Vilarmaior - ORDENANZA FISCAL Nº 5, REGULADORA DA TAXA SOBRE RECOLLIDA DE LIXO E RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS
ARTIGO 1.-FUNDAMENTO E NATUREZA.
No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 e 58 da Lei 39/1988 do 28 de decembro Reguladora das Facendas Locais, modificada pola Lei 25/1998, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais de carácter público, este Concello establece a taxa sobre recollida do lixo ou residuos sólidos urbanos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal que atende ó previsto nos artigos 20 a 27 da devandita Lei 39/1988.
ARTIGO 2.-FEITO IMPOÑIBLE.
De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1.4.s) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio que é de recepción obrigatoria, de recollida de lixo e residuos sólidos urbanos de vivendas e locais ou establecementos donde se exercen actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas ou de servicios.
ARTIGO 3.-SUXEITOS PASIVOS.
1.-Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as Entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polo servicio de recollida de lixo e residuos sólidos urbanos, que ocupen ou utilicen calquera clase de vivenda ou local ós que se preste ó servicio.
2.-Terán a consideración de suxeitos pasivos sustitutos dos contribuíntes, os propietarios das vivendas ou locais, que poderán repercutir a cota sobre os usuarios ou beneficiarios do servicio.
ARTIGO 4.-RESPONSABLES.
1.-Serán responsables solidariamente, das obrigas tributarias do suxeito pasivo establecidas nesta ordenanza, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios, os administradores das sociedades e os síndicos, Interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e Entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
ARTIGO 5.-COTA TRIBUTARIA.
1.-A cota tributaria, que será anual, consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles.
2.-As cotas a aplicar serán as seguintes:
Por cada vivenda: 53 euros.
Por cada local comercial: 74 euros.
Por outros non incluídos anteriormente: 74 euros.
ARTIGO 6.-DEVENGO.
A taxa devengaranse o un de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural. Nos supostos de inicio ou cese da prestación do servicio a taxa prorratearase por cuatrimestres naturais.
No caso de inicio no servicio en data diferente ó un de xaneiro as cotas se calcularán proporcionalmente ó número de cuatrimestres naturais que restan para finalizar o ano, incluído o do comezo da prestación do servicio.
No caso de cese no uso do servicio, as cotas serán prorrateables por cuatrimestres naturais, excluído aquel no que se produza dito cese. A tal fin, os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte da cota correspondente ós cuatrimestres naturais nos que non se utiliza o servicio.
No caso de inicio ou cese do servicio por cambio do suxeito pasivo, a obriga tributaria do pago do cuatrimestre, corresponderá a quen o fora orixinariamente no cuatrimestre de dito inicio ou cese.
ARTIGO 7.-NORMAS DE XESTIÓN.
Dentro dos trinta días hábiles seguintes á data na que se devengue por primeira vez a taxa, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscrición en padrón, presentando a correspondente declaración de alta e ingresando simultaneamente a cota do promeiro ano.
Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados, calquera variación dos que figuran no padrón, levaranse a cabo as modificacións correspondentes, que producirán efectos a partir do período de cobranza seguinte a data na que se efectuase a variación.
Anualmente formarase un padrón no que figurarán os suxeitos pasivos e as cotas tributarias que se liquiden a cada un deles por aplicación da presente ordenanza. O padrón aprobarase inicialmente e será exposto ó público polo prazo de quince días a efectos de reclamacións no Boletín Oficial da Provincia e no Concello, e producirá efectos de notificación de liquidación a cada un dos suxeitos pasivos. Transcorrido o prazo de exposición ó público, o Concello resolverá sobre as reclamacións presentadas e aprobará definitivamente o padrón, que servirá de base para a confección dos documentos cobratorios correspondentes.
ARTIGO 8.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
No relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase o disposto na Lei Xeral Tributaria artigos 77a 89, de acordo co establecido no artigo 11 da Lei 39/1988 de 28 de decembro Reguladora das Facendas Locais.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza fiscal, que consta de oito artigos, foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día vintenove de outubro de 1998, entrará en vigor o día da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación desde o un de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.