Cabana de Bergantiños - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras
Artigo 1.- Fundamento e réxime
1.- No uso das facultades que lle confire a Constitución, o artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, de bases do réxime local, e de acordo co previsto no artigo 59.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello de Cabana de Bergantiños establece o Imposto sobre as construccións, as instalacións e as obras.
2.- Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, polas disposicións que a desenvolvan e polo que dispón esta ordenanza.
Artigo 2.- Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a correspondente licenza de obras ou urbanística (obtéñase ou non), ou para a que se esixa a presentación de comunicación previa ou declaración responsable, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello de Cabana de Bergantiños,
Artigo 3.- Suxeitos pasivos
1.- Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan donos da construción, da instalación ou da obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realiza a obra.
Para os efectos previstos no parágrafo anterior, terá a consideración de dono da construción, da instalación ou da obra quen soporte o gasto ou o custo que comporte a súa realización.
2.- Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licenzas ou os que realicen as construcións, as instalacións e as obras, ou ben os que presenten a comunicación previa ou declaración responsable, se non fosen os propios contribuíntes.
O substituto poderá esixirlle ao contribuínte o importe da cota tributaria que satisfixo.
Artigo 4.- Exencións
Está exenta do pagamento deste imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, a comunidade autónoma ou as entidades locais, que, aínda que estea suxeita ao imposto, vaia ser directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e de augas residuais, aínda que a súa xestión a leven a cabo organismos autónomos e tanto que se trate de obras de investimento novo como de conservación.
Artigo 5.- Base impoñible
1.- A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, da instalación ou da obra. Para tales efectos, enténdese por custo real e efectivo o custo de execución material da construción, da instalación ou da obra.
Non formarán parte da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e os demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, os prezos públicos e as demais prestacións patrimoniais de carácter público local que estean relacionadas, de ser o caso, coa construcción, coa instalación ou coa obra. Tampouco formarán parte da base impoñible os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.
2- A base impoñible determinarase conforme ao orzamento de execución material aportado polos interesados, sempre que este estivese visado polo colexio oficial correspondente, cando isto constitúa un requisito preceptivo. Noutro caso, a base impoñible determinarase en función dos prezos medios de execución material contidos no Anexo desta ordenanza.
Artigo 6.- Cota tributaria
A cota tributaria íntegra virá determinada pola aplicación do tipo de gravamen sobre a base impoñible. O tipo de gravamen queda fixado no 2,8%.
Artigo 7.- Obriga de contribuír
A obriga de contribuír nace no momento de comezar a construcción, a instalación ou a obra, aínda que non se obtivera a correspondente licenza.
Artigo 8.- Normas de xestión
1 - O imposto esixirase en réxime de autoliquidación.
Os suxeitos pasivos están obrigados a practicar autoliquidación polo imposto, no impreso habilitado a tal efecto polo Concello, que deberá ser presentado polo interesado xunto co xustificante de ingreso nas contas municipales da cuota resultante nos seguintes prazos determinados en función do procedemento de tramitación da licenza:
a) No momento de presentar comunicación previa ou declaración responsable.
b) No prazo dun mes dende a notificación da concesión da licenza.
c) No caso de que non se teña solicitado, concedido ou denegado expresamente a licenza, ou presentado comunicación previa ou declaración responsable, a autoliaquidación xunto co xustificante de ingreso deberá presentarse no prazo dun mes dende o inicio da isntalación, cosntrucción ou obra.
2- A autoliquidación regulada no apartado anterior terá o caracter de liquidación provisional e debeá practicarse tomando como base impoñible a seguinte:
a) O orzamento de execución material aportado polos interesados, sempre que este estivese visado polo colexio oficial correspondente, cando isto constitúa un requisito preceptivo.
b) Noutro caso, a base impoñible determinarase en función dos prezos medios de execución material contidos no Anexo desta ordenanza ou dacordo co orzamento presentado polos interesados cando éste resultase superior.
3.- Unha vez rematadas as construcións, instalacións ou obras, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a súa terminación, os suxeitos pasivos deberán presentar na oficina xestora do imposto, unha declaración responsable do custe real e efectivo das obras, achegando no suposto de obras e instalacións ¿maiores", unha liquidación definitiva, asinada polo director das obras, visada polo Colexio Oficial correspondente.-
Tendo en conta a obra realizada e o seu custo real e efectivo, o Concello, previa comprobación e, no seu caso, cuantificación, polos servizos técnicos municipais, practicará a correspondente liquidación definitiva, e esixindo ou reintegrando ao suxeito pasivo a cantidade que, no seu caso, resulte das diferenzas existentes nas respectivas bases impoñibles.
