Cambre - Ordenanza fiscal núm. 15, reguladora da taxa por subministración de auga.
Artigo 1º. - Fundamento e naturaleza.
Ó amparo do previsto nos artigos 58 e 20, epígrafes 1 e 4.t) da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 a 19 de dito texto legal, este Concello establece a ¿taxa por subministración de auga", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 1º. - Fundamento e naturaleza.
Ó amparo do previsto nos artigos 58 e 20, epígrafes 1 e 4.t) da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 a 19 de dito texto legal, este Concello establece a ¿taxa por subministración de auga", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2º. - Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a subministración de auga, nos termos especificados nas tarifas contidas no artigo 6º da presente ordenanza.
Artigo 3º. - Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei xeral tributaria, que se beneficien dos servizos ou actividades que constitúen o feito impoñible da taxa.
2. Cando a subministración de auga beneficie ou afecte aos ocupantes de vivendas ou locais, terán a condición de substitutos do contribuínte, segundo o establecido no artigo 23.2.a) do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, os propietarios de ditos inmobles, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
A titularidade do servizo, é dicir, a póliza de abono, será sempre a nome do propietario da vivenda, local ou industria, independentemente de que o recibo poida ser abonado polo inquilino ou arrendatario ou ocupante das mesmas, figurando como pagador.
3. Nos casos nos que se soliciten os servizos para a execución de obras, o suxeito pasivo será o promotor ou, no seu caso, o constructor, sempre que se acredite que a obra dispón da preceptiva licenza para a súa realización.
Artigo 4º. - Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.
2. Os copartícipes ou cotitulares das entidades xurídicas ou económicas a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria responderán solidariamente en proporción as súas respectivas participacións das obrigas tributarias de ditas entidades.
3. Os administradores de persoas xurídicas que non realizaren os actos da súa incumbencia para o cumprimento das obrigas tributarias daquelas responderán subsidiariamente das débedas seguintes:
a) Cando cometera unha infracción tributaria simple, do importe da sanción.
b) Cando cometera unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible.
c) En supostos de cese das actividades da sociedade, do importe das obrigas tributarias pendentes na data de cese.
4. A responsabilidade esixirase en todo caso nos termos e consonte ó procedemento previsto na Lei xeral tributaria.
Artigo 5º. - Beneficios fiscais.
1.- Aplicarase unha bonificación do 100% sobre ó mínimo facturable determinado para os usos domésticos a aqueles contribuíntes, titulares ou pagadores das pólizas de abono, cuxos ingresos anuais sexan inferiores ó salario mínimo interprofesional referido a toda a unidade familiar, sempre que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da cota correspondente, segundo informe dos servicios sociais do Concello de Cambre ao respecto. Os excesos facturaranse segundo as tarifas establecidas nos apartados 1.2 e 1.3 dos epígrafes 1.A, 1.B ou 1.C, do artigo seguinte, según corresponda. A bonificación aplicarase por primeira vez na facturación correspondente ao trimestre seguinte ao da solicitude do beneficio fiscal polo interesado, sempre e cando teña presentada a documentación necesaria dentro do prazo de resolución da mesma.
2.- Establécese unha bonificación das cotas para o consumo doméstico da auga potable a aquelas vivendas nas que convivan máis de cinco persoas ou o titular ou pagador da póliza de abono ou o seu cónxuxe, ostente a condición de titular de familia numerosa e sempre que todos os membros estean empadroados na mesma vivenda.
O beneficiario da bonificación terá que ser titular ou pagador da póliza de abono ao subministro da auga e estar empadroado na vivenda obxecto da bonificación. O número de fillos acreditarase mediante a presentación do carné de familia numerosa.
A bonificación aplicarase por primeira vez na facturación correspondente ao trimestre seguinte ao da solicitude do beneficio fiscal polo interesado, sempre e cando teña presentada a documentación necesaria dentro do prazo de resolución da mesma.
O importe das bonificacións será o seguinte:
a) Os titulares ou pagadores de pólizas de vivendas habitadas por menos de oito persoas, disfrutarán dunha bonificación no prezo dos m3 consumidos no trimestre que superen os 30. Así, nestes casos aplicarase a tarifa 1.B e non a tarifa xeral.
b) Cando a vivenda estea habitada por oito persoas ou máis, disfrutarán dunha bonificación no prezo dos m3 consumidos no trimestre que superen os 30. Nestes casos será de aplicación a tarifa 1.C e non a tarifa xeral.
3. Durante o primeiro trimestre de cada ano, o Concello comprobará que os beneficiarios destas bonificacións seguen a reunir os requisitos necesarios para o disfrute das mesma. Para o cal os beneficiarios deberán presentar, antes do 28 de febreiro, ante o concello, a documentación acreditativa daqueles extremos tanto da súa situación familiar e de convivencia, como económica a 1 de xaneiro do ano en curso, que ocasionaron a súa concesión. De non aportar a xustificación necesaria nese termo, procederase a revocar a bonificación concedida con efectos 1 de xaneiro dese mesmo ano.
Artigo 6º. - Cota tributaria.
