Cambre - RDENANZA FISCAL Nº 8, REGULADORA DA TAXA POLA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS CON MOTIVO DA APERTURA DE ESTABLECEMENTOS

Publicación provisional: 21/11/1998 BOP Nº: 268
Publicación definitiva: 31/12/2005 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 20/06/2012

Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polo artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e, de conformidade co disposto nos artigos 2, 15 a 19 e 57 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola realización de actividades administrativas con motivo da apertura de establecementos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, conforme ao establecido nos artigos 20 a 27 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, así como en aplicación da Lei 17/2009, do 23 novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e ao seu exercicio.

Artigo 2.º.-Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible desta taxa o desenvolvemento da actividade municipal, técnica e administrativa de control e comprobación a efectos de verificar se a actividade realizada ou que se pretende realizar se axusta ao cumprimento dos requisitos establecidos na lexislación sectorial, urbanística e medioambiental que resulte aplicable en cada momento a calquera establecemento industrial, comercial, profesional, de servizos e espectáculo público ou actividade recreativa, así como as súas modificacións, xa sexan da actividade ou do titular da actividade. Todo isto de acordo coas facultades de intervención administrativa conferidas polo artigo 84 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e os artigos 5 e 22.1 do Regulamento de servizos das corporacións locais, aprobado por Decreto do 15 de xuño de 1955, modificado polo Real decreto 2009/2009, do 23 de decembro.

2. Estarán suxeitos a esta taxa todos os supostos establecidos na Ordenanza reguladora do exercicio de actividades e de apertura de establecementos, nos que resulte obrigatoria a solicitude e obtención de licenza ou, no seu caso, a realización da actividade de verificación ou control posterior do cumprimento dos requisitos establecidos na lexislación sectorial cando se trate de actividades non suxeitas a autorización ou control previo e, entre outros, os seguintes:

a) A primeira instalación dun establecemento ou actividade industrial, comercial, profesional ou de servizos.

b) Ampliación de superficie de establecementos con licenza de apertura.

c) Ampliación de actividade en establecementos con licenza de apertura.

d) Ampliación de actividade con ampliación de superficie en establecementos con licenza de apertura.

e) Reforma de establecementos con licenza de apertura, sen cambio de uso.

f) A reapertura de establecemento ou local, por reiniciar a mesma o titular que obtivo licenza no seu día, se a licenza non tivese caducado.

g) Estarán suxeitos á taxa a apertura de pequenos establecementos e as licenzas temporais de apertura para locais que se habiliten con ocasión da celebración de festas.

h) A posta en coñecemento da Administración de calquera modificación dunha actividade que xa realizou a preceptiva declaración responsable ou comunicación previa.

i) Cambio de titular nas actividades nas que xa se realizou a preceptiva declaración responsable, tendo tal consideración a posta en coñecemento da administración de dito cambio por persona distinta, que seguirá exercéndoa sempre que, tanto a propia actividade, como o establecemento onde se desenvolva e as súas instalacións, non tivesen sufrido modificacións respecto á desenvolvida polo anterior responsable e conforme á súa declaración, salvo as que expresamente se impoñan por precepto legal.

3. Para os efectos desta taxa, entenderase por establecemento toda edificación, instalación ou recinto cuberto ou ao aire libre, estea ou non aberto ao público ou como complemento ou accesorio doutro establecemento ou actividade principal, destinado habitual ou temporalmente ao exercicio de actividades económicas por conta propia.

Artigo 3.º.-Suxeitos pasivos.

1. Son suxeitos pasivos a título de contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria e o artigo 23.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, titulares ou responsables da actividade que se pretende desenvolver ou que xa se estea a desenvolver en calquera establecemento industrial, mercantil ou de servizos en xeral, que inicien expediente de solicitude de licenza para a mesma ou, no seu caso, presenten comunicación previa ou declaración responsable.

2. Terán a condición de substitutos do contribuínte as personas físicas ou xurídicas a que se refiere o artigo 23.2 a) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, propietarios dos inmobles en que se pretende desenvolver ou xa se estea a desenvolver a actividade industrial, mercantil ou de servizos en xeral.

Artigo 4.º.-Responsables.

Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.º.-Cota tributaria.

1.-A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a actividade, modulada en función da superficie do local, de acordo coa tarifa que contén o apartado seguinte.