4.- No caso de que se modificase o proxecto inicial das construcións, instalacións ou obras e se incrementase o presuposto, con independencia da necesidade de presentar comunicación previa ou declaración responsable ou obter a preceptiva licenza urbanística municipal, os suxeitos pasivos están obrigados a presentar unha nova autoliquidación complementaria pola diferenza entre o presuposto inicial e o modificado con suxeición a prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.
5.- No suposto de que non se inicien ou non se executen integramente as construcións, instalacións ou obras, o interesado terá dereito á devolución das cotas do ICIO satisfeitas e correspondentes á base impoñible das non realizadas, sempre e cando formule renuncia expresa á licenza, ou sexa declarada caducada mediante resolución administrativa firme e teñan transcorrido os prazos para a interposición do correspondente recurso contencioso-administrativo contra a dita declaración de caducidade. Igualmente terá dereito á devolución do ingresado unha vez formule expresa renuncia nos supostos de presentación dunha comunicación previa ou declaración responsable.
6.- As devolucións, cando procedan, axustaranse ao procedemento establecido para as devolucións de ingresos indebidos.
7.- Cando a autoliquidación fora presentada e pagada aquela por cantidade inferior á cota que resulte do presuposto achegado, o Concello poderá practicar e notificar unha liquidación complementaria pola cantidade que proceda.
Asemade, poderá practicar unha liquidación complementaria no suposto de que os Servizos Técnicos Municipais, constaten que o presuposto achegado non se axusta aos valores reais.-
Cando os suxeitos pasivos non teñan efectuado o pagamento da correspondente liquidación polo imposto, nos prazos anteriormente sinalados, seguirase a vía de constrinximento, para os efectos de recadar as cotas tributarias resultantes.-
Artigo 9. Infraccións e sancións
En materia de infraccións e sancións, será aplicable, segundo o dispón o artigo 11 do Real decreto lexislativo 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a regulación contida na Lei 58/2003, xeral tributaria, e demais disposicións que a complementen e a desenvolvan.
Disposición derogatoria
Coa entrada en vigor desta ordenanza, queda derogada a anterior Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras, que aprobou o Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 31 de marzo de 2005 (publicación definitiva no BOP nº 124 do 2 de xuño de 2005) e as súas posteriores modificacións:
Disposición final
A modificación da presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno, en sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2014; entrará en vigor ao día seguinte de que se publique no Boletín Oficial da Provincia e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou se derogación expresa.
ANEXO
ANEXO (relación de prezos medios de execución material definida polos servizos técnicos municipais achegada á presente ordenanza)
OBRAS MENORES
1.- Demolicions:
1.1. Demolición de muros: 18,00 Eur./m2
1.2. Demolición de tabiques: 6,00 Eur./m2
1.3. Levantado de solainas: 5,00 Eur./m2
1.4. Demolición de pavimento de baldosa: 8,00 Eur./m2
1.5. Picado de azulexados e revestimentos: 7,00 Eur./m2
1.6. Demolición de forxados: 12,00 Eur./m2
1.7. Demolición completa: 16,00 Eur./m2
1.8. Demolición de cuberta de fibrocemento: 4,00 Eur./m2
1.9. Demolición de cuberta de tella: 6,00 Eur./m2
1.10. Demolición de cuberta de tella, fibrocemento e viguetas: 10,00 Eur./m2
1.11. Levantado de carpinteria con retirada de escombros: 8,00 Eur./m2
2.- Movementos de terra:
2.1. Excavación de gabias: 6,00 Eur./m3
2.2. Excavación a ceo aberto: 5,00 Eur./m3
2.3. Recheo de gabias: 10,00 Eur./m3
2.4. Recheo a ceo aberto: 10,00 Eur./m3
2.5. Carga e transporte de terras a vertedeiro: 4,50 Eur./m3
3.- Peches:
3.1. Peche de estacas e arame: 6,00 Eur./m.
3.2. Peche de tea metalica: 16,00 Eur./m.
3.3. Peche de fabrica e tea metalica: 30,00 Eur./m.
3.4. Peche de bloques de formigon: 25,00 Eur./m2.
3.5. Peche muro tradicional de pedra: 90,00 Eur./m2.
3.6. Cimentación de hormigón: 80,00 Eur./m2.
3.7. Peche de forxa de ferro: 100,00 Eur./m2.
3.8. Peche de balaustre de aceiro: 150,00 Eur./m2.
3.9. Peche de balaustre de aluminio: 90,00 Eur./m2.
3.10. Rehabilitación muro de pedra: 45,00 Eur./m2.
3.11. Muro de manposteria de granito: 150 Eur./m2
4.- Cubertas:
