Cedeira - Ordenanza Fiscal Nº 3.3, Reguladora da Taxa por Ocupación de terreos de Uso Público con Mesas e Cadeiras e outros elementos análogos con finalidade lucrativa
Artigo 1º. Fundamento e Natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1.985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por Ocupación de terreos de Uso Público con Mesas e Cadeiras e o outros elementos análogos con finalidade lucrativa, que se rexerá tanto por a presente Ordenanza Fiscal e demáis normativa de aplicación.
Artigo 2º. Feito Impoñible
Constitúe o feito impoñible desta Taxa a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local como consecuencia da ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados, mostradores e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa durante os meses de xuño a setembro, ambos inclusives.
Artigo 3º. Suxeitos Pasivos
1. Son suxeitos pasivos da Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, independentemente de que se obtivera a correspondente licenza ou autorización.
2. Terán a condición de substitutos do contribuínte os cales soliciten as correspondentes licenzas, se non fosen os propios contribuíntes.
Artigo 4º. Responsables
A responsabilidade, solidaria ou subsidiaria, das obrigas tributarias do suxeito pasivo, aplicarase nos supostos e co alcance que se sinala nos artigos 41 a 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º. Cota Tributaria
1. A contía da taxa regulada na presente Ordenanza calcularase de acordo cos conceptos e importes establecidos por mesa e período na táboa seguinte:
CONCEPTO | Por cuatrimestre |
Por cada mesas, cadeiras, tribunas, taboados, mostradores e outros elementos análogos. | |
Por cada unha das tres primeiras | 40,00 € |
Por cada unha, da cuarta a vixésima | 15,00 € |
A partir da vixésima mesa, por cada unha | 12,00 € |
Por ocupación de espazos na calzada ou zonas non peonís de titularidade municipal, por cada m2 ou fracción | 40,00 € |
2. Regras especiais.-
a) Para o cómputo de número de mesas, consideraráse o número de prazas de asento divididas entre catro.
b) No caso de mostradores, consideraráse equivalente a unha mesa por cada dous metros lineal ou fracción de mostrador.
c) Nos casos de ocupación de espazos na calzada ou zonas non peonís de titularidade municipal, o importe inclúe a ocupación polas mesas asentadas no espazo.
Artigo 6º. Exencións e Bonificacións
Non se concederá exención ou bonificación ningunha no pagamento da taxa.
Artigo 7º. Devengo
A taxa devengarase entre os días 1 de xuño e 30 de setembro de cada exercicio.
Artigo 8º.Normas de Xestión
1. A presente taxa devengarse cando se inicie o uso privativo ou o aproveitamento especial do dominio público local que determina o seu feito impoñible. Non obstante, en caso de aproveitamentos xa autorizados ou prorrogados, a remuneración da taxa prodúcese o día primeiro de cada período de devengo.
2. De conformidade co previsto no artigo 26.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, toda solicitude de licenza para que poida ser admitida a trámite, deberá acompañarse dun xustificante do depósito previo da presente taxa.
Ao amparo do establecido no artigo 27 do citado texto legal, o importe da taxa regulada na presente Ordenanza, esixirase en réxime de autoliquidación coa solicitude inicial e ou mediante recibo nos períodos posteriores. Na solicitide inicial debera sinalarse a superficie e mesas ou elementos similares a instalar, non facultando o peticionario para realizar a utilización privativa ou o aproveitamento especial, que só poderán levarse a cabo cando se obteña a correspondente licenza ou autorización.
Unha vez recaída resolución ou acordo sobre a concesión da licenza ou autorización, practicarase, se procede, a liquidación oportuna, deducindo o importe da autoliquidación realizada e esixindo ou reintegrando no seu caso o suxeito pasivo as diferenzas existentes.
Se a licenza fose denegada, e sempre que a utilización privativa ou o aproveitamento especial non se efectuasen, o interesado poderá solicitar a devolución dos dereitos ingresados por tal concepto.
3. Unha vez autorizada iniciada a ocupación, independentemente de que se obtivera a correspondente licenza ou autorización, entenderase prorrogada a taxa e esixirase mediante recibo deducido do correspondente padrón nos períodos correspondentes.
4. A presentación da baixa producirá efectos a partir do período seguinte e nos casos de altas prorratearase por meses naturais os importes das cotas do artigo 5.
Artigo 9º.Infraccións
Será de aplicación a normativa contida na Lei Xeral Tributaria, relativa a infraccións e sancións en materia tributaria. No caso de declaracións que conteñan feitos falsos ou con omisións que incidan na determinación da cota tributaria, será de aplicación o disposto no artigo 184.2 e concordantes da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICION FINAL
A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2015, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.