Cambre - Ordenanza Fiscal Reguladora de la Tasa por Ocupaciones del Subsuelo,Suelo y Vuelo de la Vía Pública

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 06/08/2012 BOP Nº: 148
Aplicable dende: 07/08/2012

Artigo 1. Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e do artigo 106 da Lei 7/1.985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do R.d.lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o artigo 331 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, o Concello de Cambre establece a ¿Taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do subsolo, solo e voo do dominio público local" que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao prevido nos artigos 20 e seguintes do citado texto refundido.

Artigo 2. Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización privativa ou aproveitamento especial do subsolo, solo e voo da vía pública, nos termos establecidos no artigo 6 desta ordenanza, onde se regulan as tarifas a aplicar.

Artigo 3. Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, a cuxo favor se outorguen as licenzas e autorizacións mediante as que se conceda o dereito á utilización ou aproveitamento especial, e con carácter xeral quen realicen os aproveitamentos, se procederon sen a oportuna autorización.

Artigo 4. Responsables

1- Responden solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria.

2- Serán responsables subsidiarios as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5. Beneficios fiscais

Non se concederán máis exencións ou bonificacións que as expresamente previstas nas leis ou as derivadas de tratados internacionais.

Artigo 6. Cota tributaria

1. As tarifas da taxa serán as seguintes:

1.1. Ocupación do subsolo, solo o voo da vía pública con cables de calquera tipo, ao ano por metro lineal ocupado, 0,50 euros.

1.2. Ocupación do subsolo, solo o voo da vía pública con tubos para a condución de auga ou gas, ao ano por metro lineal ocupado, 1,00 euros.

1.3. Postes de madeira, cemento armado ou ferro, cada un ao ano, 3,00 euros.

1.4. Estadas con publicidade colocados en terreo de dominio público, por m2 ao ano ou fracción, 1,00 euro.

1.5. Por cada m2, ou fracción de subsolo, solo o voo da vía pública ocupado ao mes, 1,20 euros

2. Nas taxas por utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo e voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración que resulten de interese xeral ou afecten á xeneralidade ou a unha parte importante da veciñanza, o importe daquelas consistirá, en todo caso e sen ningunha excepción, no 1,5 por cento dos ingresos brutos procedentes da facturación que obteñan anualmente neste termo municipal as referidas empresas.

Para os efectos, incluiranse entre as empresas explotadoras de ditos servizos, as empresas distribuidoras e comercializadoras dos mesmos.

Non se incluirán neste réxime especial de cuantificación da taxa os servizos de telefonía móbil.

Este réxime especial de cuantificación aplicarase a estas empresas, tanto se son titulares das correspondentes redes a través das que se realiza a subministracións como se, non sendo titulares de ditas redes, o son de dereito de uso, acceso ou interconexións ás mesmas.

As taxas reguladas nesta ordenanza exisibles ás empresas explotadoras de servizos de subministración citadas neste punto son compatibles co imposto sobre construcións, obras e instalacións e con outras taxas que teña establecidas ou poida establecer o concello pola prestación de servizos ou realización de actividades de competencia local, das que as mencionadas empresas deban ser suxeitos pasivos.

Para os efectos do disposto no apartado anterior, terán a consideración de ingresos brutos procedentes da facturación obtida anualmente no termo municipal polas empresas explotadoras de servizos de subministración, os obtidos en dito período por estas como consecuencia das subministracións realizadas aos usuarios, incluíndo os procedentes de alugamento, posta en marcha, conservación, modificación, conexión e substitución dos contadores, equipos ou instalacións propiedade das empresas ou dos usuarios, utilizados na prestación dos referidos servizos e, en xeral, todos aqueles ingresos que procedan da facturación realizada por servizos derivados da actividade propia da empresa subministradora.

Non terán a consideración de ingresos brutos procedentes da facturación os seguintes conceptos:

- Os impostos indirectos que os graven.

-As subvencións de explotación ou de capital, tanto públicas como privadas, que as empresas subministradoras poidan recibir.

- As cantidades que poidan recibir por doazón, herdanza ou por calquera outro título lucrativo.

- As indemnizacións esixidas por danos e prexuízos salvo que fosen compensación ou contraprestación por cantidades non cobradas que tiveran que incluirse nos ingresos brutos definidos con anterioridade.

- Os produtos financeiros, tales como dividendos, xuros e calquera outros de natureza análoga.

- Os traballos realizados pola empresa para o seu inmobilizado.

- O maior valor dos seus activos como consecuencia das regularizacióes que realicen nos seus balances, ao abeiro de calquera normas que se podan citar.

- As cantidades procedentes do alleamento de bens e dereitos que formen parte do seu patrimonio.

- Os demais ingresos procedentes de conceptos distintos das subministracións anteriormente mencionadas.

Os ingresos da subministración minoraranse exclusivamente en:

-As partidas incobrables e os saldos de dubidoso cobro, determinados de acordo co disposto na normativa reguladora do imposto de sociedades.

-As partidas correspondentes a importes indebidamente facturados por erro e que foran obxecto de anulación ou rectificación.

