Melide - ORDENANZA Nº 28.2: PREZOS PÚBLICOS CAMPAMENTO URBANO
PRIMEIRO:
Que se leve a cabo o establecemento do prezo público, por unha cantidade de 15,48 euros/semanais para cada neno/a, tendo en conta o desconto seguinte: ¿Aquelas familias, con dous o máis membros inscritos no campamento urbano, terán un desconto do 50% na tarifa de cada membro inscrito, a partir do segundo.
SEGUNDO:
A non esixencia do depósito logo do importe total ou parcial do prezo público, como requisito para a prestación do servizo ou a realización da actividade.
TERCEIRO:
Declarar expresamente, conforme á memoria económico‑ financieira que acompaña á proposta, a existencia de razóns sociais, benéficas, culturais e de interese público, que así o aconsellan, para fixa‑los prezos públicos por debaixo do límite previsto no Artigo 44 do TRLFL 2/2004, dado que os prezos públicos non cubren o custo do servizo. Deberán consignarse no Orzamento do 2008, as dotacións oportunas para a cobertura da diferencia resultante, por importe de 1.368,40 euros, que se imputará con cargo ó crédito da partida 451.22706 do Orzamento do 2008.
CUARTO:
O prezo público comezará a esixirse ao día seguinte da súa publicación no BOP.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
Esta ordenanza 28.2 relativa ós prezos públicos de campamento urbano e un desarrollo da ordenanza xeral núm. 28, reguladora do establecemento ou modificación dos prezos públicos do Concello de Melide.