Bergondo - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS, EDUCATIVAS E DE SERVIZOS SOCIAIS

Publicación provisional: 03/08/2012 BOP Nº: 147
Publicación definitiva: 20/09/2012 BOP Nº: 180
Aplicable dende: 02/05/2017

Artigo primeiro.- Fundamento e natureza

Ao abeiro do previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais (TRLRFL), este concello establece o prezo público por actividades culturais, educativas, deportivas e de servizos sociais municipais, que se rexerá polo que dispón esta ordenanza.

Artigo segundo.- Concepto

Poderán ser usuarios de tales actividades culturais, educativas, deportivas ou de servizos sociais as persoas físicas que soliciten do servizo a súa participación nestas. Sendo destinatarios das actividades sociais os maiores de 55 anos.

Artigo terceiro.- Obrigados ao pagamento

Son suxeitos obrigados ó pagamento as persoas físicas, que tendo solicitado a súa participación nas actividades organizadas obxecto da presente ordenanza, sexan admitidas polo servizo correspondente.

Artigo cuarto.- Contía

1) O importe do prezo público será fixado nas tarifas seguintes referidas a importe por usuario:

Actividades culturais

ACTIVIDADES

NOME DAS ACTIVIDADES

PREZO PÚBLICO

Actividades manuais

Manualidades, encaixe de bolillos, labores, pintura, arte floral, corte e confección e outras análogas

1,80 €/hora

Actividades musicais

Introducción ás actividades musicais, solfexo, guitarra, guitarra, música tradicional e outras análogas

1,80 €/hora

Actividades artesanais

Cestería, cerámica, tapicería, restauración e outras análogas

1,80 €/hora

Actividades formativas

Luditarde, a hora do conto, animación á lectura, idiomas, graffiti, ilustracións, comics, contacontos, cociña saudable e nutrición e outras análogas

1,80 €/hora

Visitas de carácter cultural, xeográfico ou etnográfico

Saídas culturais, excursións para o coñecemento de diferentes lugares de interese etnográfico, xeográfico e cultural

*Con comida incluída: 20,00 €/día

* Sen comida incluída: 10,00 €/día

Campamentos

Campamentos urbáns, campamentos de nadal

6,00 €/día

Campamento verán Quiroga

160,00 €

Acampadas, outros campamentos de verán

15,00 €/día

Actividades deportivas

ACTIVIDADES

NOME DAS ACTIVIDADES

PREZO PÚBLICO

Bergondo en forma

Ximnasias de mantemento, fitness, aeróbic, step, pilates, musculación, personal training, ximnasia para mayores e outras análogas

1,40 €/hora

Promoción do deporte

Psicomotricidade, fútbol sala, tenis, introdución ós deportes de raqueta, baloncesto, judo, taekwondo, introdución aos deportes de combate, piragüismo, actividades sobre patíns, patinaxe, defensa persoal, surf, paddle surf, acrosport-acroximnasia e outras análogas

2,00 €/hora

Exercitando corpo e mente

Ioga, ioga iyengar, taichi e outras análogas

1,90 €/hora

Danzando

Danza, baile, baile moderno, hip hop, bailes de salón, baile tradicional, ximnasia rítmica, zumba, capoeira, ritmos latinos e outras análogas

1,90 €/hora

Liga municipal fútbol sala

Liga e copa fútbol sala

325,00 €/tempada

Actividades acuáticas en piscina climatizada

Natación rapaces, natación adultos, natación terceira idade, natación terapéutica

*2,00 €/sesión inverno e verán

* 3,00 €/sesión verán nenos

Actividades culturais-educativas

Programa de apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo, entenderase que nun día hai dúas xornadas, xornada de mañá e xornada de tarde: 2,00 €/xornada, agás a xornada de mañá sen almorzo que terá unha tarifa de 1,50 € por xornada.

Actividades sociais

ACTIVIDADES

NOME DAS ACTIVIDADES

PREZO PÚBLICO

Obradoiros ou actividades socioeducativas e preventivas

Novas tecnoloxías, memoria, inglés, baile, teatro terapéutico e improvisación, prevención de danos músculo esqueléticos e outras análogas

1,00 €/hora

Saídas socioeducativas, roteiros saudables e xuntanzas

Saídas socioeducativas durante o curso

20,00 €/saída con comida incluída

Saídas socioeducativas verán

20,00 €/saída con comida incluída

Saídas socioeducativas fin de semana

150 €/persoa en habitación dobre

180 €/persoa en habitación individual

Roteiros saudables

10,00 €/saída sen comida incluída

Encontro para os maiores de 60 anos no ano en curso

10,00 €/persoa sen reducións nin bonificacións

2) Reducións:

a) As persoas que acrediten formar parte de familia numerosa: reducción do 50 % do total da cota. Deberán presentar o título ou o libro de familiar numerosa.

