Cedeira - Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por Ocupación de terreos de Uso Público con Mesas e Cadeiras e outros elementos análogos con finalidade lucrativa

Publicación provisional: 11/11/2013 BOP Nº: 214
Publicación definitiva: 27/12/2013 BOP Nº: 246
Aplicable dende: 01/01/2014

Artigo 1º. Fundamento e Natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1.985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por Ocupación de terreos de Uso Público con Mesas e Cadeiras e o outros elementos análogos con finalidade lucrativa, que se rexerá tanto por a presente Ordenanza Fiscal e demáis normativa de aplicación.

Artigo 2º. Feito Impoñible

Constitúe o feito impoñible desta Taxa a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local como consecuencia da ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados, mostradores e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa.

Artigo 3º. Suxeitos Pasivos

1. Son suxeitos pasivos da Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, independentemente de que se obtivera a correspondente licenza ou autorización.

2. Terán a condición de substitutos do contribuínte os cales soliciten as correspondentes licenzas, se non fosen os propios contribuíntes.

Artigo 4º. Responsables

A responsabilidade, solidaria ou subsidiaria, das obrigas tributarias do suxeito pasivo, aplicarase nos supostos e co alcance que se sinala nos artigos 41 a 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º. Cota Tributaria

1. A contía da taxa regulada na presente Ordenanza calcularase de acordo cos conceptos e importes establecidos por mesa e ano na táboa seguinte:

CONCEPTO

Epígrafe 1 Cota

Epígrafe 2 Cota

Epígrafe 3 Cota

Por cada mesas, cadeiras, tribunas, taboados, mostradores e outros elementos análogos.

Por cada unha das tres primeiras

40,00 €

46,00 €

52,00 €

Por cada unha, da cuarta a décima

25,00 €

30,00 €

33,00 €

A partir da décima mes, por cada unha

16,00 €

19,00 €

22,00 €

Por ocupación de espazos na calzada ou zonas non peonís de titularidade municipal, por cada m2 ou fracción

30,00 €

40,00 €

50,00 €

2. Regras especiais.-

a) Para o cómputo de número de mesas, consideraráse o número de prazas de asento divididas entre catro.

b) No caso de mostradores, consideraráse equivalente a unha mesa por cada dous metros lineal ou fracción de mostrador.

c) Cando se empreguen toldos, sombrillas ou elementos similares que supoñan un aproveitamento especial do dominio público, ou ben se acote ou delimite o espacio destinado ás mesas e cadeiras e outros elementos análogos mediante cortaventos, separadores, vallados, macetas ou elementos similares, aplicarase o epígrafe 2, e cando concorran as dúas circunstancias, será de aplicación o epígrafe 3.

d) As tarifas pola ocupación con mesas, cadeiras, tribunas, taboados, mostradores e outros elementos análogos e de espazos na calzada son compatibles entre sí.

Artigo 6º. Exencións e Bonificacións

Non se concederá exención ou bonificación ningunha no pagamento da taxa.

Artigo 7º. Normas de Xestión

1. A presente taxa devengarse cando se inicie o uso privativo ou o aproveitamento especial do dominio público local que determina o seu feito impoñible. Non obstante, en caso de aproveitamentos xa autorizados ou prorrogados, a remuneración da taxa prodúcese o día primeiro de cada ano natural.

2. De conformidade co previsto no artigo 26.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, toda solicitude de licenza para que poida ser admitida a trámite, deberá acompañarse dun xustificante do depósito previo da presente taxa.

Ao amparo do establecido no artigo 27 do citado texto legal, o importe da taxa regulada na presente Ordenanza, esixirase en réxime de autoliquidación, debendo presentarse simultaneamente coa oportuna solicitude sinalando a superficie e mesas ou elementos similares a instalar, non facultando o peticionario para realizar a utilización privativa ou o aproveitamento especial, que só poderán levarse a cabo cando se obteña a correspondente licenza ou autorización.

Unha vez recaída resolución ou acordo sobre a concesión da licenza ou autorización, practicarase, se procede, a liquidación oportuna, deducindo o importe da autoliquidación realizada e esixindo ou reintegrando no seu caso o suxeito pasivo as diferenzas existentes.

Se a licenza fose denegada, e sempre que a utilización privativa ou o aproveitamento especial non se efectuasen, o interesado poderá solicitar a devolución dos dereitos ingresados por tal concepto.

3. Unha vez autorizada iniciada a ocupación, independentemente de que se obtivera a correspondente licenza ou autorización, entenderase prorrogada a taxa e esixirase mediante recibo deducido do correspondente padrón nos períodos correspondentes.

4. A presentación da baixa producirá efectos a partir do exercicio seguinte e nos casos de altas prorratearase por trimestres naturais os importes das cotas do artigo 5.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

A partir da entrada en vigor desta ordenanza queda derrogada a ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa, publicada definitivamente no BOP 295 de 24 de decembro de 2007

DISPOSICION FINAL

A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2014, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.