Bergondo - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS, EDUCATIVAS E DE SERVIZOS SOCIAIS

Publicación provisional: 03/08/2012 BOP Nº: 147
Publicación definitiva: 20/09/2012 BOP Nº: 180
Aplicable dende: 22/05/2015

Artigo primeiro.- Fundamento e natureza

Ao abeiro do previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais (TRLRFL), este concello establece o prezo público por actividades culturais, educativas, deportivas e de servizos sociais municipais, que se rexerá polo que dispón esta ordenanza.

Artigo segundo.- Concepto

Poderán ser usuarios de tales actividades culturais, educativas, deportivas ou de servizos sociais as persoas físicas que soliciten do servizo a súa participación nestas. Sendo destinatarios das actividades sociais os maiores de 55 anos.

Artigo terceiro.- Obrigados ao pagamento

Son suxeitos obrigados ó pagamento as persoas físicas, que tendo solicitado a súa participación nas actividades organizadas obxecto da presente ordenanza, sexan admitidas polo servizo correspondente.

Artigo cuarto.- Contía

1) O importe do prezo público será fixado nas tarifas seguintes referidas a importe por usuario:

Actividades culturais

PROXECTO

NOME DAS ACTIVIDADES

PREZO PUBLICO

Proxecto 1, actividades manuais

Manualidades, encaixe de bolillos e ou labores, pintura e outras análogas

1,80 € hora

Proxecto 2, actividades musicais

Introdución as actividades musicais, solfexo, guitarra e outras análogas

1,80 € hora

Proxecto 3, actividades artesanais

Cestería, cerámica, tapicería, restauración e outras análogas

1,80 € hora

Proxecto 4, actividades formativas

Luditarde, a hora do conto, animación á lectura, idiomas e outras análogas

1,80 € hora

Proxecto 5, visitas de carácter cultural, xeográfico ou etnográfico

Excursións para o coñecemento de diferentes lugares de interese etnográfico, xeográfico e cultural

*Con comida incluída: 20,00 €/ día

*Sen comida incluída: 10,00 €/ día

Proxecto 6, campamentos

- Campamento urbán

_______6,00 € día_____

- Campamento verán

______15,00 € /día_____

Actividades deportivas

PROXECTO

NOME DAS ACTIVIDADES

PREZO PUBLICO

Proxecto 1, bergondo en forma

Ximnasias de mantemento nas parroquias, fitness, aeróbic, step, pilates, musculación, personal

training, ximnasia para maiores e outras análoga

1,40 € hora

Proxecto 2, promoción do deporte

Psicomotricidade, fútbol sa, tenis, introdución ós deportes de raqueta, baloncesto, judo, taekwondo, introdución aos deportes de combate, piragüísmo, actividades sobre patíns, patinaxe, defensa

persoal, multideportes e outros análogos

2,00 € hora

Proxecto3, exercitando corpo e mente

Ioga, taichí e outros análogas

1,90 € hora

Proxecto 4, danzando

Danza, baile, baile moderno, hip hop, bailes de salón e outras análogas

1,90 € hora

Proxecto 5, liga municipal de fútbol sala e proxecto 6

Liga municipal de fútbol sala

325,00 €/ tempada

Proxecto 7 actividades acuáticas en piscina climatizada

Natación rapaces, natación adultos, natación terceira idade

2 €/sesión inverno

3 €/sesión verán nenos piscina Betanzos

Proxecto 8, aventúrate

Multiaventura, rafting e outras análogas

15 € /día

Actividades culturais-educativas

Programa de apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo, entenderáse que nun día hai dúas xornadas, xornada de mañá e xornada de tarde: 2,00 €/xornada, agás a xornada de mañá sen almorzo que terá unha tarifa de 1,50 € por xornada.

Actividades sociais

ACTIVIDADE

NOME DAS ACTIVIDADES

PREZO PUBLICO

Obradoiros socioeducativos anuais

Bailes de salón, canto coral, reforzo de memoria, teatro, informática e outras análogas

1,50 €/hora

Obradoiros socioeducativos verán

Informática, bisutería, cosmética natural, actividades terapéuticas, musicoterapia, risoterapia,

nutrición e outra análogas

2,00 € /hora

Excursións

Roteiro saudables

15,00 € /saída sen comida engadida

Saídas socioeducativas

20,00 € /saída con comida engadida

Saídas socioeducativas verán

20,00 € /saída con comida engadida

Festas baile

5,00 € /día

Encontro para os maiores de 60 anos ou que cumrpan os 60 anos no ano en curso

10 € fixos, sen reduccións nin bonificacións

1) Reducións:

a) As persoas que acrediten formar parte de familia numerosa: redución do 50 % do total da cota. Deberán presentar o título ou o libro de familiar numerosa.

