Bergondo - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS, EDUCATIVAS E DE SERVIZOS SOCIAIS
Artigo primeiro.-Fundamento e natureza.
Ao abeiro do previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais (TRLRFL), este concello establece o prezo público por actividades culturais, educativas, deportivas e de servizos sociais municipais, que se rexerá polo que dispón esta ordenanza.
Artigo segundo.-Concepto.
Poderán ser usuarios de tales actividades culturais, educativas, deportivas ou de servizos sociais as persoas físicas que soliciten do servizo a súa participación nestas. Sendo destinatarios das actividades sociais os maiores de 55 anos.
Artigo terceiro.-Obrigados ao pagamento.
Son suxeitos obrigados ó pagamento as persoas físicas, que tendo solicitado a súa participación nas actividades organizadas obxecto da presente ordenanza, sexan admitidas polo servizo correspondente.
Artigo cuarto.-Contía.
1) O importe do prezo público será fixado nas tarifas seguintes referidas a importe por usuario:
Actividades culturais
PROXECTO | NOME DAS ACTIVIDADES | PREZO PÚBLICO |
Proxecto 1, actividades manuais | Manualidades, encaixe de bolillos e ou labores, pintura e outras análogas | 1,80 €/hora |
Proxecto 2, actividades musicais | Introdución as actividades musicais, solfexo, guitarra e outras análogas | 1,80 €/hora |
Proxecto 3, actividades artesanais | Cestería, cerámica, tapicería, restauración e outras análogas | 1,80 €/hora |
Proxecto 4, actividades formativas | Luditarde, a hora do conto, animación á lectura, idiomas e outras análogas | 1,80 €/hora |
Proxecto 5, visitas de carácter cultural, xeográfico ou etnográfico | Excursións para o coñecemento de diferentes lugares de interese etnográfico, xeográfico e cultural | *Con comida incluída: 20,00 €/ día * Sen comida incluída: 10,00 €/ día |
Proxecto 6, campamentos | - Campamento urbano | 6,00 €/día |
- Campamento verán | 15,00 €/día |
Actividades deportivas
PROXECTO | NOME DAS ACTIVIDADES | PREZO PÚBLICO |
Proxecto 1, Bergondo en forma | Ximnasias de mantemento nas parroquias, fitness, aeróbic, step, pilates, musculación, persoal training, ximnasia para maiores e outras análogas | 1,40 €/hora |
Proxecto 2 promoción do deporte | Psicomotricidade, fútbol sa, tenis, introdución ós deportes de raqueta, baloncesto, judo, taekwondo, introdución aos deportes de combate, piragüismo, actividades sobre patíns, patinaxe, defensa persoal, multideportes e outros análogos | 2,00 €/hora |
Proxecto 3, exercitando corpo e mente | Ioga, taichí e outros análogas | 1,90 €/hora |
Proxecto 4, danzando | Danza, baile, baile moderno, hip hop, bailes de salón e outras análogas | 1,90 €/hora |
Proxecto 5, liga municipal de fútbol sala e proxecto 6 | Liga municipal de fútbol sala | 325,00 €/tempada |
Proxecto 7 actividades acuáticas en piscina climatizada | Natación rapaces, natación adultos, natación terceira idade | 2 €/sesión inverno 3€/sesión verán nenos piscina Betanzos |
Proxecto 8, aventúrate | Multiaventura, rafting e outras análogas | 15 €/día |
Actividades culturais-educativas
Programa de apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo, entenderase que nun día hai dúas xornadas, xornada de mañá e xornada de tarde: 2,00 €/xornada, agás a xornada de mañá sen almorzo que terá unha tarifa de 1,50 € por xornada.
