Somozas As - Ordenanza fiscal núm. 16, reguladora do imposto de vehículos de tracción mecánica
Artigo 1. Obxecto.
1.- De conformidade co establecido no artigo 92 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o impuesto sobre vehículos de tracción mecánica é un tributo de imposición obrigatoria que se esixirá de acordo con esa Lei e as disposicións que a desarrollan.
2.- Ó abeiro do disposto no artigo 106 da Ley 7/1985, del 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o Concello de As Somozas aproba a presente ordenanza fiscal, que ten por obxecto regular aqueles aspectos que a lei remite á determinación por parte da corporación.
Artigo 2. Tarifas.
O imposto esixirase con arranxo ao seguinte cadro de tarifas, resultante da aplicación do coeficiente do 1,20 ás cotas fixadas no apartado 1 do artigo 95 do TR da Lei reguladora das Facendas Locais.
Potencia e clase de vehículo | Cuota Euros |
A) Turismos: | |
De menos de oito cabalos fiscais | 15,14 € |
De 8 ata 11,99 cabalos fiscais | 40,90 € |
De 12 ata 15,99 cabalos fiscais | 86,33 € |
De 16 ata 19,99 cabalos fiscais | 107,53 € |
De 20 cabalos fiscais en diante | 134,40 € |
B) Autobuses: | |
De menos de 21 prazas | 99,96 € |
De 21 a 50 prazas | 142,37 € |
De mais de 50 prazas | 177,96 € |
C) Camións: | |
De menos de 1.000 quilogramos de carga útil | 50,74 € |
De 1.000 a 2.999 quilogramos de carga útil | 99,96 € |
De mais de 2.999 a 9.999 quilogramos de carga útil | 142,37 € |
De mais de 9.999 quilogramos de carga útil | 177,96 € |
D) Tractores: | |
De menos de 16 cabalos fiscais | 21,20 € |
De 16 a 25 cabalos fiscais | 33,32 € |
De mais de 25 cabalos fiscais | 99,96 € |
E) Remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica: | |
De menos de 1.000 e mais de 750 quilogramos de carga útil | 21,20 € |
De 1.000 a 2.999 quilogramos de carga útil | 33,32 € |
De mais de 2.999 quilogramos de carga útil | 99,96 € |
F) Vehículos: | |
Ciclomotores | 5,30 € |
Motocicletas hasta 125 centímetros cúbicos | 5,30 € |
Motocicletas de máis de 125 hasta 250 centímetros cúbicos | 9,08 € |
Motocicletas de máis de 250 hasta 500 centímetros cúbicos | 18,18 € |
Motocicletas de máis de 500 hasta 1.000 centímetros cúbicos | 36,35 € |
Motocicletas de máis de 1.000 centímetros cúbicos | 72,70 € |
Artigo 3. Normas de xestión.
1.- No caso de primeiras adquisicións de vehículos ou cando estos se reformen de maneira que se altere a súa clasificación a efectos do presente imposto, os suxeitos pasivos presentarán nos lugares que determine a Deputación Provincial da Coruña, no prazo de trinta días a contar desde a data da adquisición ou reforma, declaración-liquidación segundo o modelo aprobado polo mesma Corporación, achegando a documentación acreditativa da súa compra ou modificación, certificado de características técnicas do vehículo e documento nacional de identidade ou código de identificación fiscal do suxeito pasivo.
Simultaneamente á presentación da declaración-liquidación a que se refire o apartado anterior, o suxeito pasivo ingresará o importe da cota do imposto resultante da mesma. Esta autoliquidación terá a consideración de liquidación provisional en tanto que pola oficina xestora non se comprobe que a mesma se efectuou mediante a correcta aplicación das normas reguladoras do imposto.
2.- No caso de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para a circulación, a recadación das correspondentes cotas realizarase mediante o sistema de padrón anual no que figurarán todos os vehículos suxeitos ao imposto que se atopen inscritos no correspondente rexistro público a nome de persoas ou entidades domiciliadas neste concello.
3.- O padrón do imposto expoñerase ao público anualmente, para que os lexítimos interesados poidan examinalo e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas.
A exposición ao público anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá os efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxeitos pasivos.
Artigo 4.- Exencións.
As exencións do Imposto rexiranse polo
establecido no artigo 93 do Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo,
polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Ademáis, a efectos da exención regulada no
artigo 93.1.e do indicado Texto Refundido, considerarase que presentan unha
discapacidade en grao igual ou superior ao 33 por cento as persoas pensionistas
da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade
permanente no grado de total, absoluta ou gran invalidez e as persoas
pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida una pensión de xubilación
ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
Artigo 5.- Bonificacións.
1.- Establécese unha bonificación do 100% para os vehículos históricos ou aqueles que teñan unha antigüidade mínima de 25 anos, contados a partires da data da sua fabricación, ou, si esta non se coñecera, tomando como tal a data da sua primeira matriculación ou, no seu defecto, a data na que o correspondente modelo deixou de fabricarse.
Para poder aplicar esta bonificación, os interesados deberán instar a súa concesión, indicando as características do vehículo, a data de fabricación, matriculación ou, no seu defecto, a data en que o correspondente modelo deixou de fabricarse.
2.- Establécese unha bonificación do 75%, en función da clase de carburante que consuma o vehículo, pola incidencia da combustión do carburante no medio ambiente, para os vehículos con motores exclusivamente eléctricos.
Para poder aplicar esta bonificación, os interesados deberán instar a súa concesión, indicando as características do vehículo que xustifican a aplicación da bonificación.
3.- Establécese unha bonificación do 50%, en función da clase de carburante que consuma o vehículo, pola incidencia da combustión do carburante no medio ambiente, para os vehículos con motores de combustión híbridos e/ou que funcionen con GLP.
Para poder aplicar esta bonificación, os interesados deberán instar a súa concesión, indicando as características do vehículo que xustifican a aplicación da bonificación.
Artigo 6.- Devolución de cuotas.
A devolución das cuotas trimestrales a que teña dereito o suxeito pasivo nos casos de baixa do vehículo deberá ser solicitada por éste, e tramitarase conforme ás normas que rixen a devolución de ingresos indebidos.
Artigo 7.- Normativa aplicable.
No que non estea expresamente previsto na presente ordenanza, rexirán os preceptos contidos na subsección 4.ª da sección 3.ª do capítulo II, título II do Real decreto lexislativoo 2/2004, e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal, que consta de sete artigos e unha disposición final, foi aprobada polo Pleno en sesión celebrada o día 7 de outubro de 2022, entrará en vigor o día 1 de xaneiro do 2023 e se aplicará en tanto non se acorde a súa derrogación ou modificación.