Santa Comba - ORDENANZA NÚMERO 14-T: TASA POR UTILIZACIÓN DE INSTALACIONES DEPORTIVAS

Publicación provisional: 23/01/1999 BOP Nº: 18
Publicación definitiva: 23/01/1999 BOP Nº: 18
Aplicable dende: 01/01/2007

Artigo 1º.- Concepto.

De conformidade co previsto no art. 57 e 20.4.o) do Texto refundido da Lei de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, este Concello establece a Taxa pola utilización das instalacións deportivas.

Artigo 2º.- Obrigados ao pagamento.

Están obrigados ao pagamento desta taxa as persoas naturais ou xurídicas que soliciten a utilización das instalacións deportivas e as entidades, organismos, asociacións, federacións, clubes, etc., en nome dos cales se solicita autorización para utilizar as instalacións.

Artigo 3º.- Contía.

A contía da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada na tarifa seguinte:

A) Pavillón Polideportivo Cuberto:

Cada hora sen luz, 6,46 euros e cada hora con luz, 9,70 euros.

b) Campo Municipal de Deportes:

Cada hora de utilización, 38,77 euros.

c) Piscina Cuberta:

Tarifa/mes

Abono Familiar (matrimonio e ata dous fillos): 23,27

Abono individual: 16,16

Bono de dez días (válido durante dous meses): 25,84

Entrada xeral para sesión: 3,22

d) Cando o Concello organice directamente algunha actividade de carácter especial, sexa ou non deportiva, poderá establecer unha cota de taquilla.

Artigo 4º.- Exencións.

Estará exento do pagamento da taxa o Concello de Santa Comba nas actividades organizadas ou patrocinadas polo mesmo. O patrocinio será sempre obxecto de previo acordo da Comisión de Goberno ou Resolución do alcalde-presidente.

Artigo 5º.- Solicitudes de uso.

1.- As persoas, clubes, entidades, federacións, etc., que desexan utilizar as instalacións deberán solicitalo por escrito, con, polo menos, tres días de antelación, ante o Concello, expresando os días e horas que desexan efectuar a utilización e demais circunstancias que estimen oportunas.

As solicitudes debidamente tramitadas serán resoltas polo Sr. alcalde-presidente ou Concelleiro/a Delegado/a de Deportes, si se delegase nel/a esta facultade.

Artigo 6º.- Liquidación e recadación.

1.- A liquidación da taxa efectuarase pola Administración Municipal e o ingreso será efectuado a través das contas bancarias abertas a nome deste Concello.

2.-A taxa devengarase no momento da concesión da utilización das instalacións e o encargado das mesmas non as abrirá se non se presenta a autorización e xustificante de que foran ingresadas as taxas.

Disposición final

A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e sexa publicada no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día da súa publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno do Concello de Santa Comba o día 18 de novembro de 1998.

Por acordo plenario celebrado o día 29 de novembro de 2005 (BOP nº 33 do 9 de febreiro de 2006) modificouse o artigo 3º.

O presente texto entrará en vigor o 1 de Xaneiro de 2007, continuando o vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.