-As empresas que empreguen redes alleas para realizar as subministracións deducirán dos seus ingresos brutos de facturación as cantidades satisfeitas a outras empresas en concepto de acceso ou interconexión ás redes destas. As empresas titulares de tales redes deberán computar as cantidades percibidas por tal concepto entre os seus ingresos brutos de facturación.

O importe derivado da aplicación deste réxime especial non poderá ser repercutido aos usuarios dos servizos de subministración a que se refire este artigo.

3. Cando para a autorización da utilización privativa se utilicen procedementos de licitación pública, o importe da taxa virá determinado polo valor económico da proposición sobre a que recaia a concesión, autorización ou adxudicación.

Artigo 7. Período impositivo e devengo

O período impositivo coincidirá co ano natural, agás o disposto no punto 1.5 do artigo 6 desta ordenanza, que coincidirá co mes natural. Nos supostos de inicio ou cesamento na utilización privativa ou aproveitamento especial aplicaranse as seguintes regras:

-Cando se inicie a ocupación no primeiro semestre do ano, aboaranse en concepto de taxas correspondentes a ese exercicio, a cota íntegra. Se o inicio da ocupación ten lugar no segundo semestre do exercicio liquidarase a metade da cota anual.

-Cando se cese na ocupación durante o primeiro semestre do exercicio se devolverá a metade da cota. Se o cese ten lugar no segundo semestre, non se devolverá ningunha cantidade.

A taxa devengarase, tratándose de concesións de novos aproveitamentos no momento de outorgamento da concesión ou do inicio o aproveitamento sen ter obtido a preceptiva licenza. Tratándose de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados na tarifa.

Artigo 8. Normas de xestión: Réxime de declaración e ingreso

1. As cantidades esixibles conforme ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado, polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes, sen prexuízo do disposto no artigo 7.

2. As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licenza, acompañando declaración na que conste a superficie en metros cadrados, se se trata de ocupación do solo da vía pública, ou en metros lineais se é por condución de calquera clase a instalar en subsolo, solo ou voo da vía pública, achegando un plano detallado de tales aproveitamentos.

No momento de solicitar a autorización, os peticionarios deberán ingresar o importe dos períodos a que se refire a súa instancia. Dito importe será autoliquidado polo suxeito pasivo, con expresión do artigo de suxeición e do/s concepto/s autoliquidados. Non se tramitará o expediente se non se ten efectuado o pagamento correspondente.

Os servizos técnicos deste concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións, se procedese, de non atopar diferenzas coas peticións de licenzas; se se desen diferenzas, se notificarán as mesmas aos interesados e se xirarán, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez emendadas as diferenzas polos interesados.

3. Unha vez autorizada a ocupación, se non se determinou con exactitude a duración do aproveitamento, entenderase prorrogada ata que se presente a declaración de baixa polos interesados. Mentres tanto, se o interese xeral esixise a supresión do aproveitamento, a Administración Municipal revogará a licenza concedida, requirindo ao titular para que suprima á súa costa o aproveitamento.

Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, se aprobarán os padróns ou matrículas correspondentes.

4. Cando a utilización privativa ou o aproveitamento especial leve aparellada a destrución ou deterioración do dominio público local, o suxeito pasivo, sen prexuízo do pago da taxa a que houbese lugar, estará obrigado ao reintegro do custo total dos gastos de reconstrución ou reparación.

5. As empresas explotadoras de servizos de subministración que resulten de interese xeral ou afecten á xeneralidade ou a unha parte importante da veciñanza deberán autoliquidar e ingresar a taxa con perioricidade trimestral. Poderán presentar a autoliquidación ata o último día do mes seguinte ou inmediato hábil posterior a cada trimestre natural.

A autoliquidación deberá expresar:

- Os ingresos brutos de facturación do período con indicación do número de clientes facturados.

- Importe das cantidades percibidas de terceiros por dereitos de acceso ou interconexión a redes propias con indicación dos suxeitos que aboaron tales cantidades e do importe correspondene a cada un deles.

- Importe das cantidades aboadas por dereitos de acceso e interconexión a redes propiedade de terceiros, con indicación dos suxeitos titulares desas redes e dos importes.

-Importe, no seu caso, dos ingresos non incluídos na facturación, por ter a consideración de cantidades percibidas por conta de terceiros, con indicación destes.

A presentación das autoliquidacións despois do prazo fixado comportará a esixencia dos recargos de extemporaneidade a que se refire o artigo 27 da Lei xeral tributaria.

6. A contía desta taxa que poidera corresponder a Telefónica de España, S.A. englóbase na compensación en metálico de periodicidade anual a que se refire o apartado 1 do artigo 4º da Lei 15/1987, de 30 de xullo.

Artigo 9. Infraccións e sancións

En todo o relativo ás infraccións tributarias así como ás sancións que por elas correspondan será de aplicación o disposto na Lei xeral tributaria e na sua normativa de desenvolvemento."

Transcorrido o prazo de exposición ao público do acordo de aprobación provisional, non se presentaron reclamacións, por iso, e de conformidade co establecido no artigo 17.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido la Lei reguladora das facendas locais, queda definitivamente aprobado o devandito acordo.

A ordenanza comezará a aplicarse a partir do día seguinte da súa publicación definitiva no Boletín Oficial da Provincia, e manterase vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.