Moeche - Ordenanza fiscal núm. 15, reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 11/08/2014 BOP Nº: 151
Aplicable dende: 12/08/2014

Artigo 1. - Obxecto

De conformidade co previsto no artigo 117, en relación co artigo 41.b) do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, este Concello establece o prezo público pola utilización do servizo de axuda no fogar (SAF)

Artigo 2. - Obrigados ao pagamento

Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado mediante a presente Ordenanza as persoas ás cales se presten polo Concello traballos de axuda no fogar de acordo co establecido na Orde do 22 de xaneiro de 2009 da Vicepresidencia para a Igualdade e o Benestar pola que se regula o servizo de axuda no fogar.

Artigo 3. - Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo.

- Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do sistema de atención á dependencia.

1.-A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.

2.-O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

- Determinación da capacidade económica das persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no apartado anterior.

1.-Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso á que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

2.-Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

3.-A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

Artigo 4. - Base impoñible

Aos efectos previstos para a aplicación das tarifas do artigo 4, establécese o prezo da hora de prestación do servizo en 12 €, revisable anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística.

Artigo 5. - Participación económica das persoas usuarias do SAF

- Participación no financiamento das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar.

No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

Nos demais supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

Capacidade económica (referenciada ao IPREM)

Ata

GRAO I

GRAO II

GRAO III

<=20 horas

<=45 horas

<=70 horas

100,00%

0,00%

0,00%

0,00%

115,00%

4,52%

9,61%

14,70%

125,00%

5,41%

11,50%

17,58%

150,00%

5,55%

11,79%

18,03%

175,00%

5,65%

12,00%

18,35%

200,00%

5,72%

12,16%

18,60%

215,00%

5,81%

12,34%

18,87%

250,00%

6,03%

12,82%

19,61%

300,00%

6,24%

13,26%

20,29%

350,00%

6,42%

13,63%

20,85%

400,00%

6,54%

13,90%

21,25%

450,00%

6,63%

14,09%

21,55%

500,00%

670,00%

14,25%

21,79%

<500%

6,76%

14,36%

21,97%

Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo, as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento, poderá exceder o 90% do custo do servizo, determinado en termos de prezo/hora.

- Participación no financiamento do servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no apartado anterior.

Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ó cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido nesta ordenanza.

CAPACIDADE ECONOMICA

Participación no custe do servizo de SAF básico

Menor de 0,80 IPREM

0%

Maior de 0,80 e menor ou igual a 1,50 IPREM

15%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2,00 IPREM

20%

Maior de 2,00 e menor ou igual a 2,50 IPREM

40%

Maior de 2,50 IPREM

60%

En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

Artigo 6. - Modalidades de acceso ao servizo

O acceso ao servizo producirase a través do departamento de servizos sociais, de acordo coas seguintes modalidades:

1. O acceso será directo para persoas que, tendo recoñecida a situación de dependencia se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de Programa Individual de Atención, e producirase tan pronto como o permita a disponibilidade de persoal polo Concello.

2. Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo, logo de prescrición técnica favorable do departamento de servizos sociais , resolverase en réxime de libre concorrencia de acordo cos criterios establecidos na orde do 22 de xaneiro de 2009.

3. De igual maneira á expresada no punto anterior procederase nas situación nas que a problemática principal estea relacionada con aspectos convivenciais e socioeducativos.

4. O traballador social emitirá informe proposta que elevará ao señor Alcalde-Presidente para a súa aprobación ou denegación definitiva. A forma de prestación do servizo, a súa autorizació ou cese, serán resoltos pola alcaldía atendendo aos criterios establecidos polos servizos sociais municipais.

Artigo 7. -Obriga de pagamento

A obriga de pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza, nace dende que se inicia a prestación do servizo de axuda no fogar.

As liquidacións de prezos practicaranse por meses naturais e aboaranse nos primeiros quince días naturais do mes seguinte. O abono efectuarase mediante cargo na conta corrente ou libreta de aforros que o solicitante do servizo deberá indicar no modelo oficial de solicitude.

Artigo 8. - Normativa subsidiaria

Para todo o non previsto na presente Ordenanza, se estará ao establecido na Orde do 22 de xaneiro de 2009.

Disposición Final

A presente modificación da Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar, foi aprobada polo Pleno en sesión de 18 de xuño de 2014 e entrara en vigor o dia seguinte da súa publicación no BOP permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa