana de Bergantiños.

Artigo 3.- Suxeitos pasivos

1.- Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan donos da construción, da instalación ou da obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realiza a obra.

Para os efectos previstos no parágrafo anterior, terá a consideración de dono da construción, da instalación ou da obra quen soporte o gasto ou o custo que comporte a súa realización.

2.- Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licenzas ou os que realicen as construcións, as instalacións e as obras, ou ben os que presenten a comunicación previa ou declaración responsable, se non fosen os propios contribuíntes.

O substituto poderá esixirlle ao contribuínte o importe da cota tributaria que satisfixo.

Artigo 4.- Exencións

Está exenta do pagamento deste imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, a comunidade autónoma ou as entidades locais, que, aínda que estea suxeita ao imposto, vaia ser directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e de augas residuais, aínda que a súa xestión a leven a cabo organismos autónomos e tanto que se trate de obras de investimento novo como de conservación.

Artigo 5.- Base impoñible

1.- A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, da instalación ou da obra. Para tales efectos, enténdese por custo real e efectivo o custo de execución material da construción, da instalación ou da obra.

Non formarán parte da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e os demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, os prezos públicos e as demais prestacións patrimoniais de carácter público local que estean relacionadas, de ser o caso, coa construción, coa instalación ou coa obra. Tampouco formarán parte da base impoñible os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estritamente, o custo de execución material.

2- A base impoñible determinarase conforme ao orzamento de execución material aportado polos interesados, sempre que este estivese visado polo colexio oficial correspondente, cando isto constitúa un requisito preceptivo. Noutro caso, a base impoñible determinarase en función dos prezos medios de execución material contidos no Anexo desta ordenanza.

Artigo 6.- Cota tributaria

A cota tributaria íntegra virá determinada pola aplicación do tipo de gravame sobre a base impoñible. O tipo de gravame queda fixado no 2,8%.

Artigo 7.- Obriga de contribuír

A obriga de contribuír nace no momento de comezar a construción, a instalación ou a obra, aínda que non se obtivera a correspondente licenza.

Artigo 8.- Normas de xestión

1 - O imposto esixirase en réxime de autoliquidación.

Os suxeitos pasivos están obrigados a practicar autoliquidación polo imposto, no impreso habilitado a tal efecto polo Concello, que deberá ser presentado polo interesado xunto co xustificante de ingreso nas contas municipais da cota resultante nos seguintes prazos determinados en función do procedemento de tramitación da licenza:

a) No momento de presentar comunicación previa ou declaración responsable.

b) No prazo dun mes dende a notificación da concesión da licenza.

c) No caso de que non se teña solicitado, concedido ou denegado expresamente a licenza, ou presentado comunicación previa ou declaración responsable, a autoliaquidación xunto co xustificante de ingreso deberá presentarse no prazo dun mes dende o inicio da instalación, construción ou obra.

2- A autoliquidación regulada no apartado anterior terá o carácter de liquidación provisional e deberá practicarse tomando como base impoñible a seguinte :

a) O orzamento de execución material aportado polos interesados, sempre que este estivese visado polo colexio oficial correspondente, cando isto constitúa un requisito preceptivo.

b) Noutro caso, a base impoñible determinarase en función dos prezos medios de execución material contidos no Anexo desta ordenanza ou de acordo co orzamento presentado polos interesados cando este resultase superior.

3.- Unha vez rematadas as construcións, instalacións ou obras, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a súa terminación, os suxeitos pasivos deberán presentar na oficina xestora do imposto, unha declaración responsable do custe real e efectivo das obras, achegando no suposto de obras e instalacións ¿maiores", unha liquidación definitiva, asinada polo director das obras, visada polo Colexio Oficial correspondente.-

Tendo en conta a obra realizada e o seu custo real e efectivo, o Concello, previa comprobación e, no seu caso, cuantificación, polos servizos técnicos municipais, practicará a correspondente liquidación definitiva, e esixindo ou reintegrando ao suxeito pasivo a cantidade que, no seu caso, resulte das diferenzas existentes nas respectivas bases impoñibles.

4.- No caso de que se modificase o proxecto inicial das construcións, instalacións ou obras e se incrementase o presuposto, con independencia da necesidade de presentar comunicación previa ou declaración responsable ou obter a preceptiva licenza urbanística municipal, os suxeitos pasivos están obrigados a presentar unha nova autoliquidación complementaria pola diferenza entre o presuposto inicial e o modificado con suxeición a prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.

5.- No suposto de que non se inicien ou non se executen integramente as construcións, instalacións ou obras, o interesado terá dereito á devolución das cotas do ICIO satisfeitas e correspondentes á base impoñible das non realizadas, sempre e cando formule renuncia expresa á licenza, ou sexa declarada caducada mediante resolución administrativa firme e teñan transcorrido os prazos para a interposición do correspondente recurso contencioso-administrativo contra a dita declaración de caducidade. Igualmente terá dereito á devolución do ingresado unha vez formule expresa renuncia nos supostos de presentación dunha comunicación previa ou declaración responsable.

