Vilarmaior - Ordenanza fiscal nº 5, reguladora da taxa sobre recollida de lixo e residuos sólidos urbanos
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 e 58 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, modificada pola Lei 25/1998, do 13 de xullo, de Modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais de Carácter Público, este Concello establece a taxa sobre recollida do lixo ou resíduos sólidos urbanos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal que atende ó previsto nos artigos 20 a 27 da devandita Lei 39/1988.
Artigo 2.-Feito imponible.
De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1.4.s) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito imponible desta taxa a prestación do servicio que é de recepción obrigatoria, de recollida de lixo e residuos sólidos urbanos de vivendas e locais ou establecementos onde se exercen actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas ou de servicios.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
1.-Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as Entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polo servicio de recollida de lixo e residuos sólidos urbanos, que ocupen ou utilicen calquera clase de vivenda ou local ós que se preste ó servicio.
2.-Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos dos contribuíntes, os propietarios das vivendas ou, locais, que poderán repercuti-la cota sobre os usuarios ou beneficiarios do servicio.
Artigo 4.-Responsables.
1.-Serán responsables solidariamente, das obrigas tributarias do suxeito pasivo establecidas nesta ordenanza, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios, os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria.
1.- A cota tributaria, que será anual, consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles.
2.- As cotas a aplicar serán as seguintes:
Por cada vivenda: 45 €
Por cada local comercial: 73 €
Por outros non incluídos anteriormente: 73 €
Artigo 6.-Retribución.
A taxa devengaranse o un de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural. Nos supostos de inicio ou, cesamento da prestación do servicio a taxa prorratearase por cuadrimestres naturais.
No caso de inicio no servicio en data diferente ó un de xaneiro as cotas se calcularán proporcionalmente ó número de cuadrimestres naturais que restan para finalizar o ano, incluído o do comezo da prestación do servicio.
No caso de cesamento no uso do servicio, as cotas serán prorrateables por cuadrimestres naturais, excluído aquel no que se produza dito cesamento. A tal fin, os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte da cota correspondente ós cuadrimestres naturais nos que non se utiliza o servicio.
No caso de inicio ou cesamento do servicio por cambio do suxeito pasivo, a obriga tributaria do pago do cuadrimestre, corresponderá a quen o fora orixinariamente no cuadrimestre de dito inicio ou cesamento.
Artigo 7.-Normas de xestión.
Dentro dos trinta días hábiles seguintes á data na que se devengue por primeira vez a taxa, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscrición en padrón, presentando a correspondente declaración de alta e ingresando simultaneamente a cota do primeiro ano.
Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados, calquera variación dos que figuran no padrón, levaranse a cabo as modificacións correspondentes, que producirán efectos a partir do período de cobranza seguinte a data na que se efectuase a variación.
Anualmente formarase un padrón no que figurarán os suxeitos pasivos e as cotas tributarias que se liquiden a cada un deles por aplicación da presente ordenanza. O padrón aprobarase inicialmente e será exposto ó público polo prazo de quince días, para os efectos de reclamacións, no Boletín Oficial da Provincia e no Concello, e producirá efectos de notificación de liquidación a cada un dos suxeitos pasivos. Transcorrido o prazo de exposición ó público, o Concello resolverá sobre as reclamacións presentadas e aprobará definitivamente o padrón, que servirá de base para a confección dos documentos cobratorios correspondentes.
Artigo 8.-Infraccións e sancións.
No relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase o disposto na Lei Xeral Tributaria, artigos 77 a 89, de acordo co establecido no artigo 11 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais.
Disposición final.
Esta modificación será de aplicación desde o un de xaneiro de 2016.