A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a determinada nas tarifas seguintes:
Epígrafe 1. Usos domésticos:
1.A. Tarifa xeral:
1.1. Ata 30 m3 trimestre, a 0,40 euros cada m3.
1.2. Máis de 30 e menos de 90 m3 trimestre, excesos a 0,57 euros cada m3.
1.3. Máis de 90 m3 trimestre, excesos a 1,09 euros cada m3.
1.B. Tarifa bonificada para titulares de familia numerosa e de pólizas de abono en vivendas, nas que convivan máis de cinco membros ata sete (artigo 5.2.a da presente ordenanza):
1.1. Ata 60 m3 trimestre, a 0,40 euros cada m3.
1.2. Máis de 60 e menos de 90 m3 trimestre, excesos a 0,57 euros cada m3.
1.3. Máis de 90 m3 trimestre, excesos a 1,09 euros cada m3.
1.C. Tarifa bonificada para titulares de pólizas de abono en vivendas nas que convivan oito membros ou máis (artigo 5.2.b da presente ordenanza):
1.1. Ata 90 m3 trimestre, a 0,40 euros cada m3.
1.2. Máis de 90 e menos de 120 m3 trimestre, excesos a 0,57 euros cada m3.
1.3. Máis de 120 m3 trimestre, excesos a 1,09 euros cada m3.
O mínimo facturable por aboado será de 30 m3 trimestre.
Epígrafe 2. Usos non domésticos:
2.1. Ata 30 m3 trimestre, a 0,57 euros cada m3.
2.2. Entre 30 e 3.000 m3 trimestre, excesos a 0,75 euros cada m3.
2.3. Máis de 3.000 m3 trimestre, excesos a 1,06 euros cada m3.
O mínimo facturable por aboado será de 30 m3 trimestre.
Epígrafe 3. Tarifas especiais:
3.1 Cando o aboado sexa unha entidade inscrita no rexistro municipal de asociacións veciñais e a subministración se destine a uso deportivo, cultural ou cívico, ou se trate de unha institución relixiosa que o destine á súa finalidade:
Tódolos m3 a 0,28 euros cada m3. O mínimo facturable por aboado será de 30 m3 trimestre.
3.2 Cando se trate doutra Entidade Local á que se lle subministre auga procedente do municipio de Carral:
Tódolos m3 a 0,47 euros cada m3 sen mínimo facturable.
Epígrafe 4. Tarifas por avarías:
En caso de que, debido a unha avaría interna na rede, o contador rexistrase un exceso de consumo, facturarase ao abonado a totalidade dos m3 consumidos. Ao consumo que exceda do consumo medio habitual (calculado en función do promedio dos consumos dos tres trimestres inmediatamente anteriores), facturarase según as tarifas correspondentes dos epígrafes 1 e 2, aplicables aos consumos do segundo intervalo (1.2 ou 2.2).
Para aplicar esta excepción, ten que tratarse de consumos excesivos producidos ao longo do último ao natural e ter acreditada a involuntariedade das perdas e a ausencia de culpa ou neglixencia do usuario, debendo presentar:
a) Solicitude.
b) Factura orixinal do fontaneiro ou empresa que efectuou a reparación, na que se faga constar a clase e data da reparación realizada.
Epígrafe 5. Outras tarifas:
5.1. Enganche á rede e primeira contratación do servicio, 100,00 euros.
5.2. Formalización de póliza de enganche por cambio de titularidade, 37,00 euros.
Artigo 7º. - Devengo e período impositivo.
A taxa devengarase cando se presente a solicitude que inicie a prestación do servicio pertinente, que non se realizará sen que se efectuara o pagamento correspondente.
O período impositivo por subministración de auga será por trimestres naturais.
Artigo 8º. - Réxime de declaración e ingreso.
Unha vez autorizada a conexión á rede municipal de subministración de auga ou o cambio de titularidade, deberase practicar polo suxeito pasivo a declaración-liquidación (autoliquidación) conforme ó sinalado na presente ordenanza. A taxa por subministración liquidarase trimestralmente mediante o correspondente padrón de auga aprobado polo órgano competente.
O cobro por subministración de auga realizarase mediante domiciliación bancaria, que é obrigatoria para tódolos aboados ó servicio. Debendo en todo caso facer efectiva a súa débeda dentro do prazo comprendido dende o día en que se inicie a xestión do cobro a través da entidade bancaria colaboradora ata o último día do mes seguinte. As cotas non satisfeitas no período citado esixiranse mediante o procedemento de constrinximento e na forma determinada nesta ordenanza.
Artigo 9º. - Notificacións das taxas.
A taxa de períodos sucesivos notificarase colectivamente, mediante a exposición pública do padrón no tablón de anuncios do Concello, polo período que se publicará no Boletín Oficial da Provincia.
Artigo 10º. - Infraccións e sancións.
O Concello, seguindo o procedemento establecido e dentro dos prazos outorgados ó efecto, suspenderá a subministración:
a) Cando fora negada ou entorpecida reiteradamente a entrada no domicilio do aboado ó persoal encargado da lectura dos contadores.
b) Cando no se satisfacese o importe dun trimestre pola subministración de auga. Todo isto sen prexuízo da súa esixencia mediante o procedemento de constrinximento.
En todo o demais, as infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.