6.- As devolucións, cando procedan, axustaranse ao procedemento establecido para as devolucións de ingresos indebidos.

7.- Cando a autoliquidación fora presentada e pagada aquela por cantidade inferior á cota que resulte do presuposto achegado, o Concello poderá practicar e notificar unha liquidación complementaria pola cantidade que proceda.

Asemade, poderá practicar unha liquidación complementaria no suposto de que os Servizos Técnicos Municipais, constaten que o presuposto achegado non se axusta aos valores reais.-

Cando os suxeitos pasivos non teñan efectuado o pagamento da correspondente liquidación polo imposto, nos prazos anteriormente sinalados, seguirase a vía de constrinximento, para os efectos de recadar as cotas tributarias resultantes.-

Artigo 9. Bonificacións.

Establécese unha bonificación da cota correspondente para as construcións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego, regulada no artigo 103.2.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. Esta medida será de aplicación unicamente a aqueles supostos de implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aqueles outros que consistan nunha ampliación das instalacións sempre e cando implique creación de emprego no termo municipal de Cabana de Bergantiños. As porcentaxes de bonificacións son as seguintes:

- Dun 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo.

- Dun 75% pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo.

- Dun 50% pola creación de ata 10 postos de traballo.

Corresponde ao Pleno do Concello acordar a declaración de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento de emprego, debendo contar co voto favorable da maioría simple dos seus membros, previa solicitude do interesado.

A bonificación concederase a petición do interesado, presentada con anterioridade á realización do feito impoñible e será de aplicación unicamente a aquelas construcións, instalacións ou obras destinadas á implan­tación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aquelas outras que consistan nunha ampliación das instalacións xa existentes sempre e cando implique creación de emprego.

As contratacións deberán xustificarse unha vez finalizada a obra. O emprego comprometido deberá manterse, cando menos, un período de tres anos dende o inicio da actividade polo suxeito pasivo. Tal circunstancia deberá ser acreditada ante os servizos tributarios do Concello.

Artigo 10. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións, será aplicable, segundo o dispón o artigo 11 do Real decreto lexislativo 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a regulación contida na Lei 58/2003, xeral tributaria, e demais disposicións que a complementen e a desenvolvan.

Disposición final

A presente modificación da ordenanza fiscal aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 26 de maio de 2022, entrará en vigor a partir da data de publicación da súa aprobación definitiva e publicación íntegra do texto no Boletín Oficial da Provincia sendo de aplicación dende dita data, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

ANEXO (relación de prezos medios de execución material definida polos servizos técnicos municipais achegada á presente ordenanza)

OBRAS MENORES

1.- Demolicións:

1.1. Demolición de muros: 18,00 Eur./m2

1.2. Demolición de tabiques: 6,00 Eur./m2

1.3. Levantado de solainas: 5,00 Eur./m2

1.4. Demolición de pavimento de baldosa: 8,00 Eur./m2

1.5. Picado de azulexados e revestimentos: 7,00 Eur./m2

1.6. Demolición de forxados: 12,00 Eur./m2

1.7. Demolición completa: 16,00 Eur./m2

1.8. Demolición de cuberta de fibrocemento: 4,00 Eur./m2

1.9. Demolición de cuberta de tella: 6,00 Eur./m2

1.10. Demolición de cuberta de tella, fibrocemento e viguetas: 10,00 Eur./m2

1.11. Levantado de carpinteria con retirada de escombros: 8,00 Eur./m2

2.- Movementos de terra:

2.1. Escavación de gabias: 6,00 Eur./m3

2.2. Escavación a ceo aberto: 5,00 Eur./m3

2.3. Recheo de gabias: 10,00 Eur./m3

2.4. Recheo a ceo aberto: 10,00 Eur./m3

2.5. Carga e transporte de terras a vertedoiro: 4,50 Eur./m3

3.- Peches:

3.1. Peche de estacas e arame: 6,00 Eur./m.

3.2. Peche de tea metálica: 16,00 Eur./m.

3.3. Peche de fabrica e tea metálica: 30,00 Eur./m.

3.4. Peche de bloques de formigón: 25,00 Eur./m2.

3.5. Peche muro tradicional de pedra: 90,00 Eur./m2.

3.6. Cimentación de formigón: 80,00 Eur./m2.

3.7. Peche de forxa de ferro: 100,00 Eur./m2.

3.8. Peche de balaustre de aceiro: 150,00 Eur./m2.

3.9. Peche de balaustre de aluminio: 90,00 Eur./m2.

3.10. Rehabilitación muro de pedra: 45,00 Eur./m2.

3.11. Muro de manpostería de granito: 150 Eur./m2

4.- Cubertas:

