Cedeira - Ordenanza Fiscal Nº 3.3, Reguladora da Taxa por Ocupación de terreos de Uso Público con Mesas e Cadeiras e outros elementos análogos con finalidade lucrativa

Publicación provisional: 11/11/2013 BOP Nº: 214
Publicación definitiva: 27/12/2013 BOP Nº: 246
Aplicable dende: 24/12/2021

ARTIGO 1: FUNDAMENTO E NATUREZA

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1.985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidadecodisposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das FacendasLocais, este Concello establece a Taxa por Ocupación de terreos de Uso Público con Mesas e Cadeiras e o outros elementos análogos con finalidade lucrativa, que se rexerá tanto por a presente Ordenanza Fiscal e demáis normativa de aplicación.

ARTIGO 2: FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feitoimpoñibledestaTaxa a utilización privativa ouaproveitamento especial do dominio público local como consecuencia da ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados, mostradores e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa durante os meses de xuño a setembro, ambos inclusives.

ARTIGO 3: SUXEITOS PASIVOS

1. Son suxeitos pasivos da Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da LeiXeral Tributaria que gocen, utilicen ouaproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, independentemente de que se obtivera a correspondentelicenzaou autorización. 2. Terán a condición de substitutos do contribuínte os cales soliciten as correspondenteslicenzas, se non fosen os propios contribuíntes.

ARTIGO 4: RESPONSABLES

A responsabilidade, solidaria ou subsidiaria, das obrigas tributarias do suxeito pasivo, aplicarase nos supostos e co alcance que se sinala nos artigos 41 a 43 da LeiXeral Tributaria.

ARTIGO 5: COTA TRIBUTARIA

1. A contía da taxa regulada na presente Ordenanza calcularase de acordocos conceptos e importes establecidos por mesa e período na táboaseguinte:

CONCEPTO

Por cuatrimestre

Por cada mesas, cadeiras, tribunas, taboados, mostradores e outros elementos análogos.

Por cada unha das tres primeiras

40,00 €

Por cada unha, da cuarta a vixésima

15,00 €

A partir da vixésima mesa, por cada unha

12,00 €

Por ocupación de espazos na calzada ou zonas non peonís de titularidade municipal, por cada m2 ou fracción

40,00 €

2. Regrasespeciais.- a) Para o cómputo de número de mesas, consideraráse o número de prazas de asento divididas entre catro.

b) No caso de mostradores, consideraráse equivalente a unha mesa por cada dous metros lineal ou fracción de mostrador.

c) Nos casos de ocupación de espazos na calzada ou zonas non peonís de titularidade municipal, o importe inclúe a ocupación polas mesas asentadas no espazo.

ARTIGO 6: EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS

Non se concederá exención ou bonificación ningunha no pagamento da taxa.

ARTIGO 7: DEVINDICACIÓN

A taxadevindicarase entre os días 1 de xuño e 30 de setembro de cada exercicio.

ARTIGO 8: NORMAS DE XESTIÓN

1. A presente taxadevindicase cando se inicie o uso privativo ou o aproveitamento especial do dominio público local que determina o seufeitoimpoñible. Non obstante, en caso de aproveitamentosxa autorizados ou prorrogados, a remuneración da taxaprodúcese o día primeiro de cada período de devengo.

2. De conformidadeco previsto no artigo 26.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das FacendasLocais, toda solicitude de licenza para que poida ser admitida a trámite, deberá acompañarse dunxustificante do depósito previo da presente taxa.

Ao amparo do establecido no artigo 27 do citado texto legal, o importe da taxa regulada na presente Ordenanza, esixirase en réxime de autoliquidación coa solicitude inicial e ou mediante recibo nos períodos posteriores.

Nasolicitude inicial deberá sinalarse a superficie e mesas ou elementos similares a instalar, non facultando o peticionario para realizar a utilización privativa ou o aproveitamento especial, que sópoderán levarse a cabo cando se obteña a correspondentelicenzaou autorización.

Unha vez recaída resolución ouacordo sobre a concesión da licenzaou autorización, practicarase, se procede, a liquidación oportuna, deducindo o importe da autoliquidación realizada e esixindoou reintegrando no seu caso o suxeito pasivo as diferenzas existentes. Se a licenza fose denegada, e sempre que a utilización privativa ou o aproveitamento especial non se efectuasen, o interesado poderá solicitar a devolución dos dereitos ingresados por tal concepto.

3. Unha vez autorizada iniciada a ocupación, independentemente de que se obtivera a correspondentelicenzaou autorización, entenderase prorrogada a taxa e esixirase mediante recibo deducido do correspondente padrón nos períodos correspondentes.

4. A presentación da baixa producirá efectos a partir do período seguinte e nos casos de altas prorratearase por meses naturais os importes das cotas do artigo 5.

ARTIGO 9

Será de aplicación a normativa contida na LeiXeral Tributaria, relativa a infraccións e sancións en materia tributaria. No caso de declaracións que conteñanfeitos falsos ou con omisións que incidan na determinación da cota tributaria, será de aplicación o disposto no artigo 184.2 e concordantes da LeiXeral Tributaria.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

Queda suspendida a aplicación da taxa regulada na presente Ordenanza ata o 31 de decembrode 2022. A suspensión é con carácter temporal e excepcional. Transcorrido o ditoprazo desuspensión a taxa volverá a ser esixible nos termos da presente Ordenanza.

DISPOSICION FINAL

A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ouderrogación expresas.