b) Persoas en risco de exclusión social, previo informe da área de Benestar Social: redución do 50% do total da cota ou redución do 100 %, segundo se indique no informe.

c) As persoas que acrediten debidamente figurar nos rexistros do paro, ou ben no caso de menores de idade cando ambos proxenitores ou titor do participante o acrediten, terán unha bonificación dun 50%. Para acreditar a dita situación, deberase entregar xunto coa solicitude copia do paro actualizada. Cando unha actividade teña unha duración maior a un trimestre, no pago de cada trimestre hai que acreditar dita situación do paro.

d) Voluntarios do Concello de Bergondo (persoas inscritas no Programa de Voluntariado dos Servizos Sociais Municipais): redución do 50% do total da cota.

En caso de ter dereito a máis dun desconto só se aplicará un deles, non sendo acumulables.

O Concello de Bergondo resérvase o dereito de programar cursos ou actividades de carácter gratuíto

Artigo quinto.- Obriga de pagamento

1. A obriga de pagamento do prezo público nace dende que se inicie a prestación da actividade. Se ben o Concello poderá esixir o depósito previo no momento da inscrición.

2. Se a actividade dura menos dun trimestre, o pagamento realizarase no modelo de autoliquidación correspondente, co ingreso na conta do concello e pagarase nunha soa vez antes de comezar a actividade.

3. Nas actividades que teñen unha duración maior a un trimestre, os pagos realizaranse trimestralmente, o primeiro trimestre realizarase mediante autoliquidación, e os restantes trimestres, realizaranse mediante domiciliación bancaria, e cargarase o importe do prezo público correspondente nos últimos 15 días do mes anterior ó de inicio do trimestre. No caso de non optar pola domiciliación bancaria haberá que comunicalo ó Concello para o seu pago trimestral.

4. A baixa na actividade deberá ser solicitada polos interesados por escrito ante o rexistro municipal e causará efectos ao trimestre seguinte. Aplicarase o mesmo criterio ás altas nas actividades.

5. No caso de que por causas non imputables ao interesado, deixara de realizarse a actividade solicitada, procederase á devolución do prezo público.

6. No caso de que por causas non imputables ao interesado non poida asistir á actividade solicitada, procederase á devolución do prezo público previa solicitude e documentación acreditativa que xustifique a imposibilidade de asistir (motivos laborais, de saúde...), non será suficiente unha declaración sen aportar xustificación.

Artigo sexto.- Normas de xestión: Pagamento

Unha vez que exista un número mínimo de persoas preinscritas, que faga posible e viable a realización de calquera actividade obxecto da presente ordenanza, os interesados en participar, deberán aportar para a súa inscrición definitiva a documentación esixida xunto co documento acreditativo do pago do prezo público correspondente, a presentación en prazo da citada documentación suporá a inscrición na actividade. Se hai máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo público, neste sorteo terán preferencia os solicitantes empadroados neste Concello.

Por motivos organizativos e sempre por causas xustificadas, o Concello de Bergondo resérvase o dereito a anular algunha actividade.

Artigo sétimo: Outras obrigas

Os solicitantes das actividades deberán estar o corrente do pago das débedas contraídas co Concello de Bergondo.

Nos supostos en que a actividade a desenvolver, previa autorización, non se atope tarifada na presente ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías existentes, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme o artigo 23.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril e o artigo 47 do TRLRFL, o establecemento da tarifa a proposta do servizo técnico, co previo informe da Intervención Municipal.

Artigo oitavo.- Infraccións e sancións

En todo o relativo ás infraccións tributarias e as súas distintas cualificacións, así como nas sancións que ás mesmas correspondan, en cada caso, aplicaranse as normas establecidas nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal, entrará en vigor unha vez aprobado definitivamente polo Concello, e publicado o seu texto integramente no Boletín Oficial da Provincia, transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da lei 7/1985, de 2 de abril.

A presente ordenanza modifica a aprobada polo Pleno o 26 de xullo de 2012 publicada no BOP número 180 do 20 de setembro de 2012."

Corrección de erros

BOP nº 126 de 07/07/2015:

¿1.- Correxir o texto da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de actividades culturais, deportivas, educativas e de servizos sociais, publicado no BOP nº 95 de data 22 de maio de 2015, no seguinte:

No apartado das actividades sociais, nas excursións, nas saídas socioeducativas e socioeducativas de verán no apartado do prezo público, onde dí; 20,00 €/saída sen comida engadida" debe dicir ¿20,00 €/sáida con comidad engadida".