4.1. Cuberta de fibrocemento: 16,00 Eur./m2.

4.2. Cuberta de tella: 25,00 Eur./m2.

4.3. Cuberta de lousa: 45,00 Eur./m2.

4.4. Cuberta de viguetas, fibrocemento e tella: 80,00 Eur./m2.

4.5. Canalóns: 20 Eur./m.

4.6. Baixantes: 20 Eur./m.

4.7. Instalacións e retirada de andamios: 6,00 Eur./m2.

5.- Albaneleria:

5.1. Estrutura completa de formigón armado: 60,00 Eur./m2.

5.2. Estrutura completa de aceiro: 65,00 Eur./m2.

5.3. Estrutura de nave de formigón armado: 45,00 Eur./m2.

5.4. Estrutura de nave metálica: 50,00 Eur./m2.

5.5. Soleira de formigón: 18,00 Eur./m2.

5.6. Forxado de formigón: 50,00 Eur./m2.

5.7. Muro de contención de formigón: 80,00 Eur./m2.

5.8. Muro de cachoteria: 90,00 Eur./m2

5.9. Muro de bloque: 25,00 Eur./m2.

5.10. Tabique de ladrillo: 16,00 Eur./m2.

5.11. Cerramento de doble folla de ladrillo: 45,00 Eur./m2.

5.12. Celosia, balaustrada: 30,00 Eur./m2

5.13. Azulexado: 22,00 Eur./m2.

5.14. Enfoscado: 12,00 Eur./m2.

5.15. Pavimento de gres: 36,00 Eur./m2.

5.16. Pavimento tarima flotante: 40,00 Eur./m2.

6.- Galpóns:

6.1. Galpón de bloque ou ladrillo : 90,00 Eur./m2.

6.2. Galpón de madeira : 70,00 Eur./m2.

7.- Pinturas:

7.1. Pintura interior: 5,00 Eur./m2.

7.2. Pintura exterior: 7,00 Eur./m2.

8.- Carpintaría:

8.1. Porta de entrada : 500,00 Eur./Ud.

8.2. Porta interior: 180,00 Eur./Ud.

8.3. Fiestra: 230,00 Eur./m2.

8.4. Fiestra en plano de cuberta: 220,00 Eur./m2.

8.5. Peche de balcóns e terrazas con galería: 250,00 Eur./m2.

8.6. Reixa de seguridade en portas e fiestras: 60,00 Eur./m2.

8.7. Fronte de portal: 150,00 Eur./m2.

9.- Instalación de fontanaría e saneamento:

9.1. Instalacións en aseo (sen aparatos sanit.): 160,00 Eur./Ud.

9.2. Instalacións en baño (sen aparatos sanit.): 210,00 Eur./Ud.

9.3. Instalación de cociña: 200,00 Eur./Ud.

9.4. Lavabo incluso billame: 190,00 Eur./Ud.

9.5. Inodoro: 200,00 Eur./Ud.

9.6. Bidé incluso billame: 180,00 Eur./Ud.

9.7. Bañera incluso billame: 255,00 Eur./Ud.

10.- Instalación de electricidade:

10.1. Instalación de electricidade en vivenda de 100m2: 2.500,00 Eur./Ud.

11.- Instalación de calefacción:

11.1. Instalación de calefacción en vivenda de 100m2: 5.000,00 Eur./Ud.

12.- Pozos:

12.1. Pozo de barrena: 1.350,00 Eur./Ud.

12.2. Pozo artesán: 1.700,00 Eur./Ud.

13.- Depuración:

13.1. Fosa séptica e pozo filtrante: 1.300,00 Eur./Ud.

14.- Piscinas:

14.1. Piscina descuberta: 290 Eur./m2 construído.

15.- Pistas:

15.1. Pista deportiva: 75,00 Eur./m2.

15.2. Beirarrúa: 25,00 Eur./m2.

16.- Guindastre:

16.1. Guindastre: 300,00 Eur./Ud.

OBRAS MAIORES

1.- Vivendas:

1.1. Vivendas plurifamiliares en edificios: 450,00 Eur./m2

1.2. Vivenda unifamiliar: 580,00 Eur./m2.

1.3. Outros usos en vivenda (sotos, garaxes, ect.): 250,00 Eur./m2.

1.4. Reformas de vivendas: 300,00 Eur./m2

2.- Edificios uso industrial:

2.1. Edificacións de uso industrial: 280,00 Eur./m2

3.- Edificios uso terciario:

3.1. Edificios con uso exclusivo terciario: 400,00 Eur./m2.

3.2. Reforma de locais comercias: 320,00 eur./m2.

4.- Edificios uso agrícola ou gandeiro

4.1. Edificacións de uso agrícola ou gandeiro: 170,00 Eur./m2"