Tordoia - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Publicación provisional: 24/06/1999 BOP Nº: 00
Publicación definitiva: 24/06/1999 BOP Nº: 00
Aplicable dende: 27/03/2013

Artigo 1.º.–Concepto.

De conformidade co previsto no art. 57 e 20.4.o) do texto refundido da Lei de facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, este Concello establece a taxa pola utilización das instalacións deportivas.

Artigo 2.º.–Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible deste tributo:

a) O uso do pavillón polideportivo municipal.

b) O uso do ximnasio municipal.

c) O uso dos campos de fútbol.

Artigo 3.º.–Obriga de contribuír.

A obrigación de contribuír nacerá desde que se acceda á instalación.

Artigo 4.º.–Suxeito pasivo.

Están obrigadas ao pagamento desta taxa as persoas naturais ou xurídicas que solicitaren a utilización das instalacións obxecto de regulamento.

Artigo 5.º.–Cota tributaria.

As tarifas para aplicar serán as seguintes:

5.1. Pavillón polideportivo.

Por cada hora: 10,00 €

Por media hora: 5,00 €

Cando o Concello organice directamente algunha actividade de carácter especial, sexa ou non deportiva, poderá establecer unha cota de entrada.

5.2. Ximnasio.

5.2.1. Entrada xeral:

Entrada individual: 2,00 €

Abono mensual:

Menores de 18 anos: 10,00€/mes

Maiores de 18 anos: 15,00€/mes

Maiores de 65 anos: 10,00 €/mes

Aerobic: 10,00 €/mes

Abono familiar:

Titular: 15,00 €/mes

Cónxuxe: 6,00 €/mes

Cada fillo menor de 18 anos: 3,00 €/mes

5.2.2. Entrada de mañán:

Abono individual de pola mañán de luns a venres:

Adultos: 12,00 €/mes

Maiores de 65 anos: 6,00 €/mes

Abono familiar de pola mañán de luns a venres:

Titular: 12,00 €/mes

Cónxuxe: 5,00 €/mes

5.3. Campos de fútbol.

Por hora:

Sen luz: 30,00 €

Con luz: 40,00 €

Artigo 6.º. Solicitudes de uso.

6.1. Polideportivo.

6.1.1.–As persoas que desexan utilizar as instalacións deberán solicitalo por escrito, con, cando menos, tres días de antelación, perante o Concello. Na solicitude deberase expresar os días e as horas que desexan efectuar a utilización e demais circunstancias que estimaren oportunas.

6.1.2.–As solicitudes debidamente tramitadas serán resoltas polo alcalde-presidente ou pola persoa en que delegue. No momento de comunicar a concesión do uso da instalación, deberá ingresarse nunha conta bancaria de titularidade municipal o importe da taxa correspondente, sen que, en ningún caso, se abrirán as instalacións sen presentar a correspondente autorización e o xustificante de ingreso perante a persoa responsable.

6.1.3.–No caso de persoas abonadas, terán esta consideración aquelas que o soliciten ao Concello en instancia normalizada dirixida ao alcalde, unha instancia que se poderá recoller, ademais de na Casa Consistorial, nas propias instalacións municipais. Acompañando á instancia debidamente cuberta, xuntarase o xustificante de ter feito o ingreso da primeira cota na entidade bancaria correspondente. En ningún caso se admitirán pagamentos en efectivo nas instalacións municipais.

6.2. Ximnasio.

6.2.1.–No caso de persoas abonadas, terán esta consideración aquelas que o soliciten ao Concello en instancia normalizada dirixida ao alcalde, unha instancia que se poderá recoller, ademais de na Casa Consistorial, nas propias instalacións municipais. Acompañando á instancia debidamente cuberta, xuntarase o xustificante de ter feito o ingreso da primeira cota na entidade bancaria correspondente. En ningún caso se admitirán pagamentos en efectivo nas instalacións municipais.

6.2.2.–Para darse de baixa no aboamento ou no curso deberá ser solicitada polos interesados por escrito na propia instalación, a través dos formularios dispoñibles para o devandito trámite, antes do día 25 do mes anterior ao que se produza a baixa.

6.2.3.–A dita baixa será de oficio para aqueles participantes que non paguen dúas mensualidades consecutivas; así mesmo, a entidade xestora poderá dar de baixa como abonado a aqueles que reiteradamente incorran na tardanza do pagamento das cotas que lles sexan aplicábeis.

6.2.4.–Aos menores de 14 anos prohíbeselle o acceso á sala de musculación. Entre 14 e 16 anos só poderán acceder nos horarios nos que estivese presente o monitor/a de sala. Consultar horarios na propia instalación.

6.3.–Campos de fútbol.

6.3.1.–As persoas que desexan utilizar as instalacións deberán solicitalo por escrito, con, cando menos, tres días de antelación, perante o Concello. Na solicitude deberase expresar os días e as horas que desexan efectuar a utilización e demais circunstancias que estimaren oportunas.

6.3.2.–As solicitudes debidamente tramitadas serán resoltas polo alcalde-presidente ou pola persoa en que delegue. No momento de comunicar a concesión do uso da instalación, deberá ingresarse nunha conta bancaria de titularidade municipal o importe da taxa correspondente, sen que, en ningún caso, se abrirán as instalacións sen presentar a correspondente autorización e o xustificante de ingreso perante a persoa responsable.

6.3.3.–No caso de persoas abonadas, terán esta consideración aquelas que o soliciten ao Concello en instancia normalizada dirixida ao alcalde, unha instancia que se poderá recoller, ademais de na Casa Consistorial, nas propias instalacións municipais. Acompañando á instancia debidamente cuberta, xuntarase o xustificante de ter feito o ingreso da primeira cota na entidade bancaria correspondente. En ningún caso se admitirán pagamentos en efectivo nas instalacións municipais.

Artigo 7.º.–Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.

7.1.–De conformidade co disposto no artigo 9 do Real decreto lexislativo 2/2004, non se recoñece ningún beneficio tributario, agás os que foren consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou veñan previstos en normas con rango de lei.

7.2.–Os interesados na obtención de exencións ou bonificacións sobre o importe das tarifas que crean ter dereito de obtelas deberán solicitalo ao concello facendo constar as circunstancias que xustifiquen a súa solicitude.

Disposición final.

A presente ordenanza foi aprobada inicialmente polo Pleno celebrado o día 25 outubro de 2012 e entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e permanecerá vixente ata que se acorde, expresamente, a súa modificación ou derrogación.