4.1. Cuberta de fibrocemento: 16,00 Eur./m2.
4.2. Cuberta de tella: 25,00 Eur./m2.
4.3. Cuberta de lousa: 45,00 Eur./m2.
4.4. Cuberta de viguetas, fibrocemento e tella: 80,00 Eur./m2.
4.5. Canalons: 20 Eur./m.
4.6. Baixantes: 20 Eur./m.
4.7. Instalacións e retirada de andamios: 6,00 Eur./m2.
5.- Albaneleria:
5.1. Estructura completa de formigón armado: 60,00 Eur./m2.
5.2. Estructura completa de aceiro: 65,00 Eur./m2.
5.3. Estructura de nave de formigon armado: 45,00 Eur./m2.
5.4. Estructura de nave metalica: 50,00 Eur./m2.
5.5. Soleira de formigón: 18,00 Eur./m2.
5.6. Forxado de formigón: 50,00 Eur./m2.
5.7. Muro de contención de formigón: 80,00 Eur./m2.
5.8. Muro de cachoteria: 90,00 Eur./m2
5.9. Muro de bloque: 25,00 Eur./m2.
5.10. Tabique de ladrillo: 16,00 Eur./m2.
5.11. Cerramento de doble folla de ladrillo: 45,00 Eur./m2.
5.12. Celosia, balaustrada: 30,00 Eur./m2
5.13. Azulexado: 22,00 Eur./m2.
5.14. Enfoscado: 12,00 Eur./m2.
5.15. Pavimento de gres: 36,00 Eur./m2.
5. 16. Pavimento tarima flotante: 40,00 Eur./m2.
6.- Galpons:
6.1. Galpón de bloque ou ladrillo : 90,00 Eur./m2.
6.2. Galpón de madeira : 70,00 Eur./m2.
7.- Pinturas:
7.1. Pintura interior: 5,00 Eur./m2.
7.2. Pintura exterior: 7,00 Eur./m2.
8.- Carpinteria:
8.1. Porta de entrada : 500,00 Eur./Ud.
8.2. Porta interior: 180,00 Eur./Ud.
8.3. Fiestra: 230,00 Eur./m2.
8.4. Fiestra en plano de cuberta: 220,00 Eur./m2.
8.5. Peche de balcóns e terrazas con galeria: 250,00 Eur./m2.
8.6. Reixa de seguridade en portas e fiestras: 60,00 Eur./m2.
8.7. Fronte de portal: 150,00 Eur./m2.
9.- Instalación de fontaneria e saneamento:
9.1. Instalacións en aseo (sen aparatos sanit.): 160,00 Eur./Ud.
9.2. Instalacións en baño (sen aparatos sanit.): 210,00 Eur./Ud.
9.3. Instalación de cociña: 200,00 Eur./Ud.
9.4. Lavabo incluso billame: 190,00 Eur./Ud.
9.5. Inodoro: 200,00 Eur./Ud.
9.6. Bidé incluso billame: 180,00 Eur./Ud.
9.7. Bañera incluso billame: 255,00 Eur./Ud.
10.- Instalación de electricidade:
10.1. Instalación de electricidade en vivienda de 100m2: 2.500,00 Eur./Ud.
11.- Instalación de calefacción:
11.1. Instalación de calefacción en vivienda de 100m2: 5.000,00 Eur./Ud.
12.- Pozos:
12.1. Pozo de barrena: 1.350,00 Eur./Ud.
12.2. Pozo artesano: 1.700,00 Eur./Ud.
13.- Depuracion:
13.1. Fosa septica e pozo filtrante: 1.300,00 Eur./Ud.
14.- Piscinas:
14.1. Piscina descuberta: 290 Eur./m2 construido.
15.- Pistas:
15.1. Pista deportiva: 75,00 Eur./m2.
15.2. Beirarrua: 25,00 Eur./m2.
16.- Guindastre:
16.1. Guindastre: 300,00 Eur./Ud.
OBRAS MAIORES
1.- Vivendas:
1.1. Vivendas plurifamiliarese en edificios: 450,00 Eur./m2
1.2. Vivenda unifamiliar: 580,00 Eur./m2.
1.3. Outros usos en vivenda (sotos, garaxes, ect.): 250,00 Eur./m2.
1.4. Reformas de vivendas: 300,00 Eur./m2
2.- Edificios uso industrial:
2.1. Edificaciones de uso industrial: 280,00 Eur./m2
3.- Edificios uso terciario:
3.1. Edificios con uso exclusivo terciario: 400,00 Eur./m2.
3.2. Reforma de locais comerciaes: 320,00 eur./m2.
4.- Edificios uso agrícola ou gandeiro
4.1. Edificaciones de uso agrícola ou gandeiro: 170,00 Eur./m2