Cee - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
Artigo 1. Fundamento e réxime
Este concello, conforme ao autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e, de acordo co previsto no artigo 59.2 do RDL 2/2004, establece o Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras que se regulará pola presente ordenanza, redactada conforme ao disposto nos artigo 100 a 103 do RDL 2/2004.
Artigo 2. Feito impoñible
1. Constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obra ou urbanística correspondente, fose obtida ou non a dita licenza, ou para as que se esixa a presentación da comunicación previa, sexa presentada ou non sempre que a expedición da licenza ou a actividade municipal de comprobación corresponda a este municipio.
2. As construción, instalación sou obras ás que se refire o apartado anterior poderán consistir en:
a) Obras de construción de edificacións e instalacións de todas clases de nova planta.
b) Obras de demolición.
c) Obras en edificios, tanto aquelas que modifican a súa disposición interior como o seu aspecto exterior.
d) Aliñacións e rasantes.
e) Obras de fontanería e sumidoiro.
f) Obras de cemiterios.
g) Calquera outra construción, instalación ou obra que requira licenza de obra ou urbanística ou comunicación previa.
Artigo 3. Suxeitos pasivos
1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas, persoas xurídicas ou entidades do artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.
Aos efectos previstos no párrafo anterior, terá a consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custe que comporte a súa realización.
2. No suposto de que a construción, instalación ou obra non se realizase polo suexito pasivo contribuínte terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do mesmo quen solicite as correspondentes licenzas ou presente a comunicación previa ou realice as construcións, instalacións ou obras.
O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da obriga tributaria satisfeita.
Artigo 4. Responsables
Todo o relativo aos responsables deste tributo, determinarase de conformidade ao previsto na Lei reguladora das Facendas locais; na Lei xeral tributaria; na Lei de dereitos e garantías do contribuínte; Regulamento xeral de recadación e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 5. Exencións
Está exenta do pago do imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, as Comunidades Autónomas ou as Entidades Locais, que, estando suxeitas ao mesmo, vaian ser directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos tanto se se trata de obras de inversión nova como de conservación.
Artigo 6. Base impoñible
A base impoñible do imposto está constituída polo custe real e efectivo da construción, instalación ou obra e, enténdese por tal, a estes efectos, o custe de execución material daquela.
Non forman parte da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso coa construción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estritamente, o custe de execución material.
Sen prexuízo do anterior, establécese o seguinte réxime de bonificacións:
a) As bonificacións establecidas neste artigo son de natureza regulada e teñen carácter rogado debendo ser solicitadas expresamente polo suxeito pasivo ante este concello no mesmo momento de achegar a documentación necesaria para a obtención da correspondente licenza.
b) Establécese a seguinte bonificación:
Construción, instalación ou obras que se realicen en centros educativos de titularidade pública que soliciten a licenza de construción, instalación ou obra ou presente comunicación previa durante o exercicio 2016: 95%.
Artigo 7. Cota tributaria
A cota deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
No caso de que por aplicación do tipo de gravame á base a cota resultante non alcance os 10 euros, aplicarase unha cota obrigatoria de 10 euros por motivos de eficacia e eficiencia administrativa.
Artigo 8. Tipo de gravame
O tipo de gravame será o 3 por cento.
Artigo 9. Cobro
O imposto cóbrase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivese a correspondente licenza.
Artigo 10. Normas de xestión
1. Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar solicitude de licenza urbanística ou no seu caso comunicación previa, acompañada dos correspondentes presupostos, nos casos y modos que sinala a normativa aplicable ao solo e á edificación, tanto estatal, como autonómica e local. A solicitude de licenza urbanística ou a comunicación previa terá o valor de declaración tributaria, por canto dos presupostos que acompañan a aquela deducirase a base impoñible do imposto. De non mediar solicitude de licenza ou comunicación previa antes do inicio das obras, a conduta, sen prexuízo das súas repercusións urbanísticas, constituirá unha infracción tributaria, segundo o disposto no artigo 12 desta ordenanza.
2. Cando se conceda a licenza preceptiva ou en caso da comunicación previa tras a verificación municipal de adecuación da documentación entregada polo suxeito pasivo, ou cando, non téndose solicitado, concedido ou denegado aínda a dita licenza preceptiva ou comunicación previa, se inicie a construción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta, determinándose a base impoñible en función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo tivese sido visado polo Colexio oficial correspondente cando isto constitúa un requisito preceptivo. Noutro caso, a base impoñible será determinada pola oficina técnica municipal de acordo co custe estimado do proxecto unha vez analizados pola dita oficina, en función dos módulos establecidos oficialmente polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, os presupostos aportados polos interesados.
3. Á vista das construcións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do custe real efectivo das mesmas, o concello, mediante a oportuna comprobación administrativa e técnica, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible á que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.
4. A efectos da xestión da bonificación sinalada no artigo 6 da presente ordenanza aplícase o artigo 103.2 a) da Lei de facendas locais que reza así:
Unha bonificación de ata o 95 por cento a favor das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá a dita declaración ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.
Artigo 11. Inspección e recadación
A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 12. Infracción e sancións
En materia de infracción e sancións será aplicable a Lei xeral tributaria, e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal comezará a aplicarse a partir do día seguinte á súa publicación no BOP, mantendo a súa vixencia ata a súa modificación ou derrogación expresas.