Vilarmaior - ORDENANZA FISCAL Nº 5, REGULADORA DA TAXA SOBRE RECOLLIDA DE LIXO E RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 22/11/2017 BOP Nº: 222
Aplicable dende: 01/01/2018

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA.

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 do 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 e 58 da Lei 39/1988 do 28 de decembro Reguladora das Facendas Locais, modificada pola Lei 25/1998 do 13 de xullo de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de reordenación das Prestacións Patrimoniais de carácter público, este concello establece a taxa sobre recollida do lixo ou residuos sólidos urbanos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal que atende ó previsto nos artigos 20 a 27 da devandita Lei 39/1988.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE.

De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1.4.s) da Lei 39/1988 de 28 de decembro reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio que é de recepción obrigatoria, de recollida de lixo e residuos sólidos urbanos de vivendas e locais ou establecementos donde se exercen actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas ou de servicios.

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS.

1.- Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as Entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polo servicio de recollida de lixo e residuos sólidos urbanos, que ocupen ou utilicen calquera clase de vivenda ou local ós que se preste ó servicio.

2.- Terán a consideración de suxeitos pasivos sustitutos dos contribuíntes, os propietarios das vivendas ou locais, que poderán repercutir a cota sobre os usuarios ou beneficiarios do servicio.

ARTIGO 4. RESPONSABLES.

1.- Serán responsables solidariamente, das obrigas tributarias do suxeito pasivo establecidas nesta ordenanza, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios, os administradores das sociedades e os síndicos, Interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e Entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 5.- COTA TRIBUTARIA.

1.- A cota tributaria, que será anual, consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles.

2.- As cotas a aplicar serán as seguintes:

Por cada vivenda: 50 euros.

Por cada local comercial: 74 euros.

Por outros non incluídos anteriormente: 74 euros.

ARTIGO 6.- DEVENGO.

A taxa devengaranse o un de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural. Nos supostos de inicio ou cese da prestación do servicio a taxa prorratearase por cuatrimestres naturais.

No caso de inicio no servicio en data diferente ó un de xaneiro as cotas se calcularán proporcionalmente ó número de cuatrimestres naturais que restan para finalizar o ano, incluído o do comezo da prestación do servicio.

No caso de cese no uso do servicio, as cotas serán prorrateables por cuatrimestres naturais, excluído aquel no que se produza dito cese. A tal fin, os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte da cota correspondente ós cuatrimestres naturais nos que non se utiliza o servicio.

No caso de inicio ou cese do servicio por cambio do suxeito pasivo, a obriga tributaria do pago do cuatrimestre, corresponderá a quen o fora orixinariamente no cuatrimestre de dito inicio ou cese.

ARTIGO 7.- NORMAS DE XESTIÓN.

Dentro dos trinta días hábiles seguintes á data na que se devengue por primeira vez a taxa, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscrición en padrón, presentando a correspondente declaración de alta e ingresando simultaneamente a cota do promeiro ano.

Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados, calquera variación dos que figuran no padrón, levaranse a cabo as modificacións correspondentes, que producirán efectos a partir do período de cobranza seguinte a data na que se efectuase a variación.

Anualmente formarase un padrón no que figurarán os suxeitos pasivos e as cotas tributarias que se liquiden a cada un deles por aplicación da presente ordenanza. O padrón aprobarase inicialmente e será exposto ó público polo prazo de quince días a efectos de reclamacións no Boletín Oficial da Provincia e no concello, e producirá efectos de notificación de liquidación a cada un dos suxeitos pasivos. Transcorrido o prazo de exposición ó público, o concello resolverá sobre as reclamacións presentadas e aprobará definitivamente o padrón, que servirá de base para a confección dos documentos cobratorios correspondentes.

ARTIGO 8.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

No relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase o disposto na Lei Xeral Tributaria artigos 77a 89, de acordo co establecido no artigo 11 da Lei 39/1988 de 28 de decembro Reguladora das Facendas Locais.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente ordenanza fiscal, que consta de oito artigos, foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día vintenove de outubro de 1998, entrará en vigor o día da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación desde o un de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.