Cambre - ORDENANZA FISCAL Nº 7. -REGULADORA DA TAXA POLO OUTORGAMENTO DE LICENCIAS URBANÍSTICAS
Artigo 1º.- Fundamento e natureza
Artículo 2.º .-Hecho imponible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo a que se refire o artigo 194 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural, así como a súa normativa de desenvolvemento, e que teñan que realizarse no término municipal, axústanse ás normas urbanísticas, de edificación e policía previstas na devandita Lei e nas Normas subsidiarias de planeamento.
2. Non estarán suxeitas a esta taxa as obras de mero ornato, conservación e reparación que se realicen no interior das vivendas.
Artigo 3º. - Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria:
a) Solicitantes da respectiva licencia.
b) Executantes das instalacións, construccións e obras cando se procedera sen a preceptiva licencia.
2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte, os constructores e contratistas das obras.
Artigo 4º. - Responsables.
Serán responsables solidarios cos suxeitos pasivos os propietarios ou poseedores, ou, no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construccións, instalacións ou obras.
Artigo 5º. - Cota tributaria.
Artículo 6.º .-Tarifa.
1. A tarifa a que se refiere o artigo anterior estructúrase da seguinte forma:
CONCEPTO | COTA | |
Obras de nova planta, ampliación, reconstrucción ou mellora: | ||
Vivendas unifamiliares | 0,50 % sobre P.E.M. | |
Vivendas plurifamiliares | 3,50 euros/ m2 | |
Naves, locais e outras instalacións: | 200 primeiros m2 | 400,00 euros |
Resto m2 | 0,90 euros/ m2 | |
Parcelacións e segregacións urbanísticas: | 0,05 euros/ m2 | |
Licencias de primeira ocupación: | ||
Vivendas unifamiliares | 120,00 euros | |
Vivendas plurifamiliares | 120,00 euros/ vivenda | |
Naves | locais e outras instalacións: | 200 primeiros m2 |
Resto m2 | 0,30 euros/ m2 | |
Demolición de construccións e movemento de terras: | 1 % do P.E.M. | |
Outras obras non descritas en apartados anteriores: | 1 % do P.E.M. | |
Carteles visibles dende a vía pública: | 15,00 euros/ m2 | |
Cambios de titularidade: | 60,00 euros | |
Resto de solicitudes non contidas noutros apartados: | 200,00 euros |
Aquelas cotas que se establezan en función dos metros cadrados, calcularanse, en todo caso, en función dos construídos.
2. Cando o que realice a obra teña o carácter de asociación inscrita no Rexistro municipal de asociacións veciñais ou, non tratándose de tales asociacións, o orzamento da obra non supere os 1.200,00 euros, a cota pola que se tributará será cero.
No suposto de que se trate de colocación de carteis visibles dende a vía pública con fins comerciais, a cota será a que lle corresponda segundo o apartado un.
3. En caso de renuncia ou desistimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia, as cotas a liquidar, sempre que a actividade municipal se iniciase efectivamente, serán:
a) Do 25 por cento das establecidas se a renuncia ou desistimento se producise no prazo dun mes a partir da solicitude.
b) Do 50 por cento se a renuncia ou desistimento se producise posteriormente a dito mes.
4. En todo caso, os importes sinalados neste artigo non inclúen o custo de inserción na prensa dos anuncios nos casos previstos na lei, debéndose liquidar de maneira separada e estando constituído o seu importe polas tarifas que se establecesen polos medios de difusión elixidos.
Artigo 7º. - Exencións.
Artigo 8º. - Devengo.
1. Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. Para os efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licencia urbanística, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.
2. Cando as obras se iniciasen ou executasen sen ter obtido a oportuna licencia, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para a autorización desas obras ou a súa demolición se non foran autorizables.
3. No caso de que o acordo municipal de resolución do expediente, sexa denegatorio da licencia solicitada, non existirá devengo da taxa e polo tanto non nacerá a obriga de contribuir, procedendo, polo tanto, a devolución da cota ingresada en virtude do establecido no artigo 10 da presente ordenanza fiscal.
Artigo 9º. - Declaración.
1. As persoas interesadas na obtención dunha licencia de obras presentarán, previamente, no rexistro xeral a oportuna solicitude, achegando proxecto visado polo Colexio Oficial respectivo, con especificación detallada da natureza da obra e lugar de emplazamento, na que se fará consta-lo importe estimado da obra, medicións e o destino do edificio.
2. Cando se trate de licencia para aqueles actos en que non sexa esixible a formulación
de proxecto suscrito por técnico competente, á solicitude achegarase un orzamento das obras a realizar, así como unha descripción detallada da superficie afectada, número de departamentos, materiais a emplegar e, en xeral, das características da obra ou acto, os datos da cal permitan comprobar o custo daqueles.
Artigo 10.- Réxime de ingreso.
De acordo coa potestade recoñecida no artigo 27 do Real decreto lexislativo 2/2004, establécese o réxime de autoliquidación da taxa, segundo o modelo establecido polo Concello. Para os efectos, o solicitante presentará xustificante de ter ingresado a cota tributaria ó mesmo tempo que insta o outorgamento da correspondente licencia urbanística.
As autoliquidacións, unha vez comprobadas, darán lugar a liquidación provisional ata que unha vez terminadas as obras, sexa comprobada pola Administración municipal a natureza da obra realizada, as súas unidades ou importe; requirirase para iso dos interesados as correspondentes certificacións de obra e demais elementos que se consideren oportunos, para a determinación do custo real final, obxecto de gravame. Á vista do resultado da comprobación practicarase a liquidación definitiva e en todo caso, conxuntamente coa licencia de 1ª utilización.