Betanzos - PRECIO PÚBLICO Nº 2. - POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS CULTURAIS, PUBLICIDADE E VENDA DE PUBLICACIÓNS.

Publicación provisional: 13/11/2004 BOP Nº: 262
Publicación definitiva: 30/12/2004 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 16/11/2022

Artigo 1º.- Concepto:

De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co artigo 41, ambos do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei 39/88, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece prezo público pola prestación de servizos que se establecen no artigo seguinte e que se rexerá pola presente Ordenanza.

Artigo 3º.- Suxeito pasivo:

Son suxeitos pasivos obrigados ao pago do prezo público quenes se beneficien dos servizos ou actividades prestados ou realizados por este Concello. No suposto de alugueiro do salón azul e aula de cultura son suxeitos pasivos aquelas persoas ou entidades que actúen con ánimo de lucro.

Artigo 4º.- Tarifas:

Dadas as características das actividades obxecto deste prezo público e en función do custo que poida supoñer, delégase a determinación da contía na Comisión de Goberno, en virtude do artigo 48,1 da lei 39/1998, Reguladora das Facendas Locais, agás as que quedan prefixadas, que son:

1. Escolas culturais

 

1.1 Baile e similares

1.2 Instrumentos

1.3 Teatro

64,39 €

64,39 €

107,32 €

 

2. Pola saída ao Campo dos Caneiros na lancha municipal

2.1. Carácter xeral para colectivos organizados (non particulares)

2.2.Asociacións inscritas no rexistro de asociacións de Betanzos e grupos locais sen ánimo de lucro

2.3. Aluguer Aula Municipal e Cultura

2.4. Aluguer Salón Azul

2.5. Actividades centros sociais curso 2012-2013

2.6. Anuncios particulares en panel propiedade do Concello

 

615,00 €

260,00 €

209,00 €/día

104,50 €/día

8,36 €

0,2 €/por pase

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada en data 14 de xuño de 2012, adoptou entre outros o seguinte acordo a aprobación do establecemento dos prezos públicos do ¿Campamento urbano" e ¿Mañás de verán".

Consonte ao disposto nos artigos 127, 41 e 47 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e de conformidade co disposto na vixente Ordenanza de prezo público por prestación de servizos culturais, publicidade e venda de publicacións acórdase:

Cobrar como cotas de participación aos asistentes as seguintes:

- ¿Campamento urbano": 50€. (os/as solicitantes que teñan o título de familia numerosa, condición que deben acreditar documentalmente, terán un desconto do 20% en cada fillo/a participante non inclúe os servizos de almorzo e xantar).

- ¿Mañas de verán": 25€ (os/as solicitantes que teñan o título de familia numerosa, condición que deben acreditar documentalmente, terán un desconto do 20% en cada fillo/a participante non inclúe os servizos de almorzo e xantar).

- ¿Obradoiro de expresividade-A arte de contar": 15€. (Os/as solicitantes que teñan o título de familia numerosa, condición que deben acreditar documentalmente, terán un desconto do 20% en cada fillo/a participante.

A presente fixación de prezo público comezará a aplicarse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Tarifas lancha municipal

A Xunta de Goberno Local deste Concello, en sesión ordinaria realizada o pasado día vinte e seis de maio do ano en curso 2016, adoptou o seguinte acordo referente a determinación de tarifas do prezo público da Ordenanza municipal núm. 2 do prezo público pola prestación de servizos culturais, publicidade e venda de publicacións.

Aprobar as seguintes tarifas do prezo público pola utilización da lancha municipal:

- 5 euros para adultos (viaxe de ida e volta).

- 1 euro por neno en grupos escolares de 4 a 12 anos (viaxe de ida e volta).

A presente fixación do prezo público comezará a aplicarse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Artigo 5º.- Exencións e bonificacións:

Os membros do Grupo Municipal Azougue estarán exentos deste Prezo Público.

Os membros das familias numerosas terán unha bonificación do 20%.

Os alumnos inscritos en máis de un curso gozarán dunha bonificación do 20% na segunda e posteriores matrículas.

Artigo 6º.- Devindicación:

A obriga do pagamento do prezo público nace dende que se preste ou realice calquera dos servizos ou actividades especificadas no artigo 2.

O pagamento do prezo público efectuarase no momento de solicitar calquera das actividades mencionadas.

O prezo público en todos os apartados esixirase en réxime de autoliquidación.

O pago do prezo público correspondente á saída ao campo dos Caneiros na lancha municipal, aluguer aula municipal de cultura, aluguer salón azul, actividades nos centros sociais e anuncios particulares en panel propiedade do concello efectuarase no momento en que sexan autorizados.

Nas escolas culturais, os interesados ingresarán a taxa no momento de formalizar a matrícula.

As cotas de participación dos campamentos: ¿campamento urbano", ¿mañás de verán" e Obradoiro de expresividade ¿A arte de contar" ingresarase no momento en que se adxudique a praza e sempre antes de comezar a actividade.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

BOP nº 88 de 10-05-2023:
Corrección de erros na transcrición do texto íntegro do prezo público nº2, pola prestación de servizos culturais, publicidade e venda de publicacións