b) Persoas en risco de exclusión social, previo informe da área de Benestar Social: reducción do 50% do total da cuota ou reducción do 100 %, segundo se indique no informe.

c) As persoas que acrediten debidamente figurar nos rexistros do paro, ou ben no caso de menores de idade cando ambos proxenitores ou titor do participante o acrediten, terán unha bonificación dun 50%. Para acreditar a dita situación, deberase entregar xunto coa solicitude copia do paro actualizada. Cando unha actividade teña unha duración maior a un trimestre, no pago de cada trimestre hai que acreditar dita situación do paro.

d) Voluntarios do Concello de Bergondo (persoas inscritas no Programa de Voluntariado dos Servizos Sociais Municipais): reducción do 50% do total da cuota, previo informe da Área de Benestar Social.

En caso de ter dereito a máis dun desconto só se aplicará un deles, non sendo acumulables.

O Concello de Bergondo resérvase o dereito de programar cursos ou actividades de carácter gratuíto

Artigo quinto.- Obriga de pagamento

1. A obriga de pagamento do prezo público nace dende que se inicie a prestación da actividade. Se ben o Concello poderá esixir o depósito previo no momento da inscrición.

2. Se a actividade dura menos dun trimestre, o pagamento realizarase no modelo de autoliquidación correspondente, co ingreso na conta do concello e pagarase nunha sóa vez antes de comezar a actividade.

3. Nas actividades que teñen unha duración maior a un trimestre, os pagos realizaránse trimestralmente, o primeiro trimestre realizaráse mediante autoliquidación, e os restantes trimestres, realizaránse mediante domiciliación bancaria, e cargarase o importe do prezo público correspondente nos últimos 15 días do mes anterior ó de inicio do trimestre. No caso de non optar pola domiciliación bancaria haberá que comunicalo ó Concello para o seu pago trimestral.

4. A baixa na actividade deberá ser solicitada polos interesados por escrito ante o rexistro municipal e causará efectos no trimestre seguinte. No caso das altas nas actividades fóra do prazo xeral establecido, poderase solicitar en calquera momento por escrito ante o rexistro municipal e causará efecto no momento en que se realice a comunicación por parte do Concello, neste caso, aboaráse o prezo público correspondente ó período completo da actividade.

5. No caso de que por causas non imputables ao interesado, deixara de realizarse a actividade solicitada, procederase á devolución do prezo público.

6. No caso de que por causas non imputables ao interesado non poida asistir á actividade solicitada, procederase á devolución do prezo público previa solicitude e documentación acreditativa que xustifique a imposibilidade de asistir (motivos laborais, de saúde...), non será suficiente unha declaración sen aportar xustificación.

Artigo sexto.- Normas de xestión: Pagamento

Unha vez que exista un número mínimo de persoas preinscritas, que faga posible e viable a realización de calquera actividade obxecto da presente ordenanza, os interesados en participar, deberán aportar para a súa inscrición definitiva a documentación esixida xunto co documento acreditativo do pago do prezo público correspondente, a presentación en prazo da citada documentación suporá a inscrición na actividade. Se hai máis solicitudes que prazas realizaráse un sorteo público, neste sorteo terán preferencia os solicitantes empadroados neste Concello.

Por motivos organizativos e sempre por causas xustificadas, o Concello de Bergondo resérvase o dereito a anular algunha actividade.

Artigo sétimo: Outras obrigas

Os solicitantes das actividades deberán estar o corrente do pago das débedas contraidas co Concello de Bergondo.

Nos supostos en que a actividade a desenvolver, previa autorización, non se atope tarifada na presente ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías existentes, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme o artigo 23.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril e o artigo 47 do TRLRFL, o establecemento da tarifa a proposta do servizo técnico, co previo informe da Intervención Municipal.

Artigo oitavo.- Infraccións e sancións

En todo o relativo ás infraccións tributarias e as súas distintas calificacións, así como nas sancións que ás mesmas correspondan, en cada caso, aplicaranse as normas establecidas nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal, entrará en vigor unha vez aprobado definitivamente polo Concello, e publicado o seu texto integramente no Boletín Oficial da Provincia, transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da lei 7/1985, de 2 de abril.

A presente ordenanza modifica a aprobada e publicada no BOP número 158 do 22 de agosto de 2016.