2.1.-As cotas tributarias determinaranse de acordo coa seguinte tarifa:

DESCRICIÓN

TARIFA (€)

1.-Actividades sometidas ao trámite de comunicación previa

250,00

 

 

2.-Actividades sometidas ao trámite de declaración responsable

500,00

 

 

3.-Actividades sometidas a licenza de actividade ou apertura

 

Actividades suxeitas ao procedemento de avaliación de incidencia ambiental e as incluídas no regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas

800,00

Instalación de antenas de telefonía móbil

6.000,00

Outros supostos sometidos a licenza

650,00

 

 

4.-Cambios de titularidade

75,00

2.2.-Ás cotas determinadas non apartado anterior se lles aplicará un coeficiente en función da superficie total do local, de acordo coa seguinte escala:

Ata 50 m2

1,00

De 51 a 100 m2

1,30

De 101 a 200 m2

1,50

De 201 a 500 m2

1,80

De 501 a 1.500 m2

2,00

De 1.501 a 3.000 m2

2,10

De 3.001 a 10.000 m2

2,20

De 10.001 a 20.000 m2

2,30

Máis de 20.001 m2

2,40

3.-Cando nun establecemento se exercesen varias actividades, para os efectos de cómputo de tarifas desta ordenanza, terase en conta a cota por esta taxa máis alta das que correspondan.

4.-En caso de renuncia ou desistimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licenza, no seu caso, ou con anterioridade ao inicio da actividade, nos demais casos, as cotas a liquidar, sempre que a actividade municipal se iniciase efectivamente, serán:

a) do 25 por cento das establecidas se a renuncia ou desistimento se producise no prazo dun mes a partir da solicitude.

b) do 50 por cento se a renuncia ou desistimiento se producise posteriormente a dito mes.

 

Artigo 6.º.-Exencións e bonificacións.

Non se concederá ninguna exención nin bonificación na exacción da taxa.

Artigo 7.º.-Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a correspondente obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada dita actividade:

a) En actividades suxeitas a licenza de apertura, na data de presentación da oportuna solicitude da licenza.

b) En actividades non suxeitas a autorización ou control previo, no momento de presentación da declaración responsable ou comunicación previa de inicio da actividade.

Momentos, no seu caso, no que deberá ingresarse a totalidade do importe da mesma, mediante o modelo de autoliquidación correspondente que facilitará o Concello a tal efecto.

2. Cando a apertura tivese lugar sen ter obtido a oportuna licenza ou ter realizado a declaración responsable ou comunicación previa, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autorizar a apertura do establecemento ou decretar o seu peche, se non fora autorizable dita apertura.

3. En caso de que o acordo municipal de resolución do expediente sexa denegatorio da licenza solicitada, no seu caso, non existirá devengo da taxa e, por tanto, non nacerá a obriga de contribuir, procedendo, por tanto, á devolución da cota ingresada en virtude do establecido no artigo seguinte.

Artigo 8.º.-Xestión.

1. Se despois de formulada a solicitude de licenza de apertura, comunicación ou declaración de inicio e practicada a autoliquidación e o seu ingreso, se variase ou ampliase a actividade a desenvolver no establecemento ou se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións haberán de poñerse en coñecemento da Administración municipal, nos termos establecidos na normativa aplicable, achegando unha nova autoliquidación non seu caso.

2. As autoliquidacións presentadas polo contribuínte, para os efectos desta Ordenanza, están sometidas a comprobación administrativa. Finalizada a actividade municipal e unha vez ditada resolución administrativa, practicarase, no seu caso, a liquidación definitiva que será notificada ao suxeito pasivo debendo ser aboada, en periodo voluntario, nos seguintes prazos:

a) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se éste non fora hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

b) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fora hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Artigo 9.º.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á calificación de infraccións e sancións tributarias, así como nas sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, se estará ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria.»

Transcorrido o prazo de exposición ao público dos acordos de aprobación provisional da modificación íntegra do texto da Ordenanza fiscal núm. 8, reguladora da taxa polo outorgamento de licenzas de apertura de establecementos, non se presentaron reclamacións. Por isto, de conformidade co establecido no artigo 17.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, quedan definitivamente aprobados os devanditos acordos.

As citadas modificacións comezarán a aplicarse a partir do día seguinte ao da súa publicación definitiva no Boletín Oficial da Provincia, e manteranse vixentes ata a súa modificación ou derrogación expresa.