Actividades sociais
ACTIVIDADE | NOME DAS ACTIVIDADES | PREZO PÚBLICO |
Obradoiros socioeducativos anuais | Bailes de salón, canto coral, reforzo de memoria, teatro, informática e outras análogas | 1,50 €/hora |
Obradoiros socioeducativos verán | Informática, bisutería, cosmética natural, actividades terapéuticas, musicoterapia, risoterapia, nutrición e outra análogas | 2,00 €/hora |
Excursións | Roteiros saudables | 15,00 €/saída sen comida engadida |
Saídas socioeducativas | 20,00 €/saída con comida engadida | |
Saídas socioeducativas verán | 20,00 €/saída con comida engadida | |
Festas baile | 5,00 €/día |
2)
Reducións:
a) As persoas que acrediten formar parte de familia numerosa: redución do 50% do total da cota. Deberán presentar o título ou o libro de familiar numerosa.
b) Persoas en risco de exclusión social, previo informe da área de Benestar Social: redución do 50% do total da cota ou redución do 100%, segundo se indique no informe.
c) As persoas que acrediten debidamente figurar nos rexistros do paro, ou ben no caso de menores de idade cando ambos proxenitores ou titor do participante o acrediten, terán unha bonificación dun 50%. Para acreditar a dita situación, deberase entregar xunto coa solicitude copia do paro actualizada. Cando unha actividade teña unha duración maior a un trimestre, no pago de cada trimestre hai que acreditar dita situación do paro.
d) Voluntarios do Concello de Bergondo (persoas inscritas no Programa de voluntariado dos servizos sociais municipais): redución do 50% do total da cota.
En caso de ter dereito a máis dun desconto só se aplicará un deles, non sendo acumulables.
O Concello de Bergondo resérvase o dereito de programar cursos ou actividades de carácter gratuíto.
Artigo quinto.-Obriga de pagamento.
1. A obriga de pagamento do prezo público nace dende que se inicie a prestación da actividade. Se ben o Concello poderá esixir o depósito previo no momento da inscrición.
2. Se a actividade dura menos dun trimestre, o pagamento realizarase no modelo de autoliquidación correspondente, co ingreso na conta do concello e pagarase nunha sóa vez antes de comezar a actividade.
3. Nas actividades que teñen unha duración maior a un trimestre, os pagos realizaranse trimestralmente, o primeiro trimestre realizarase mediante autoliquidación, e os restantes trimestres, realizaranse mediante domiciliación bancaria, e cargarase o importe do prezo público correspondente nos últimos 15 días do mes anterior ó de inicio do trimestre. No caso de non optar pola domiciliación bancaria haberá que comunicalo ó Concello para o seu pago trimestral.
4. A baixa na actividade deberá ser solicitada polos interesados por escrito ante o rexistro municipal e causará efectos ao trimestre seguinte. Aplicarase o mesmo criterio ás altas nas actividades.
5. No caso de que por causas non imputables ao interesado, deixara de realizarse a actividade solicitada, procederase á devolución do prezo público.
6. No caso de que por causas non imputables ao interesado non poida asistir á actividade solicitada, procederase á devolución do prezo público previa solicitude e documentación acreditativa que xustifique a imposibilidade de asistir (motivos laborais, de saúde...), non será suficiente unha declaración sen aportar xustificación.
Artigo sexto.-Normas de xestión: pagamento.
Unha vez que exista un número mínimo de persoas preinscritas, que faga posible e viable a realización de calquera actividade obxecto da presente ordenanza, os interesados en participar, deberán aportar para a súa inscrición definitiva a documentación esixida xunto co documento acreditativo do pago do prezo público correspondente, a presentación en prazo da citada documentación suporá a inscrición na actividade. Se hai máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo público, neste sorteo terán preferencia os solicitantes empadroados neste Concello.
Por motivos organizativos e sempre por causas xustificadas, o Concello de Bergondo resérvase o dereito a anular algunha actividade.
Artigo sétimo.-Outras obrigas.
Os solicitantes das actividades deberán estar o corrente do pago das débedas contraídas co Concello de Bergondo.
Nos supostos en que a actividade a desenvolver, previa autorización, non se atope tarifada na presente ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías existentes, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme o artigo 23.2 b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, e o artigo 47 do TRLRFL, o establecemento da tarifa a proposta do servizo técnico, co previo informe da Intervención Municipal.
Artigo oitavo.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo ás infraccións tributarias e as súas distintas cualificacións, así como nas sancións que ás mesmas correspondan, en cada caso, aplicaranse as normas establecidas nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal, entrará en vigor unha vez aprobado definitivamente polo Concello, e publicado o seu texto integramente no Boletín Oficial da Provincia, transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da lei 7/1985, do 2 de abril.
Disposición derrogatoria.
A presente ordenanza derroga a aprobada polo Pleno o 25 de marzo de 2010, publicada no BOP número 107, do 9 de xuño de 2010.