Santa Comba - ORDENANZA NÚMERO 14-T: TASA POR UTILIZACIÓN DE INSTALACIONES DEPORTIVAS

Publicación provisional: 23/01/1999 BOP Nº: 18
Publicación definitiva: 23/01/1999 BOP Nº: 18
Aplicable dende: 05/02/2014

Artigo 1º.- Concepto.

De conformidade co previsto no art. 57 e 20.4.o) do Texto refundido da Lei de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, este Concello establece a Taxa pola utilización das instalacións deportivas.

Artigo 2º.- Obrigados ao pagamento.

Están obrigados ao pagamento desta taxa as persoas naturais ou xurídicas que soliciten a utilización das instalacións deportivas e as entidades, organismos, asociacións, federacións, clubes, etc., en nome dos cales se solicita autorización para utilizar as instalacións.

Artigo 3º.- Contía.

A contía da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada na tarifa seguinte:

TÍTULO: CAMPO DE SAN PEDRO DE CASTRIZ

EQUIPOS

DURACIÓN

PARTICIPACIÓN MÍNIMA

(de ser o caso)

PARTICIPACIÓN MÁXIMA

(de ser o caso)

PERÍODO COBRO

HORAS SERVIZO

COSTE POR USUARIO

CON LUZ

1 HORA

6

30

40,00 €

SEN LUZ

1 HORA

6

30

30,00 €

CON LUZ F-7

1 HORA

2

2

20,00 €

SEN LUZ F-7

1 HORA

2

2

15,00 €

CON LUZ

1 DÍA

2

30

400,00 €

SEN LUZ

1 DÍA

2

30

200,00 €

CON LUZ F-7

1 DÍA

2

50

300,00 €

SEN LUZ F-7

1 DÍA

2

50

150,00 €

*Os horarios de luz son: sen luz dende as 09.00 ás 17.00 horas (meses de inverno) e de de 08.30 ás 20.30 horas (meses de verán).

TÍTULO: ESPECTÁCULOS ESPECIAIS ALLEOS Ó CONCELLO EN ISTALACIÓNS DEPORTIVAS

DURACIÓN

CON SEGURO

PERÍODO COBRO

COSTE POR USUARIO

CON ENTRADA LIBRE

1 HORA

SI

DIARIO

20,00 €/HORA

SEN ENTRADA LIBRE

1 HORA

SI

DIARIO

30,00 €/HORA

ORGANIZADO POR ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO

1 HORA

SI

DIARIO

GRATUÍTO

ORGANIZADO POR CLUBES

1 HORA

SI

DIARIO

20,00 €/HORA

MARATÓNS DEPORTIVOS

1 HORA

SI

DIARIO

30,00 €/HORA

TÍTULO: PAVILLÓNS POLIDEPORTIVOS

FÚTBOL/BALONMÁN, OUTRAS

DURACIÓN

PARTICIPACIÓN MÍNIMA

PARTICIPACIÓN MÁXIMA

PERÍODO COBRO

HORAS SERVIZO

COSTE POR USUARIO

CON LUZ

1 HORA

SEMANAL

9,00 €

SEN LUZ

1 HORA

SEMANAL

6,00 €

ACT. CON COBRO DE ENTRADA

1 HORA

DIARIO

400,00 €

MARATÓNS CON LUZ

1 HORA

DIARIO

300,00 €

MARATÓNS SEN LUZ

1 HORA

DIARIO

200,00 €

TÍTULO: PAVILLÓNS POLIDEPORTIVOS

TENIS

DURACIÓN

PARTICIPACIÓN MÍNIMA

PARTICIPACIÓN MÁXIMA

PERÍODO COBRO

HORAS SERVIZO

COSTE POR USUARIO

CON LUZ

1 HORA

DIARIO

5,00 €

SEN LUZ

1 HORA

DIARIO

3,00 €

COTAS PISCINA

INSCRICIÓNS MATRÍCULA

FAMILIAR

11,00 €

INDIVIDUAL

11,00 €

TIPOS DE ABONO (PREZOS MENSUAIS)

INDIVIDUAL

22,00 €

FAMILIAR

25,00 €

TERCEIRA IDADE

12,00 €

MENOR DE 18 ANOS

12,00 €

ENTRADAS

NON ABONADOS

3,50 €

ABONADOS

3,00 €

ABONADOS MAIORES DE 65 ANOS

2,50 €

ABONADOS MENORES DE 18 ANOS

2.50€

TÍTULO: PISTA DE PÁDEL

PÁDEL

DURACIÓN

PARTICIPACIÓN MÍNIMA

PARTICIPACIÓN MÁXIMA

PERÍODO COBRO

HORAS SERVIZO

COSTE POR USUARIO

30 minutos

DIARIO

1,50 €

1 HORA 30 MINUTOS

DIARIO

4,50 €

Artigo 4º.- Exencións.

Estará exento do pagamento da taxa o Concello de Santa Comba nas actividades organizadas ou patrocinadas polo mesmo. O patrocinio será sempre obxecto de previo acordo da Comisión de Goberno ou Resolución do alcalde-presidente.

Artigo 5º.- Solicitudes de uso.

1.- As persoas, clubes, entidades, federacións, etc., que desexan utilizar as instalacións deberán solicitalo por escrito, con, polo menos, tres días de antelación, ante o Concello, expresando os días e horas que desexan efectuar a utilización e demais circunstancias que estimen oportunas.

As solicitudes debidamente tramitadas serán resoltas polo Sr. alcalde-presidente ou Concelleiro/a Delegado/a de Deportes, si se delegase nel/a esta facultade.

Artigo 6º.- Liquidación e recadación.

1.-A contía das taxas que se teña dereito a percibir esixirase mediante cargo na conta bancaria designada ao efecto polo obrigado ao pago, unha vez formalizada a solicitude para o uso da instalación.

2.-A taxa devengarase no momento da concesión da utilización das instalacións e o encargado das mesmas non as abrirá se non se presenta a autorización e xustificante de que foran ingresadas as taxas.

Disposición final

A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e sexa publicada no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día da súa publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno do Concello de Santa Comba o día 18 de novembro de 1998.

Por acordo plenario celebrado o día 29 de novembro de 2005 (BOP nº 33 do 9 de febreiro de 2006) modificouse o artigo 3º.

O presente texto entrará en vigor o 1 de Xaneiro de 2007, continuando o vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

BOP nº 24 do 5 de febreiro de 2014:

A presente modificación da ordenanza fiscal n.º 12, reguladora da taxa por utilización de instalacións deportivas, unha vez aprobada definitivamente e sexa publicada no Boletín Oficial da Provincia, comezará a aplicarse a partir do día da súa publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa."